Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOBILIZACIÓN DE SÍMBOLOS

Un milleiro de bandeiras españolas en Valença para agradecer os servizos sanitarios en Tui

Os veciños protestan así contra a decisión das autoridades portuguesas de suprimir a asistencia médica nocturna.

Redacción - 12:04 06/04/2010
Foto: Correio da Manhã

Foto: Correio da Manhã

A localidade portuguesa de Valença do Minho semella nas últimas horas un municipio do centro do Estado Español en festas. Centos de bandeiras españolas están penduradas en edificios e organismos públicos da vila para protestar contra a supresión da atención médica nocturna. Segundo os promotores da iniciativa, coa simboloxía queren “agradecer” o xesto do alcalde Tui que brindou o Punto de Atención Continuada deste municipio galego para que os veciños da outra beira do Miño poidan acudir polas noites en caso de urxencia.

Valença está sen atención médica entre as 24 horas e as 8 da mañá dende o pasado 28 de marzo. As autoridades portuguesas sinalan que o peche se produciu pola baixa demanda deste servizo. Canda o acto das bandeiras, o colectivo que demanda a volta do servizo nocturno a Valença tamén ten previsto celebrar unha marcha lenta de coches polas rúas.


2.45/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: