Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MALIA O DISCURSO DO TRILINGÜISMO

A Xunta non lles paga aos lectores das escolas de idiomas

A CIG-Ensino denuncia os atrasos nas nóminas, que xa levaron á renuncia a tres dos seis bolseiros estranxeiros da Escola de Idiomas de Vigo.

Redacción - 11:00 21/04/2010

Os lectores das Escolas Oficiais de Idiomas non teñen a súa nómina ao día. Non foi até finais de xaneiro que comezaron a percibir as retribucións que lles correspondían dende o inicio do curso e tiveron que agardar até finais de marzo para cobrar os meses de xaneiro e febreiro. Neste momento, a Consellaría de Educación aínda non está ao corrente de pagos con estes bolseiros estranxeiros.

Durante todo este tempo, os lectores afectados dirixíronse á Xunta para procurar unha solución, mais nada se resolveu. Moitos deles xa tomaron a decisión de non continuar o ano que vén e mesmo algúns xa optaron por renunciar aos seus postos de traballo e non rematar o curso. Así aconteceu na Escola de Idiomas de Vigo, onde xa renunciaron tres dos seis bolseiros.

A CIG-Ensino exixe da Consellaría o “pago inmediato das mensualidades adebedadas” e denuncia “a actitude da Xunta que, en contra do declarado nestes meses no seu afán propagandístico, está actuar con ineficacia e criterios economicistas dentro da súa liña de ataque ao ensino público”. Pide que “no canto de adicar o tempo e o diñeiro á propaganda, rectifique e comece a xestionar debidamente o departamento de Educación”.


Ligazóns

3.4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: