Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
EN OPOSICIÓN AO DECRETO DO ENSINO

As organizacións sociais preparan a manifestación do Día das Letras

A Mesa aproveitou a súa asemblea xeral para “engraxar a súa maquinaria organizativa”. A Mocidade pola Lingua convoca un folga no ensino o vindeiro día 12.

Redacción - 11:45 26/04/2010

A tres semanas da celebración do Día das Letras, as organizacións sociais que pulan pola defensa do galego están a preparar xa os actos reivindicativos.

A Mesa Pola Normalización Lingüística aproveitou a celebración esta fin de semana da súa asemblea xeral para “engraxar a maquinaria organizativa” de cara á manifestación do vindeiro 17 de maio. Esta mobilización, que será convocada pola plataforma Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa, será “unha nova resposta ás incívicas políticas contra o galego do Goberno”.

Asemade, nesta xuntanza aprobouse por unanimidade unha resolución “para reclamar o inmediato cesamento ou dimisión dos conselleiros de Cultura e Educación”. Tamén se acordou iniciar unha nova campaña de afiliación: nos últimos meses de 2009 e os primeiros de 2010, déronse de alta máis de 430 novas persoas.

A Mocidade pola Lingua convoca unha folga
Será o próximo mércores 12 de maio. A Mocidade pola Lingua está a preparar unha xornada de folga en todos os centros de ensino secundario do país, que irá acompañada de manifestacións nas principais comarcas durante a mañá do paro. Despois da campaña do 26.945, levarán as súas reivindicacións á rúa: o “monolingüismo social”, como “única vía para a saúde e a conservación do idioma”; “desobediencia firme, consciente e activa contra o decreto do PP”; e o “dereito a recibir a nosa educación na nosa lingua”.


Ligazóns

4,75/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: