Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONFERENCIA EN COMPOSTELA

Beiras chama a cidadanía a 'tomar as rendas'

O catedrático de Economía e líder do Encontro Irmandiño considerou que “os chantaxistas sempre piden adiantos electorais”.

Redacción - 17:48 28/05/2010

“É necesario que a cidadanía activa se mobilice sistematicamente, porque a crise non é só económica, senón tamén social, e das estruturas democráticas”. Así se pronunciaba Xosé Manuel Beiras, nunha conferencia en Compostela.

O catedrático de Economía e líder do Encontro irmandiño tamén cualificou de “chantaxistas” a aqueles que piden un adianto electoral: “primeiro impoñen aos gobernos, cando non son os deles, que deixen de facer o que lles corresponde e impóñenlle os seus criterios a través dos poderes económicos”, apuntou, “e unha vez que o goberno perde crédito entre a súa base electoral, os mesmos provocadores din que hai que adiantar as eleccións”.

O que habería que facer, nas palabras de Beiras, non é adiantar as eleccións, “senón botar a eses chantaxistas, corruptos e responsábeis de crimes contra a Humanidade”, dixo argumentando que “un crime contra a Humanidade é tamén a débeda externa”.

Neste contexto, asegurou que “xa está ben de que nos manipulen ou de que nos deixemos manipular” polo que cualificou como “unha nova forma de fascismo”. Beiras defendeu así a necesidade de que “a cidadanía activa se mobilice sistematicamente” e “tome as rendas” cando un goberno de esquerdas, entre comiñas, fai políticas de dereitas, é dicir, o contrario de aquilo para o que o votaron”.


4.87/5 (45 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: