Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRIMEIRO PARQUE NATURAL

O Monte Aloia está de aniversario

O Parque natural de Tui cumpre 75 anos dende a súa declaración como espazo protexido. Xa se pode visitar unha mostra fotográfica sobre a súa historia.

Redacción - 13:00 10/07/2010

En 1978, o Monte Aloia de Tui converteuse en Parque Natural, o primeiro declarado oficialmente baixo esta denominación. Foi o obxectivo cumprido de moitas persoas que traballaron no mantemento dos valores ambientais e paisaxísticos deste espazo, unha superficie de case 750 hectáreas , dende a que se pode ver unha panorámica ben especial, dende a desembocadura do Miño até as cidades de Tui ou Valença.

De entre estas persoas, destacou o labor do enxeñeiro Rafael Areses Vidal, quen promoveu a súa reforestación, e que foi lembrado este sábado nun acto co que se celebrou a efeméride. Asemade, dende esta fin de semana pode visitarse no centro de interpretación do propio Parque Natural a mostra “Monte Aloia. 75 anos de protección”, unha compilación de fotografías que recollen a historia deste cumio situado na Serra do Galiñeiro.


4.33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: