Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O desemprego baixa por terceiro mes consecutivo

Somos 219.825 parados

O paro descendeu un 3,8%, o que sitúa o número total de persoas sen traballo en 219.825. Ademais, subiu o número de afiliados á Seguridade Social. 

Redacción - 10:23 02/07/2010

O efecto da chegada do verán xa se deixa notar nas cifras do desemprego que, por terceiro mes consecutivo, amosan un lixeiro descenso ao abeiro das contratacións estivais. Segundo os datos ofrecidos este venres polos Servizos Públicos de Emprego, o número de traballadores que, a finais do mes de xuño, non teñen traballo en Galiza ascende até os 219.825.

O desemprego baixou neste último mes un 3,8%, é dicir, rexistrou 8.682 parados menos que no último mes de maio. Con todo, se a comparación a facemos coas cifras rexistradas hai un ano, hoxe temos un 9,78% máis de paro, é dicir, 19.585 desempregados máis.

A nivel estatal, o desemprego tamén baixou en xuño e tamén o fixo por terceiro mes consecutivo. Rexistrou 83.834 parados menos que no último mes, co que a cifra total de desempregados no Estado Español ascende a 3.982.368 parados (-2,06%). Con respecto ao ano anterior, o incremento foi do 11,71%.

Afiliación á Seguridade Social
Doutra banda, o número medio de afiliados á Seguridade Social tamén se incrementou no pasado mes en Galiza. En concreto fíxoo en 3.865 novas filiacións, o que supón unha variación media mensual do 0,38%, segundo os datos da Tesourería Xeral da Seguridade Social. Atendendo a esta estatística, en xuño Galiza contou con 1.016.537 afiliados á Seguridade Social, 17.529 menos que en 2009, o que supón un descenso interanual do 1,7%.

Por actividades: o Xeral conta con 744.374 traballadores; o de Autónomos con 223.590; o do Mar con 23.672; o do Fogar con 20.457; o Agrario con 4.431; e o da Minaría e Carbón con 13. Este foi o quinto mes consecutivo no que se experimentou un incremento na afiliación.

Podes ler en Vieiros a información dos últimos meses:


2.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: