Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Greenpeace desprega un cartaz na Torre de Hércules

Salvade a pesca!

"Os intereses da UE de protexer os océanos e facer funcionar as políticas pesqueiras son nulos", denuncian os ecoloxistas.

Redacción - 13:00 03/05/2010

O Estado español ten fortes intereses económicos na flota de gran altura que está explotando os océanos e, porén, "está deixando morrer aquelas pesqueirías que son máis respectuosas co medio ambiente e co ecosistema mariño". Subliñouno Celia Ojeda, responsábel da campaña de Océanos de Greenpeace, durante a visita do colectivo á Coruña.

Os ambientalistas achegáronse a primeira hora deste luns á Torre de Hércules onde seis activistas despregaron unha pancarta con varios levas: "Salvade a pesca" e "Salvade os nosos océanos". O obxectivo é que os ministros de Pesca europeos se comprometan a acordos concretas a prol do futuro dos océanos e da pesca. A acción coincide coa xuntanza de expertos organizada pola Comisión Europea na cidade herculina e na véspera da xuntanza dos propios ministros en Vigo onde debaterán a reforma da Política Pesqueira Común. "A xestión que até o de agora realizou a UE neste ámbito é nefasta", denuncia Greenpeace. "Até o de agora as anteriores Políticas Pesqueiras Comúns non cumpriron os obxectivos, e as pesqueirías tradicionais teñen unha última oportunidade con esta reforma", advirten.

Poden ampliar na web de Greenpeace sobre a acción na Torre de Hércules.


4.83/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: