Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
iPhone OS 4.0

Apple comeza a interesarse polas linguas minoritarias

A nova versión do sistema operativo para móbiles estará, por primeira vez, en catalán, o que lle podería abrir as portas a unha versión en galego.

Redacción - 11:35 09/04/2010

Este xoves tivo lugar unha das habituais presentacións de novidades de Apple. O seu presidente, Steve Jobs, presentou a nova versión do sistema operativo do iPhone, a 4.0, que estará dispoñíbel este verán. As novidades que traerá consigo aplicaranse, non só aos teléfonos móbiles da empresada mazá, senón tamén ao novo iPad e ao iPod Touch. A nova versión, ademais de permitir que os dispositivos poidan realizar varias tarefas ao mesmo tempo, dá o primeiro paso no recoñecemento das linguas minoritarias por parte de Apple.

Segundo informa Vilaweb, que recolle varias fontes, o sistema operativo móbil da compañía de Jobs incluirá o catalán como lingua oficial. Sería, deste xeito, a primeira vez que Apple traduce un dos seus produtos ao catalán, despois das numerosas peticións de que fixese o propio co seu sistema operativo para computadores, o Mac OS X. E, hipoteticamente, abre a posibilidade de que algún día faga o mesmo co galego.

Vilaweb tamén apunta que a decisión de Apple coincide coa próxima apertura da súa primeira tenda en Cataluña. A nova Apple Store estará no centro de Barcelona.


3.3/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: