Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Manifestación en Compostela

Centos de voces denuncian a manipulación informativa contra Cuba

A convocatoria da Asociación galego-cubana Francisco Villaamil foi apoiada por diferentes organizacións.

Redacción - 13:31 18/04/2010

Varios centos de persoas participaron este domingo en Compostela na manifestación en solidariedade con Cuba promovida pola Asociación galego-cubana Francisco Villaamil e secundada por numerosas organizacións do país. Baixo o lema "Paremos a farsa 'informativa' contra Cuba", a mobilización partiu ás 12:30 da alameda da cidade.

Durante o percorrido, os participantes corearon frases para denunciar unha nova campaña mediática de condena á illa e defender a revolución cubana. Esa campaña, xurdida a raíz da morte en folga de fame de Orlando Zapata, cala, segundo as organizacións convocantes da mobilización, os innumerábeis casos de gravísimas violacións dos dereitos humanos que cometen os estados europeos e polos EUA.

A manifestación deste domingo pretende lembrar que Cuba foi o primeiro territorio latinoamericano declarado libre de analfabetismo e que conta cuns niveis educativos comparábeis aos dun país desenvolvido, cunha das taxas de mortalidade infantil máis baixas e un sistema de protección á infancia. As carencias materiais da poboación cubana, lembran os organizadores da manifestación, están causadas principalmente polo bloqueo económico estadounidense.

A campaña difamatoria, denuncian, e da que se converten en altofalantes moitos medios de comunicación, ten como finalidade impedir que se restabelezan as relacións diplomáticas normais entre Cuba e a Unión Europea, que se alteraron en 2003 cando se lle impuxeron sancións económicas á illa no continente europeo.


4.04/5 (26 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: