Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SUPÉRANSE TODAS AS PREVISIÓNS

Masiva resposta de Cataluña á sentencia do Estatut

Máis dun millón de persoas con bandeiras catalás colapsaron o centro de Barcelona na manifestación de protesta pola sentenza do Tribunal Constitucional.

Redacción - 20:00 10/07/2010

“Esta manifestación marcará un antes e un despois da historia de Cataluña”. Así valoraron a marcha en rexeitamento á sentenza do Tribunal Constitucional sobre o Estatut catalán políticos como o propio presidente, Jose Montilla (PSC), ou Artur Mas (CIU). Detrás dunha senyera de 250 metros cadrados levada por cidadáns anónimos, Montilla encabezou a protesta, xunto co presidente do Parlament, Ernest Benach, e os ex presidentes Jordi Pujol, Pasqual Maragall, Joan Rigol e Heribert Barrera.

A seguir, situouse a pancarta co lema da protesta, “Som una nació. Nosaltres decidim”, levada polos líderes dos partidos políticos como Artur Mas (CIU), Manuela de Madre (PSC), Joan Puigcercós (ERC) e Joan Herrera (ICV), ademais de consellers del Gobern e alcaldes. A continuación, milleiros de persoas con bandeiras catalás percorreron as rúas de Barcelona nunha masiva protesta que xa foi comparada por moitos políticos coa que Cataluña viviu na Transición en 1977, onde se gritaba “Amnistía, Estatuto e Autonomía”.

Desta volta, entre os lemas máis repetidos puidéronse escoitar berros de “independència, independència!”, “No volem la sentència, volem la independència” ou “Adéu Espanya”. A marcha discorreu moi lentamente e mesmo chegou a sair con atraso por mor do elevado número de persoas que se congregaron nas diferentes rúas polas que estaba previsto o paso da marcha. Baixou polo Paseo de Gracia para acabar o seu percorrido na Praza de Tetuán, onde se cantou o “Els Segadors”, o himno nacional catalán.

Segundo os datos ofrecidos pola Garda Urbana, o número de manifestantes ascendeu a un millón cen mil persoas. Mentres, Òmnium Cultural, a entidade organizadora, estimou a participación nun millón e medio.

Máis información nos xornais cataláns:


Ligazóns

5/5 (30 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: