Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REFORMA LABORAL

45, 33, 20, a conta atrás para abaratar o despedimento

As liñas mestras do plan de Rodríguez Zapatero pasa por aforrarlle custe ao empresariado na rescisión de contratos.

Redacción - 11:50 04/06/2010

O goberno español anunciou que, habendo ou non acordo, antes de mediados de mes vai estar aprobada a reforma laboral. Non se sabe se como globo sonda ou como plan firme, Radio Nacional de España adiantou este xoves algunhas das liñas mestras que o executivo de Rodríguez Zapatero xa ten deseñado. A principal sería a xeralización da indemnización de 33 días por ano traballado ou chamado contrato de fomento do emprego. Os empresarios poderían contratar baixo esta modalidade a todas as persoas que leven tres meses no paro.

Un importante punto de fricción cos representantes dos traballadores é a posíbel decisión do goberno de ampliar os motivos obxectivos dun despedimento procedente (que conleva unha indemnización de 20 días por ano traballado). As empresas que sufran unha mala situación económica, aínda que sexa temporal, poderían ser as principais beneficiadas.

No que respecta ás medidas para reducir o alto paro xuvenil, o enfrontamento entre patróns e sindicatos tamén se acentúa. Segundo diarios de información como Cincodías, a CEOE propón estender o contrato de formación até os 29 anos (na actualidade é até os 21). Se isto se cumprise, unha empresa podería pagar ata esta idade o 85% do salario mínimo (538 euros). O executivo de Rodríguez Zapatero estaría disposto a abrir esta modalidade de contrato até os 26 anos, aínda que incluiría como contraprestación a cotización á seguridade social e o dereito ao paro.


2.14/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: