Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En Compostela, o 14 de abril

A Xunta promove a cooperación económica entre Galiza e Israel

A Consellaría de Economía e Industria organiza unha xornada para fomentar o intercambio empresarial e a transferencia de coñecemento.

Redacción - 12:25 03/04/2010
O conselleiro Xavier Guerra

O conselleiro Xavier Guerra

“Facilitar a cooperación, as alianzas empresariais e a transferencia de coñecemento entre Galiza e Israel” é o obxectivo que se propón a Consellaría de Economía e Industria mediante a organización, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dun encontro bilateral que se desenvolverá o próximo día 14 de abril en Compostela, no Hotel Porta do Camiño.

A Xunta informou este sábado do acto, que comezará cunha “presentación xeral sobre Israel, entidades e empresas israelís que destacan polo seu alto nivel tecnolóxico e de innovación”. Na presentación institucional, sinalan, intervirán o presidente da Cámara de Comercio España-Israel, Gil Gidron, e a agregada comercial da Embaixada de Israel no Estado, Ifat Alon.

Durante o encontro desenvolveranse catro paneis simultáneos arredor das seguintes materias: “tecnoloxías limpas, incluíndo enerxías renovables, tecnoloxía da auga e control medioambiental; tecnoloxías da informacións e das comunicacións (TIC); tecnoloxía agrícola; e biotecnoloxía”.

Asesoramento individualizado
Mediante estes paneis sectoriais, apuntan desde o Goberno, “preténdese crear espazos interactivos a través de audiencias especificas con potencial de colaboración e intercambio empresarial”. Con ese fin, o Igape ofrecerá ás empresas interesadas a posibilidade de se entrevistar individualmente cos relatores participantes.


1.91/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: