Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTE SÁBADO NA CORUÑA

Espidos ante o tráfico

Por cuarto ano consecutivo, unha marcha ciclonudista reclamará unhas cidades máis transitábeis para peóns e ciclistas.

Redacción - 10:41 09/06/2010

Espidos ante o tráfico e as cidades nun paseo pola tolerancia e a integridade. Así se manifestarán nunha “bicifesta” esta fin de semana os membros da Marcha Ciclonudista, que por cuarto ano consecutivo sairán ás rúas da Coruña para chamar a atención sobre o uso da bicicleta e exixindo máis respecto para os que se desprazan neste medio de transporte.

A cita anual, e na que participan cidades de todo o mundo, será este sábado. O percorrido partirá da Praza de María Pita e discorrerá polas rúas da cidade “sen un itinerario fixo”, procurando “a máxima comodidade para o corpo” asumindo un “percorrido axustado segundo o sol ou a sombra, conforme as condicións do día”. Na metade do camiño, os ciclistas que así o desexen quitarán as súas roupas para facer máis visíbel a súa protesta.

Dende o Foro de Masas Críticas Galegas chaman á cidadanía a participar, logo do éxito de edicións anteriores, onde se sumaron máis de 30 ciclistas. “O coche e esa posición de poder que proporciona, faise intolerante e abusivo”, explican, “propoñemos un modelo de cidade onde as persoas recuperen o seu espazo, onde se reduzan as necesidades de desprazamento e onde se aposte polo peón e polos medios de transporte menos contaminantes e máis eficaces”.


4.1/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: