Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No Open Vieiros

Por Xosé Humberto Baena e todas as vítimas dos xuízos políticos fascistas

Inician unha recollida de sinaturas para que o goberno español anule os procesos xudiciais do franquismo, como o que levou o vigués de 25 anos á morte en 1975.

Redacción - 12:30 15/04/2010

No Open Vieiros informan do comezo dunha campaña de recollida de sinaturas, coincidindo co 35º cabodano do asasinato de Xosé Humberto Baena, fusilado logo de ser condenado nun xuízo militar canda outros catro compañeiros de resistencia, pouco antes da morte do ditador español Francisco Franco.

A petición é que se estabeleza unha Comisión da Verdade e que se avance a nivel lexislativo -tal como fixo Alemaña en 2005 con os xuízos do nazismo- na anulación dos xuízos inxustos da época do franquismo. No portal Galiza Livre poden ler unha entrevista con Flora, irmá de Xosé Humberto, publicada orixinalmente no número 88 do Novas da Galiza.


4.33/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: