Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LINGUAS SEN ESTADO

Euronews propón emitir en catalán para todo o mundo

A cadea europea de noticias, que emite na actualidade en nove idiomas, propúxolle á Generalitat o proxecto, que tería un custe de cinco millóns de euros.

Redacción - 17:20 20/04/2010

Euronews, a cadea europea de noticias, presentou ao goberno catalán un proxecto para que a súa canle de información de 24 horas poida seguirse en catalán dende calquera parte do mundo. O custe da operación sería de cinco millóns de euros e a distribución desta nova emisión chegaría até 325 millóns de fogares en 153 países.

Na actualidade, Euronews emite en nove idiomas e o representante para o Estado Español de Eronews, David del Valle, subliña que, de levarse adiante, a canle en catalán pasaría a todas as plataformas nas que xa emite, así como nos servizos de televisión para móbiles dos principais operadores. Entende que os cinco millóns de euros que custaría “é un prezo moi baixo en función da cobertura e a influencia que ten esta cadea”.

A canle europea, formada por un consorcio de cadeas públicas, perdeu o pasado novembro a participación de RTVE, que facía unha achega anual de dous millóns de euros. Este abandono, liderado polo presidente Alberto Oliart, levou aos responsábeis de Euronews a buscar diferentes alianzas coas televisións autonómicas. Del Valle asegura que “se esta canle de noticias emitira en catalán sería un golpe de man de Cataluña en Europa”.


Ligazóns

4.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: