Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Estatutos "de primeira" e "de segunda"

Pachi Vázquez acusa a Feijoo de "alta traizón a Galiza" no tema estatutario

O líder do PSdeG reclámalle ao PPdeG "menos soflamas publicitarias" e "máis compromiso real" con Galiza.

Redacción - 10:45 18/07/2010

"Dáme pena ver que perto do 25 de xullo, o Goberno galego, o PP, non quere apostar por reformar un Estatuto que quere mais dereitos e mais compromiso para todos os galegos", avaliou o secretario xeral do PSdeG, Manuel 'Pachi' Vázquez, este sábado en Madrid. Na opinión de Pachi Vázquez hai trinta anos "as tres comunidades históricas íamos no pelotón de cabeza das competencias e o autogoberno, pero hoxe estamos no pelotón de cola pola desidia e o ataque de Feijoo e o PP aos deberes estatutarios de Galiza". En opinión do líder dos socialistas galegos, a negativa de Núñez Feijoo a facilitar a reforma estatutaria só pode cualificarse de "alta traizón a Galiza".

Na súa intervención no Comité Federal do PSOE, en Madrid, tamén insistiu Vázquez en que o PP "nunca creu no modelo autonómico, tan só o usa". "Temos que ser nós os que equiparemos en dereitos e deberes aos cidadáns en toda España", afirmou en referencia ao PSOE. Lembrou ao fío que "en 10 das 17 comunidades autónomas, 10 seguen tendo estatutos de primeira xeración, como Galiza". "Non pode haber estatutos de primeira e segunda xeración, porque iso supón que haxa cidadáns de primeira e segunda", advertiu.

Por outro lado, Pachi Vázquez contrapuxo o "compromiso do goberno de Zapatero coas políticas sociais" fronte á "política de recortes anunciada por Feijoo e apoiada coa axuda inestimábel do Partido Popular". Denunciou o secretario xeral do PSdeG que en Galiza asistimos ao desmantelamento da sanidade publica e tamén do ensino. Ao tempo, opinou que "mentres o goberno de Zapatero impulsa a economía con novas medidas, en Galiza hai unha ausencia total de iniciativas a prol do emprego e da reactivación económica". "O PP desmantela as políticas sociais e non ten receitas económicas, porque para a dereita á economía é o ladrillo", expuxo Vázquez.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: