Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVO PRESIDENTE

Xoán Gato: Do centro nacionalista á Cámara de Comercio de Ferrol

O ex alcalde de Narón e líder de Terra Galega arrasa nas eleccións ao órganos de representación dos empresarios.

Redacción - 11:10 24/04/2010
Xoán Gato

Xoán Gato

A biografía do que dende este venres é novo presidente da Cámara de Comercio de Ferrol é de todo menos previsíbel. Alcalde de Narón durante máis de 23 anos (1985-2009) entrou na política de man da esquerda nacionalista (PSG) en 1977, cando traballaba en Astano. Pasou polo PSG-EG de Camilo Nogueira, formou unha forza política á súa medida (Unidade por Narón) e en 2005 quixo reiventar o chamado “centro nacionalista” creando Terra Galega. No camiño non faltou a polémica e as imputacións xudiciais.

A súa última aposta foi precisamente entrar no Parlamento de Galiza baixo estas siglas. A pesar de obter máis de 15 mil votos pola provincia da Coruña, as eleccións de marzo de 2009 deixaron a Gato sen escano no Hórreo e sen unha alcaldía á que renunciara semanas antes.

Nunha entrevista en Vieiros, o daquela candidato de Terra Galega ao Parlamento aseguraba querer xogar o “último partido” antes de retirarse. Mais ano e medio despois Gato, a piques de cumprir os 64 anos, demostra que o de xubilarse da vida pública non vai con el polo de agora.

Durante os últimos meses peneirou a comarca de Ferrol en busca dos apoios empresariais suficientes para presidir a Cámara de Comercio. A participación triplicouse con respecto a 2006 e a candidatura de Gato, Novo Impulso, logrou unha vitoria esmagadora. A estas alturas xa ninguén se atreve a afirmar que a Cámara de Comercio sexa a última aventura do político ferrolán.


4/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: