Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRESENTOUSE ESTE MARTES EN VIGO

Militantes do sindicalismo nacionalista crean unha nova organización política

A Fronte Obreira Galega, que aspira a converterse nunha nova corrente dentro do BNG, reivindica un maior protagonismo da clase traballadora.

Redacción - 13:30 20/07/2010

Unha nova plataforma política vén de presentarse oficialmente este martes en Vigo. A Fronte Obreira Galega, impulsada por militantes do sindicalismo nacionalista, nace como organización de traballadores dispostos a contar cunha ferramenta política que defenda os “intereses de clase, o asemblearismo e un xeito de facer política exento de sectarismos”.

Segundo Francisco Xabier González Sío, un dos fundadores da Fronte Obreira Galega, moitos dos militantes desta nova organización son á súa vez militantes do BNG (aínda que se permitirá a afiliación de xente non vinculada co Bloque). Por iso, unha das arelas é constituírse nun referente da esquerda dentro do BNG e para iso van aproveitar a manifestación do vindeiro Día da Patria para visbilizar as novas siglas políticas.

Dende a Fronte Obreira Galega recoñecen que a inmensa maioría dos militantes fundadores proceden da comarca de Vigo, aínda que nos vindeiros meses intentarán darlle forma á organización noutras comarcas do país. Na presentación estiveron presentes, ademais de González Sío, outros cadros do sindicalismo nacionalista de Vigo como é o caso de Xabier Prieto Conde, Xosé Carlos de la Torre ou Amelia Vila.


2.42/5 (26 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: