Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO PRIMEIRO TRIMESTRE

Galiza sae da recesión

Ao finalizar marzo, a economía rexistrou un crecemento intertrimestral do 0,2%. Porén, en termos interanuais o Produto Interior Bruto caeu un 1,7%.

Redacción - 13:00 19/05/2010

Galiza volveu rexistrar, á apertura de 2010, un crecemento da súa economía, despois de cinco trimestres de caídas. A economía rexistrou un crecemento intertrimestral do 0,2%, se ben en termos interanuais o Produto Interior Bruto (PIB) caeu un 1,7%.

A variación intertrimestral é superior en 0,4 puntos á do trimestre anterior e está unha décima por enriba da media estatal, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE). En canto á variación interanual, o descenso do 1,7% é inferior en 1,4 puntos á rexistrada no trimestre anterior.

Asemade, os postos de traballo a tempo completo baixaron un 4,4% no primeiro trimestre de 2010 en taxa interanual. Mentres, só os empregos de servizos rexistraron un incremento (+0,4%) e a construción foi o que maior descenso rexistrou (-13,6%), seguido da industria (-7,8%).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: