Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MÁIS REFORMAS?

Despois da reforma do mercado laboral, agora xubilación aos 67 anos

Os sindicatos dan por feito que o goberno español vai pór en marcha a reforma das pensións este mesmo verán.

Redacción - 10:36 15/06/2010

Os sindicatos españois queren que a folga xeral teña lugar o vindeiro 29 de setembro. Ademais de razóns organizativas e de deixar distancia cunha folga de funcionarios que tivo un seguimento baixo, en UXT e CC.OO dan por feito que o executivo de Rodríguez Zapatero vai poñer enriba da mesa en xullo unha reforma do sistema de pensións.

Logo de meter tesoura no gasto público, tocou o abaratamento das indeminizacións por despedimento e agora nos plans do goberno español é ineludíbel aumentar a idade de xubilación. Os sindicatos teñen constancia de que o executivo xa traballa na reforma que ampliaría a 67 anos a idade mínima para o retiro e a 20 anos a cotización mínima para ter dereito a unha pensión contributiva (na actualidade son 15 anos).

De confirmarse esta teoría, o executivo socialista seguiría ao pé da letra as receitas máis conservadoras que recomendan aínda maiores recortes do gasto público até, cando menos, o 2013.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: