Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Memoria Histórica

iFranco 1.0: fascismo vía iPhone

O 14 de abril, coincidindo co aniversario da proclamación da II República, aparecía unha nova aplicación descargábel para os dispositivos de Apple.

Redacción - 12:00 19/04/2010

O pasado 14 de abril, coincidindo co aniversario da proclamacións da II República, aparecía iFranco, unha aplicación para iPhone, iPod Touch e iPad que se pode adquirir na AppStore na categoría "Estilo de vida" ou "Libros", informa a prensa madrileña.

Por 79 céntimos de euro pódense descargar máis de 20 megas con información sobre o ditador español, discursos en fragmentos de audio e mesmo un mapa para chegar ao Valle de los Caídos. A descrición da aplicación -dispoñíbel para maiores de catro anos- informa: "iFranco. Versión 1.0. iFranco recompila información relacionada cunha etapa e época especial que viviu España".

Unha situación similar aconteceu coa aplicación iMussolini, unha das máis descargadas en Italia e que Apple acabou por retirar. En Facebook creouse un grupo onde os usuarios piden que se prohiba este tipo de aplicacións sobre ditadores, sobre todo para menores de idade.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: