Vieiros

Vieiros de meu Perfil


AVE, ZETA, MORITURI TE SALUTANT

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de AVE, ZETA, MORITURI TE SALUTANT

AVE, ZETA, MORITURI TE SALUTANT

Cando  un pobo colabora e  aplaude ao seu verdugo o patíbulo non é un castigo senón unha recompensa. ASTANO é o que é,  por carecer de autenticidade e someterse voluntariamente ás determinacións de axentes  externos tanto socialmente como política e sindicalmente.

Enviada por ontoria1 ontoria1 o 30/05/2010 12:37

Erroneamente a paternidade da coñecida frase foille adxudicada aos gladiadores romanos cando realmente a súa autoría correspondía aos condenados á morte que participaban nas naumaquias en honra do emperador Claudio, pois ben, cando xa criamos superada esa época de Tiberio, resulta que coa batalla naval por ASTANO a frase recobra vixencia en razón ás insidias do Cesar Zapatero.

Este emperador trasnoitado nado en Pucela Augusta e dominador da Hispania, semella que para seu divertimiento determinou recrear o gran circo romano no recinto de estaleiro fenés e manter sesión continua dun espectáculo de morbo inacabado, e mentres alza a súa man e en sinal de aprobación ao VETO concertado coa UE, usa satisfeito o seu pulgar cara arriba.

A este laureado experto no engano e a mentira élle indiferente o futuro do estaleiro, pois os seus actos son guiados por unha soa meta, que non é outra que manterse instalado no poder e o demais tráelle áo pairo. Por iso, para que as cousas cambien ou non, dependerá da decisión inequívoca de pór límite aos excesos absolutistas e extravagancias deste emperador trastornado e intranscendente e a destitución da súa garda sindical - pretoriana.


O que ocorre neste gran circo romano de ASTANO, é que son moitos os leóns e poucos os cristiáns, e mentres esta correlación mantéñase, aínda que a frase non sexa de pertenza Ave, Zeta, morituri te salutant


2.4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: