Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Segundo informa 'El País'

A RAG podería estar a preparar un recurso contra o decreto de Feijoo

O Consello da Cultura constata a "imposibilidade" de recuperar a "curto prazo" o consenso lingüístico. A Mesa valora a sentenza sobre o Estatut.

Redacción - 11:25 30/06/2010

Segundo informa o diario El País na súa edición desta cuarta feira, a Real Academia Galega tratou no plenario do pasado sábado a posibilidade de recorrer o decreto do plurilingüismo, o coñecido popularmente como 'decretazo'.


Con todo, o xornal recolle as palabras do secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, que apraza calquera decisión ao informe xurídico encargado pola institución a técnicos independentes. En caso de que así o consideren, a Academia podería convocar un plenario extraordinario a finais de xullo.

Actualmente, o 'decretazo' xa conta cos recursos xudiciais da Mesa, da CIG e -por razóns opostas- de Galicia Bilingüe.

Seminario do CCG

Por outra banda, o Consello da Cultura Galega constatou este martes a "imposibilidade" de recuperar a "curto prazo" o consenso en materia lingüística e as "dificultades" que atravesa a lingua galega logo das decisións da Xunta en materia educativa.


Estas conclusións son algunhas ás que chegaron os participantes do Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia, organizado polo CCG. No documento de conclusións recóllese a necesidade de revisar "os vellos discursos" e impulsar "accións positivas" dirixidas aos sectores sociais máis dinámicos.

A Mesa valora a sentenza sobre o Estatut

E ao fío da sentenza do Constitucional sobre o Estatut, a Mesa emitiu un comunicado onde valora que o tribunal "garante a constitucionalidade dos proxectos educativos no idioma propio e un maior recoñecemento xurídico".


Porén, a Mesa rexeita os recortes do TC, mais valora que se consolide xuridicamente "unha política de defensa do idioma propio, que está nos antípodas de Núñez Feijoo".


4.37/5 (19 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: