Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTA FIN DE SEMANA

O independentismo reflexiona sobre as loitas de liberación nacional

Primeira Linha organiza as XIV Xornadas Independentistas Galegas, nas que participarán cinco dirixentes de Escocia, Galiza, Países Cataláns, Córsega e Porto Rico.

Redacción - 13:50 25/05/2010
Cartaz das Xornadas

Cartaz das Xornadas

“Analizar as perspectivas, os desafíos, as ameazas de catro realidades non suficientemente coñecidas en Galiza á hora de enxergarmos as tácticas e estratexias revolucionarias para acadar a liberdade”. Este é o obxectivo que se marcan as XIV Xornadas Independentistas Galegas, que por décimo cuarto ano consecutivo organiza en Compostela Primeira Linha.

Esta edición, que se celebrará nas instalacións do Centro Social Gentalha do Pichel o vindeiro sábado 29 de maio, contará coa presenza de cinco dirixentes das esquerdas independentistas de Escocia, Galiza, Países Cataláns, Córsega e Porto Rico. Enmarcada no lema “As luitas de libertaçom nacional no centro capitalista”, os poñentes serán Johanna Dind (Scottish Socialist Party - SSP ), Alberte Moço (Porta-voz nacional de NÓS-UP), Aquiles Rubio (Endavant-OSAN) Paulu Susini (dirixente de Corsica Libera) e Salvador Tió (da esquerda independentista portorriqueña).


  • Reproducimos aquí o programa desta edición:


Galiza e Países Catalans frente ao assimilacionismo espanhol (11 horas)

-Alberte Moço, Porta-voz nacional de NÓS-UP (Galiza)
-Aquiles Rubio i Villalvilla, Endavant-OSAN (Países Cataláns)

Escócia, Córsega e Porto Rico, três luitas anti-imperialistas (16:30 horas)

-Johanna Dind, Scotish Socialist Party (Escócia)
-Paulu Antone Susini, Corsica Libera (Córsega)
-Salvador Tió, independentista portorriquenho (Porto Rico)

Cinco realidades, um mesmo combate (19:00 horas)

-Johanna Dind
-Alberte Moço
-Aquilles Rubio i Villalvilla
-Paulo Antone Susini
-Salvador Tió


4.6/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: