Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CRISE: CAUSAS, SOLUCIÓNS E FUTURO

Charo Lopes: 'A crise non precisa solución: debe rebentar por algún lado'

 "A paz social agocha un problema estrutural de fondo. O fundamental é que se visibilice o problema e construír algo novo dence cero"

Redacción - 11:00 26/05/2010

CHARO LÓPES é portavoz nacional de Causa Galiza e membro activo do foro soberanista dende a súa constitución en xuño de 2007.

a) Por que temos a actual situación de crise?
Esta xa non é unha crise de sistema, senón que é o propio sistema o que está en crise: o sistema é o erro, é unha cuestión estrutural.

b) Cales poden ser as solucións?
As solucións pasan pola mudanza do sistema, mais é preciso primeiro a busca da autodeterminación. Sen unha soberanía política non hai competencias económicas e Galiza precisa dun marco propio galego que parta da súa realidade nacional, con independencia de Madrid. É preciso, pois, superar este marco legal e contar con políticas fiscais propias e xestionar os nosos recursos. Nesta liña, tamén é imprescindíbel a loita da clase traballadora, unha resposta social sostida, que aproveite o sindicalismo propio co que contamos. E, finalmente, é necesaria a concienciación dos diferentes actores sociais (asalariados, parados, mulleres, persoas que se atopan fóra do mercado...).

c) Cal cre que será o futuro?
Eu creo que imos vencer. Espero que neste marco o capitalismo non se volva a re-situar, porque é insostíbel, e agardo que, por algún lado, o sistema remate rebentando. A crise non precisa de solución, non quero que se solucione o conflito, porque a paz social agocha un problema estrutural de fondo. O fundamental é que se visibilice o problema e construír algo novo dence cero.


3.83/5 (41 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: