Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Alegría para todo un país

A noite do venres fixo historia no fútbol galego. O Deportivo gañoulle o partido ao Espanyol e tamén o campionato. Os goles marcáronos o veterano Donato no minuto 3 logo dun pase de Víctor e despois Makaay no 38. O Deportivo será o primeiro campión galego da Liga. E o Celta empatoulle ao Barça no Camp Nou gracias aos goles de Tomás no minuto 30 e de Turdó no 40 (1-2, tralo penalti convertido por Kluivert no minuto 50 e 2-2 no 61 tamén marcado polo holandés). O Zaragoza, ademais, perdeu (2-1) en Valencia. Vieiros, ofrece un especial informativo sobre o Deportivo, coas estatísticas de toda a liga, os goles, a historia do clube... Todo un campionato histórico. E as felicitacións de Pío Cabanillas, Francisco Vázquez, Meilán Gil, Manuel Rivas, Suso de Toro, Mercedes Peón, Xurxo Souto, Pepe Doré, Susana Seivane, Miguelanxo Prado, Andrés Díaz, Luís Suárez e moitos outros.

- 08:18 19/05/2000
Tags:

.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: