Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Consello Nacional do BNG

Máis ca nunca, "en defensa de políticas alternativas, galegas e progresistas"

O Bloque insta a sociedade a "mostrar a súa disconformidade" coas recentes medidas anunciadas polo goberno español, que consideran "lesivas" para Galiza.

Redacción - 09:30 16/05/2010

"O BNG, como organización, tanto no ámbito institucional como na acción social, vai intensificar a súa campaña en defensa de políticas alternativas, galegas e progresistas para unha saída xusta a esta crise". Así o conclúe a proposta de resolución aprobada polo Consello Nacional do BNG esta fin de semana.

Os nacionalistas expoñen neste documento que é imprescindíbel estabelecer a primacía da economía produtiva sobre a especulativa e ao fío propoñen de xeito práctico "ir a unha reforma fiscal verdadeiramente progresista que grave a renda e non o consumo" e esixen garantir "a retirada dos vetos que pesan sobre os sectores produtivos galegos (desde o lácteo até o naval), non reducir o poder adquisitivo das clases traballadoras e reestruturar o sistema financeiro de maneira que se asegure que a liquidez non se destine á especulación financeira, senón a restaurar o fluxo do crédito a particulares e empresas".

En conferencia de prensa á saída do Consello, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, explicou que a súa formación achega esta proposta "perante a alarma que existe na sociedade ante unha situación de crise que nin as propostas de Zapatero nin as supostas alternativas de Rajoy, que, ao cabo, son as mesmas que as de Zapatero, dixo, só aparenta discrepar por cálculo electoral, fan nada por resolver". A maiores, Vázquez censura tamén "os Plans de Choque de Núñez Feijoo", que segundo a análise do BNG "tampouco serviron máis que para incrementar aínda máis o desemprego e para levar á crise a que se enquiste e se eternice, pois privatizar os servizos públicos só sirve para que florezan algúns negocios privados, pero non para protexer os sectores máis castigados pola recesión".


4.5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: