Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Campaña 2.0

'Esto sólo lo arreglamos sin las autonomias' (.org)

"O Estado das Autonomías é o problema nuclear da crise, que nos leva á división entre os españois e á desintegración da unidade patria".

Redacción - 12:50 06/05/2010

"Las 'autonosuyas' son el cáncer que puede acabar con España" ou "No quiero autonomías, es un gasto loco, sin control, y encima lo pagamos con nuestro trabajo y nuestro dinero" son algúns dos comentarios dos asinantes do manifesto Esto sólo lo arreglamos sin las autonomías, que se está dando a coñecer desde hai uns días entre os medios de comunicación de todo o Estado.

O texto, exclusivamente en castelán e asinado en abril de 2010, considera que "chegou a hora de afirmar sen titubeos que o Estado das Autonomías é o inmenso error que nos está a conducir á ruína, á división entre os españois e á desintegración da unidade patria".

É por iso que avogan por "unha reforma constitucional que redefina o actual modelo de descentralización política e administrativa, modifique a lei electoral, e asegure a igualdade entre todos os españois".

'Goyo' e 'Loly' xa asinaron
Entre os asinantes hai coñecidos membros da 'intelectualidade' española, importantes cargos de diversas institucións, avogados, maxistrados, xornalistas de Intereconomía ... Por exemplo, os fundadores de Alianza Popular Torcuato Luca de Tena y Puig e José María Velo de Antelo ou o sociólogo e profesor da Universidade Complutense de Madrid Sigfredo Hillers.

Entre os anónimos -esta quinta feira contra o mediodía había adheridos máis de cinco mil- hai de todo un pouco. 'Vicky', 'Goyo', 'María', 'Alma', 'Loly' e 'Marco', entre outros, xa deron o seu apoio á iniciativa.


1.44/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: