Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Iniciativa común a prol do galego

Achegar, partillar, activar: nace Iniciativa GalegoLab

Preséntase esta cuarta feira en Compostela un novo proxecto que pretende ser unha ferramenta permanente de difusión da nosa lingua.

Redacción - 17:45 07/06/2010
A Navalla Suíza deseñou a web

A Navalla Suíza deseñou a web

"Sumar esforzos e vontades, coñecementos e contactos, habilidades e afeccións en defensa do galego, especialmente centradas nas culturas emerxentes e nos sectores máis novos da sociedade". Este é o obxectivo de Iniciativa GalegoLab, unha nova iniciativa a prol da nosa lingua que será presentada esta cuarta feira, ás 12.00 horas, no Hotel Virxe da Cerca de Compostela.

Constituída baixo a forma xurídica de asociación cultural, é unha proxecto -afirman- "que non compite coas xa existentes en defensa do galego, senón que as complementa (e mesmo lle ofrece os seus servizos), e pretende configurarse como unha ferramenta permanente de difusión do idioma".

Entre outras accións en distintas fases organizativas, Iniciativa GalegoLab desenvolveu unha plataforma de internet, a xeito de rede social ou instrumento de crowdsourcing, co fin de pór en contacto as persoas e coordinar as achegas de medios de todo tipo para levar adiante accións positivas.

Socios fundadores

Ao acto asistirá boa parte dos socios fundadores, que a día de hoxe son Carlos Ares, Belén Regueira, Xurxo Souto, Marcelino Fernández Mallo, María Yáñez, Ana Luísa Bouza, Xosé Manuel Pereiro, Xoán Antón Pérez Lema, Antón Reixa, Iago Martínez Durán, Darío Janeiro, Teresa Táboas, Xosé Bocixa, Paco Lodeiro, Antón Patiño, Sechu Sende, Antón Losada, Alfonso Pato, Isabel Romero.

Tamén, Manolo Antelo, Francisco Fernández Naval, Antón Lezcano, Suso Iglesias, Menchu Lamas, Rafael Cuiña, Cani Martínez Paz, Santiago Torres, Henrique Monteagudo, Xosé Estévez, Santiago Jaureguizar, Afonso S. Regueiro, Jerónimo Pérez, Aser Álvarez, Antón Xosé Díaz, Xosé Manuel Otero, David Peón, Mónica Ares, Lois Rodríguez (editor de Vieiros), Isabel Risco, Manuel Martínez Barreiro, Rubén Ferreiro e Xabier Puente Docampo.


4,67/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: