Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Sae A micro pechado, voceiro de ERGaC

A asociación de Espacios Radiofónicos Galegos en Catalunya (ERGaC) xa ten o seu medio de expresión escrita. O mes de abril foi o escollido para achegarnos o número 0 de A micro pechado, unha publicación que, aínda que pequena en tamaño, ten moi boas intencións. Ademáis de achegar aos oíntes dos programas os diais e as horas de programación contén unha completísima axenda de todo canto acontecerá ao longo deste mes de abril non só en Barcelona, senón en toda Cataluña.

- 09:05 13/04/2000
Tags:

A idea dos realizadores da publicación, que neste número só ten dúas páxinas, é chegar a todos aqueles que desexen estar ao día do que acontece na nosa comunidade. Non é a primeira vez que pasan por diante de nós actos interesantes ao redor da cultura galega sen que chegue a tempo a información da súa existencia.

A maneira de estar ao día é formar parte do denominado Club de amigos de ERGaC de xeito que cada mes nos chegue A micro pechado á nosa casa. Co tempo, a intención dos creadores da idea é vencellar a todos os galegos e non galegos sexan ou non socios das entidades xa existentes, que queiran ter información ao día da actualidade galega en Cataluña.

Os primeiros puntos de distribución en Barcelona son: Universitat Pompeu Fabra (Xornalismo), Universitat de Barcelona, Galería de Sargadelos, Escola Oficial d´Idiomes, Centre Cívic Drassanes, Centre Cívic Pati Llimona, Centre Cívic Guinardó, Ateneu de Nou Barris, Centro Galego de Barcelona, Restaurante Compostela, Restaurante Rincón de Galicia, Bar Tio Canya, Restaurante Vía Fóra, Pub Clansman e pub El Nus. Ademáis podedes atopar A micro pechado nas festas galegas que xusto agora comezan ou pedilo ao enderezo:
ERGaC Apdo. Correos 501 – 08080 Barcelona.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: