Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PPdeG exixe a renuncia ao escano

A socialista Soneira pide desculpas por pedir, "a falta de pena de morte, o desterro" da conselleira Rosa Quintana

Púxose en contacto con ela e escusouse "se non entendeu ben a ironía ou nalgún punto se sentiu ofendida" nas críticas á súa xestión en Mar.

Redacción - 18:55 21/04/2010
A deputada socialista Marisol Soneira

A deputada socialista Marisol Soneira

A portavoz de Pesca do PSdeG, Marisol Soneira, pediu este martes a dimisión da conselleira do Mar, Rosa Quintana, porque "neste país non existe a pena de morte e non vou pedir que fusilen ninguén", aínda que asegurou que "polo menos procedería a desterrala" xunto co seu equipo "por incapacidade manifesta".

As críticas chegaron ao fío da denuncia realizada pola socialista ao respecto de que o departamento deixou sen gastar 187 millóns de euros do orzamento de 2009 nun momento de crise e de paro, cun nivel total de execución do 41% dos recursos.

Soneira rectificou esta cuarta feira as súa palabras. Nunha nota de prensa, asegurou que "a ninguén se lle pode ocorrer" que pode falar nestes termos "en serio", aínda que se puxo en contacto coa conselleira en persoa para lle pedir desculpas "se non entendeu ben a ironía ou nalgún punto se sentiu ofendida".

O PPdeG elude o fondo das críticas

Pouco antes, o PPdeG pedira a renuncia ao escano da deputada socialista. Tamén nunha nota de prensa, o portavoz dos populares, Manuel Ruiz Rivas, eludiu o fondo das críticas e centrouse na forma, para considerar "inaceptábel" que unha representante da cidadanía faga, en democracia, "tal alarde da súa nostalxia por castigos propios doutros réximes".


4.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: