Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Lazos culturais e sociais entre Galiza e Portugal

O BNG volve pedir no Congreso a recepción das canles de televisión portuguesas a través da TDT

"Reforzaría a normalización da lingua galega" e "ampliaría a oferta informativa", ademais de "abrir unha importante oportunidade de negocio".

Redacción - 14:15 01/04/2010
Olaia Fernández Davila (BNG)

Olaia Fernández Davila (BNG)

A deputada do BNG Olaia Fernández Davila volveu solicitar no Congreso a recepción en Galiza das canles de televisión portuguesas a través da TDT. Recorda a nacionalista que este intercambio "reforzaría a normalización da lingua galega, ampliaría a oferta informativa, reforzaría os lazos culturais e sociais entre Galiza e Portugal, e, tanto para as televisións galegas como para as lusas, abriría unha importante oportunidade de negocio".

Fernández Davila lembra que a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias estabelece que "as partes se comprometen a garantir a liberdade de recepción directa das emisións de radio e televisión dos países veciños nunha lingua usada nunha forma idéntica ou próxima dunha lingua rexional ou minoritaria, e a non se opor á retransmisión de emisións de radio e de televisión de países veciños nesta lingua".

Neste sentido, a deputada do BNG no Congreso sinala que xa hai varios países na Unión Europea que cumpren con esta norma, por exemplo, Finlandia, onde a poboación de fala sueca pode recibir as televisións da veciña Suecia.


4.47/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: