Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Indicadores viarios

Fomento corrixirá os sinais deturpados e felicita A Mesa polo seu labor

Xosé Blanco valora o seu "traballo de promoción e divulgación do galego". A asociación agradece a resposta e solicítalle "prazos concretos".

Redacción - 17:30 09/06/2010
Un dos exemplos citados pola Mesa

Un dos exemplos citados pola Mesa

O ministro de Fomento respondeu á solicitude da Mesa pola Normalización Lingüística para que corrixise 115 indicadores viarios que exclúen o galego, dándolles instrucións á concesionaria Autoestradas do Atlántico e ás unidades provinciais de estradas para que emenden a toponimia.

Ademais, Xosé Blanco comprometeuse a que, no seu ámbito competencial, se dea cumprimento paulatino á norma legal que estabelece que as sinalizacións non deberían excluír a nosa lingua. Na carta que o ministro lle enviou á Mesa matiza que esta mudanza será de acordo coa "programación económica vixente e a dispoñibilidade orzamentaria".

A asociación, que o ministro eloxiou (ver extracto á dereita) polo seu "traballo de promoción e divulgación do galego", solicítalle a José Blanco que estabeleza "prazos concretos e realistas" e agradeceu as palabras de louvanza.

Neste senso, lembra que tanto no referido á toponimia como á presenza do idioma de Galiza nas sinalizacións públicas "estamos a falar de que se cumpra con lexislación que data dos inicios da autonomía, polo que se fai máis patente que se trata dunha irregularidade grave"

Listaxe de indicadores

Carlos Callón, presidente da Mesa, afirmou ao respecto que "estamos ante unha situación de abandono e desleixo que non é de recibo, polo que urxe darlle solución". Por iso, A Mesa halle achegar ao ministro unha listaxe de indicadores que exclúen o galego na autovía A-6, na autoestrada A-9, na N-VI e na N-634.

Con todo, aclaran que "a relación que presentamos só é unha pequena parte da exclusión do galego nas sinalizacións das estradas". Por exemplo, en indicadores como Por su seguridad, control de velocidad ou Arroyo, e noutros como San Mamed, La Porteliña e La Coruña, que son os que Fomento vai corrixir de forma inmediata.


4.69/5 (13 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: