Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En base ao seu PIB

Portugal é o noveno país máis pobre da UE por detrás de Chipre ou Grecia

Durante todo o 2009, e por terceiro ano consecutivo, rexistrou un poder de compra por habitante inferior á media dos 27, segundo datos do Eurostat.

Redacción - 13:00 26/06/2010
O PIB é un 78% da media dos 27

O PIB é un 78% da media dos 27

Segundo datos do Eurostat publicados a principios desta semana, durante todo o 2009, e por terceiro ano consecutivo, Portugal rexistrou un poder de compra por habitante (criterio utilizado internacionalmente, equivalente ao PIB) inferior á media dos 27 estados membros da UE, concretamente o 78%, que o sitúa noveno pola cola.

As cifras colocan o noso país veciño ao mesmo nivel que Malta e detrás doutros como Chipre, Grecia, Eslovenia ou a República Checa. Nun ano marcado polos efectos da crise, a maioría dos países analizados pola axencia europea perdeu poder de compra. Só británicos, austríacos, malteses e suízos rexistraron melloras.

Luxemburgo, malia padecer tamén os efectos desta crise, é o estado coa maior renda per capita da UE, cunha riqueza do 268% respecto á media europea. En segundo lugar sitúase Irlanda, cun 131%, e despois os Países Baixos, co 130%.

O poder de compra español (estado menos afectado pola crise na caída de actividade, aínda que co maior aumento de paro de toda a Unión) sitúase na media europea, por diante do italiano. Na cola, entre os países máis pobres en base ao seu poder de compra, están Bulgaria, con apenas o 41% da media europea, e Romanía, co 45%.


1.57/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: