Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A Xunta firma a sentenza de morte para O Courel

Esta decisión do Goberno galego vai en contra da orde xudicial de peche das canteiras dictada en 2002.

¿É así como imos promover o Desenvolvemento Sustentable na nosa terra?

Enviada por Erasmo Erasmo o 23/06/2007 12:44 ás 1232 visitas

Despois de meses denunciando esta situación, precisamente a Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel foi constituida polos vecinos de Folgoso para reclamar á Xunta a declaración "urxente" da comarca como Parque Natural, máis parece que a Xunta fai precisamente ó contrario do que demanda a cidadanía de galicia. O obxectivo é liberar o territorio con maior biodiversidad de Galicia de "todo tipo de impactos e concesións como canteiras, parques eólicos, centrales hidroeléctricas ou vertedeiros de lixo"; pois basta que se diga para que se faga o contrario: O Consello da Xunta fai boa a Canteira ilegal da Campa e
á vez, na mesma tacada, o Parque Eólico Serra de Oribio situado nos concellos de Samos e Triacastela (Lugo), promovido por Fergo Galicia Vento, S.L.


E como todo é a mesma maraña de intereses comerciais podedes comprobar o lío que están montando pouco a pouco estas empresas que ó unico interese que teñen é roubarnos a terra e deixarnos sen patrimonio natural para os nosos fillos: O parque eólico e promovido por Fergo Galicia Vento, S.L. cos dereitos mineiros afectados: permiso de investigación nº 5675 San Gil, do que é titular a Sociedade Pizarras Vega, S.L., permiso de Investigación nº 5817 Oribio, do que é titular Abel Celeiro Fontal, e solicitude de concesión de explotación nº 5667 ampliación a Vetusta, do que é titular Pizarras del Oribio, S.L.


O BEN QUE SE LEVAN AGORA O VENTO E AS PEDRAS MISTURADOS CO PRESIDENTE DA XUNTA...!!!



URXE dar resposta a esta desfeita medioambiental dende a cidadanía galega...!

¿Onde están a UNIDADE DE ACCIÓN que pode LIBERAR GALICIA da especulación sen escrúpulos?

  Aqui  podedes descargar un formulario para recoller firmas ANTES DO 21 DE XULLO 2007


COMPRE MARCHAR POLO COUREL – ANCARES o día 25 de xullo e facer dese día un día de verdadeira liberación da Terra Galega… Os políticos deronnos as costas... pois que fiquen sós no Obradoiro!!!

Nas cumes do Courel podes respirar aínda un alba de gloria para Galicia!!! 


4,9/5 (20 votos)


Comentarios (5)

Erasmo #1 24/Xuño/2007 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

RECOMÉNDOVOS LER ESTE ARTIGO DE X.M.BEIRAS:

A DESTRUCCIÓN DO TEMPLO...!

http://www.galicia-hoxe.com/in...

Erasmo #2 24/Xuño/2007 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A DESTRUCCIÓN DO TEMPLO DO COUREL:

http://www.galicia-hoxe...

Uxio #3 25/Xuño/2007 Uxio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isto si que é unha manobra inesperada, nin a Xunta do PP atreveuse nunca a legalizar esta canteira...

Erasmo #4 3/Xullo/2007 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Suso de Toro fai unha boa análise en GALICIA FORMICA

http://www.elpais.com/articulo...

¿Terá que ser a Unión Europea quen nos recorde os nosos deberes?

Pois como o faga igual ca fixo coa Ría de Vigo...
van sair caras de raio as malditas canteiras...!!!

Poderíamos facer catro parques naturais e meter a todos funcionarios de medio ambiente coa multa que imos pagar TODOS!!!

Erasmo #5 13/Xullo/2007 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

SOS COUREL está levando adiante un enorme traballo intentando conseguir a UNIDADE DE ACCIÓN que permita facernos presentes no Courel a tódolos que sentimos esta terra coma a sagrada reserva do

EQUILIBRIO ENTRE O HOME E A NATUREZA!!!

O Courel é o exemplo vivo do que pode ser un Desenvolvemento Sustentable ó longo dos séculos... non podemos permitir que sexa destrozado por unha empresa sen escrúpulos!

O SÁBADO 11 DE AGOSTO TODOS A FOLGOSO DO COUREL!!!

Onde podemos facernos presentes para levarlle ós viciños do Courel unha promesa de esperanza polo Parque Natural Courel - Ancares.

Reserva un día na túa axenda para SALVAR O COUREL!!!

Ultima entrega de Beiras a prol das ALTERNATIVAS para O Courel!

http://www.galicia-hoxe...

GALICIA NON SE VENDE!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A Xunta aproba un Plan Mineiro que destrozará O Courel



Locais:
GZ-Sete