Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Integrada en Galiza Nova

A organización xuvenil independentista Isca! escolle a súa nova Mesa Nacional

Nos vindeiros días incorporaranse os sete representantes de zona que se han sumar aos cinco elixidos este sábado en Compostela na III Asemblea Nacional.

Redacción - 18:00 29/03/2010
Ximena González abandona o cargo

Ximena González abandona o cargo

A organización xuvenil independentista Isca! escolleu este sábado en Compostela a Pedro Ortueta, Francisco Cortez-Lobão, Laura Rodríguez, Laura Arjonilla e Breixo Lousada para integrar -xunto con sete representantes de zona que se incorporarán nos vindeiros días- a súa nova Mesa Nacional. Posteriormente, esta designará a persoa que substitúa no cargo a responsábel de organización saínte, Ximena González.

A elección realizouse no transcurso da III Asemblea Nacional deste colectivo integrado en Galiza Nova. Precisamente, unha das teses a debate foi cal debería ser o traballo de Isca! para "volver facer" das mocidades do BNG "unha ferramenta axeitada para a liberación nacional e a construción do socialismo".

Os outros dous puntos analizados foron o modelo organizativo e a actuación de Isca! no eido estudantil "de cara a contribuír ao desenvolvemento dun movemento eficaz que pule por un ensino público e galego desde as coordenadas do nacionalismo e a esquerda transformadora". Ademais, valorouse o período interasemblear anterior, no que houbo "un importante medre organizativo".

'Medrar para construír, construír para liberar'
O acto, que se desenvolveu baixo o lema Medrar para construír, construír para liberar, contou coa presenza de representantes de Galiza Nova, Movemento Galego ao Socialismo (MGS, referente político de Isca!), Comités, A Mesa, SLG, AGAL, MSG, CIG, AMI e Adiante. A mocidade de Encontro Irmandiño desculpou a súa ausencia, mais enviou un saúdo.

Isca! valorou "moi positivamente os debates e a implicación da militancia" na Asemblea, onde se proxectou un vídeo resumo dos últimos catro anos, con diversas mobilizacións en que tomaron parte. Ademais, deuse apoio á Revolución Cubana "que vive máis un ataque propagandístico do imperialismo contra o modelo de sociedade libre e igualitaria que alí se constrúe".


4.33/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: