Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Pois que remate o baile...

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Pois que remate o baile...

Pois que remate o baile...

Resposta a X.M. Beiras

Enviada por Erasmo Erasmo o 28/07/2007 01:45 ás 743 visitas

Levamos certamente máis de cinco lustros mareando o paspallás dun conflito lingüístico e moitos bailaron e bailan o rigodón dende a posición do nacionalismo galeguista considerando ó resto de bailadores víctimas da síndrome do autoodio que tan bos resultados dá a quenes durante estes anos viñeron facendo da lingua galega o seu feudo particular: edicicións subvencionadas polos asistentes ó baile que nas máis das veces morrían nas bibliotecas por falla de lectores... e dándolle outra voltiña dicían que as obras en galego non se lían porque compría críar os seus lectores primeiro... e así naceron os 'escritores didácticos' que fixeron dende traduccións ó galego ata creacións de dubidosa calidade e asolagaron ós centros de ensino 'obrigando' á súa lectura ós seus alumnos durante décadas.

Xa tiñamos criados os lectores da nova cultura galega. E como sómentes os autores nacional-galegos tiñan o control da distribución destas xoias literarias converteronse pouco a pouco nunha clase culturalmente poderosa que ano a ano énchese a sí mesma de regalías e premios criados para a ocasión.

A finalidade era boa e xenerosa: rescatar do esquecemento a lingua do común... só que estes cidadáns xa non vivían no común nin sabían dil máis que cando se documentaban (xenerosamente pagados con bolsas de investigación) para poder escribir os seus ensaios -poucos- e maiormente novelas que fabulaban un mundo de soños tan irreal coma as súas propias vidas culturais.

Pero tódolos galegos sentíamos que estaban a facer unha tarefa necesaria e por iso bailabamos en harmonía para que a obra chegara a sorprender pola súa calidade a tódolos lectores desta terra e fóra dela... e chegaron as traduccións inversas e fixeron aínda máis fortes ós que acubillados no pesebre lingüístico saltaron por riba das fronteiras do Padornelo enchendo de best-sellers as librarías da España... e fixeron películas que chamaron films.

Só que esta andaina estabase a producir sobre a mesma base social de clase deste país chamado Galicia: 'o idioma galego, na prática social, tivo sempre unha connotación de clase' (dí Beiras) e estes novos criadores da lingua non ían ser distintos ós demáis bailadores do común e tamén eles convertíronse en CLASE DISTINTA, en clase intelectualmente illada da poboación galega que retornaba da emigración con cartiños frescos e con ideas traídas de fóra do país: viñan a gañar cartos coma o fixeran durante toda a súa vida e non eran nin galeguistas nin nacionalistas, eran galelos enriquecidos alén de Galicia.

E o baile continuou... sendo estes galegos cáseque analfabetos na lingua escrita nin leron xamáis as obras da nova clase erudita do país, nin siquera entendían a fala nova dos 'normalizadores' que agora revestíranse de pontífices da lingua ensinándollela ós fillos dos que sempre falaran 'a lingua proletaria do seu povo' e o resultado -non podía ser outro- foi transmitir unha nova diglosia nesta terra: o galego normativo identificado cos intelectuais alonxados da vida do común versus o galego proletario dun pobo que sempre tivo que buscarse a vida máis aló das subvencións institucionais.

E agora o señor Manuel dí que el xa non comprende ó seu neto, pero gústalle escoitar como fala o galego culto que lle ensinaron na escola; que il xa non se atreve a falalo porque o fala mal, e hai que ver o que se adiantou dende que ía á escola e prohibíanlle falar coma na casa; que agora as cousas son moi distintas e que todo mudou.

Resumindo temos, xa pois, dúas diglosias en catro xeracións: a miña que foi daqueles que nunca tivemos a oportunidade de estudiar o galego na escola e que fomos aculturados en español, e a do neto do señor Manuel que fala un galego culto adeprendido durante anos de estudos e pescudas etimolóxicas que faino ser un nacionalista de honra en tódolos mintideiros do pais agás na casa propria, na que se lle admira polo ben que fala o galego de hoxendía. E menos mal que o neto do señor Manuel non lle saiu reintegracionista.

Se a glotofaxia é andar a comer linguas: neste país, querido Beiras, moitos comen da lingua dabondo como para virnos a predicar o xexún no sermón da cuaresma a tódolos demáis.

Por non deixar nada do teu discurso esquecido, direi cos 'exércitos inmemoriais de emigrantes na diáspora plurisecular' non saben siquera de que lles falas, pois iles nunca adeprenderon (nin á forza) os idiomas das terras cos acolleron (agás o español na América) pois durante lustros acadaron tan só unha moi escasa competencia lingüísica en francés ou alemán para ir tirando nas súas vidas de 'obreiros asalariados' dende a mañanciña que deixaban o leito quente para chegar á Farme ou á Firma onde os días pasaban lentos e pesados mentras íanse enchendo de morriña por dentro pensando a cada hora que carallo facían alí, tan alonxados da casa e da terra que levaban no corazón. Outros, máis ousados, pasaron anos a berrarlles catro palabras malamente articuladas ós compañeiros de traballo pensando que así os entenderían mellor: pois eran eles -os alemáns- os que tiñan a cabeza cadrada e non daban aprendido o galego que era o idioma no que se podía falar de verdade das cousas importantes (terceira diglosia ou simplemente negarse a ver o mundo como é).

Para non cansar máis ós sofridos lectores direiche que xa é hora de quitar á mascarita e falar claro das 'vantaxes culturais' de moitas Emilias Pardo Bazán que aínda quedan nesta terra disfrazadas de normalizadores lingüísticos e que ditan Decretos dende os seus privativos Pazos da Ulloa.

Decretos que lonxe de permitir acadar a normalización lingüística do galego o convertirá no mellor dos casos nunha 'lingua administrativa' e no peor fará que moitos profesores polo medo ás denuncias e ós expedientes disciplinarios o falen a berros, como o Juanito que levaba xa coarenta anos na Alemaña pero eran os teutóns os que non estaban capacitados para entendelo a il...!

As cousas non son como parecen, sempre aparecen como son: e coma pobo que fala cada día o que lle peta, e o que sabe e o que pode falar... dígoche
que teñas coidado de non esquecer a liberdade da fala deste pobo galego, pois as cousas nunca nos viñeron darriba... que sempre tivemos que procuralas
dende abaixo e seguiremos a facelo malia os que pensan cas súas razóns son as únicas que poden levar ó galego a converterse en algo que nunca foi.

Somos galegos, falamos dúas linguas, somos libres de facelo nesta terra despois de anos de 'andar a berros' polo mundo...!


Erasmo.
Amante da súa Lingua e da Liberdade.


3,13/5 (15 votos)


Comentarios (19)

Fer #1 28/Xullo/2007 Fer

Vai ranhala Erasmo, de verdade. Já sabemos abondo com que andas ti e que tipo de futuro vés para a língua galega. Tí um companheiro e colaborador de "Tan Gallego como el Gallego"...

OBSERVADOR #2 28/Xullo/2007 OBSERVADOR

Que se pode esperar, Fer, de quem não distingue entre "comer línguas" e "comer DA língua". Será um afrancesado?

DanielErreCe #3 29/Xullo/2007 DanielErreCe

Dáslle moitas voltas a túa liberdade e a liberdade dos emigrantes paletos e chovinistas para utilizardes a lingua que vos pete. Está ben, fala a lingua que che pete, pero xa me gustaría que fixeses unha mención á liberdade coa que España "recomendou" o uso do castelán polo mundo adiante. Por que adoitades apelar á liberdade cando se trata dos dereitos lingüísticos do español e se fala de imposición cando se trata dos dereitos lingüísticos do galego???? Xa me gustaría que os meus pais, fillos da guerra e do franquismo, fosen quen de ver na lingua do seu país o prestixio que ven no castelán. Tanto así, que a nosa mocidade e os pais contemporáneos, fillos e netos dos da guerra e a ditadura fascista, non perciben a utilidade do galego, quérense divorciados do portugués e tentan chapurrear un spanglish que lles reporte as fabas do futuro e os coloque no mundo, non tanto como país, senón como forza de traballo que aspira a cargos intermedios nas factorías, fábricas e empresas globalizadas. Aprender e usar o galego non é incompatible co uso doutras linguas, entón por que tantos falantes exclusivos de español ven amenazada a súa liberdade pola revalorización lexítima do galego??? Se isto non é autoodio e paletismo, que é? Aparheid lingüístico?

Erasmo #4 29/Xullo/2007 Erasmo

Aprender ? quen mo vai ensinar ? algún filólogo en paro ?

Falantes exclusivos de español ? logo esto que escribo é francés ?

E xa que non comprendes (DanielErreCe) ca LIBERDADE é un valor irrenunciable que nin siquera a defensa da lingua galega pode conculcar... pensa polo menos que hai galegos que VIVIMOS neste mundo e non na 'república independente da túa casa soñada'...

Por certo, os teus pais teñen que seguir a manterte... mentres reciben o teu 'odio' porque non pensan o que tí soñas...?

Pensa que tí tamén eres Bilingüe... meu!


autoodio.-
categoría ‘psicoanalítica’ que pretende atribuir una tara o enfermedad a la conciencia libre del sujeto que no comparte
los ideales y argumentos del nacionalimo gallego.

El sujeto que padece ‘autoodio’ sólo se cura con la declaración
de independencia de la nación gallega; es una enfermedad típica de cualquier no-nacionalista gallego.

Cuando el sujeto decide expresar libremente sus ideas está bajo el ‘síndrome del autoodio’ y por ello dichas ideas (véase la libertad lingüísitca) son siempre colonizadoras y depredadoras de su ser-gallego.

OBSERVADOR #5 29/Xullo/2007 OBSERVADOR

Já me tardava a tua verdadeira personalidade. Sim senhor, boa lição: dicionário de castelhano, que para algo é a língua de todoh loh ehpaÑoleh, coÑo!

Erasmo #6 30/Xullo/2007 Erasmo

Pois grazas ó diccionario pódocho traducir se queres:
http://sli.uvigo.es/tradutor/

autoodio.-

categoría psicanalítica que pretende atribuír unha tara ou enfermidade á conciencia libre do suxeito que non comparte
os ideais e argumentos do nacionalimo galego.

O suxeito que padece 'autoodio' só se cura coa declaración
de independencia da nación galega; é unha enfermidade típica de calquera non-nacionalista galego.

Cando o suxeito decide expresar libremente as súas ideas está
baixo a 'síndrome do autoodio' e por iso as devanditas ideas (véxase a liberdade lingüísitca) son sempre colonizadoras e depredadoras do seu ser-galego.

OBSERVADOR #7 30/Xullo/2007 OBSERVADOR

Não te repitas, homem. Se não o conseguiste com a língua de verdade, não tentes com o dialecto...

DanielErreCe #8 30/Xullo/2007 DanielErreCe

Erasmo, coido que eu non te faltei, en todo caso fixen valoracións de ideas e non comentei as túas relacións persoais nin as túas frustracións. A verdade é que non me paga a pena seguir contrastando contigo, teño cousas moito máis intersantes e produtivas por facer.

Erasmo #9 30/Xullo/2007 Erasmo

As miñas sinceiras disculpas Daniel se pensas ca miña intención era faltarche ó respeto.

Lamento a confusión pero pensa que ás veces un escribe unha liña a xeito de telegrama e é decodificada de xeito moi diferente polo lector. Desculpas.

Tí mesmo falabas na túa mensaxe: "Xa me gustaría que os meus pais, fillos da guerra e do franquismo, fosen quen de ver na lingua do seu país o prestixio que ven no castelán." Neste contexto ía a miña frase: para tratar de convencerte cos teus pais viviron o que viviron e sinten o que sinten... porque as súas vidas foron como foron por mil motivos (entre outros seguramente darche un futuro como fillo)... Así pois non cría conveniente que lles recriminaras o falar en castelán... Non era máis que iso.

Esta confusión lévame a pensar que máis de catro veces 'falando do mesmo' chegamos a posicións antagónicas sen necesidade algunha!

Saúdos.

alberte #10 31/Xullo/2007 alberte

As palabras do Erasmo lémbranme a aquelas outras que usurpara Felipe González, 'vivimos no mellor dos mundos posibles', dun positivismo case que insultante.
No mellor dos mundos posibles asúmese a situación actual porque, por definición, é a mellor posible e iso non dá pé a cambio algún.
Certo que non hei culpar á miña nai por ter medo a falar en galego (afortunadamente esa situación xa mudou, polo que na miña casa mandamos para o carallo a Leibnitz),pero non por iso non imos,como país, tentar cambiar unha situación de inxustiza, porpugnada dende o Estado Español.
Falar español en Galiza, nunca foi unha escolla. A nosa mocidade, por moito que pense o contrario, non fala español despois de considerar as opcións posibles e tras unha escolla libre, senón que fala español por unha imposición social, desas que non fican escritas en ningures. Pola contra, un neofalante en galego, si fai unha escolla real, e asume as consecuencias dos seus actos, indo contracorrente (xa sabemos que en galego lígase menos ;-) ).
Da nosa man, polo tanto, está o feito de recoñecer que existe un conflito lingüístico, que o galego está nunha situación de perigo, e, por unha simple cuestión de ecoloxismo lingüístico e de amor á diversidade, tratar de defender o que é noso por dereito, preservándoo das verdadeiras imposicións, como é a de negarnos o noso dereito a aprender, a falar con normalidade e a que nas administracións públicas (recalco o de públicas) se empregue con normalidade a lingua galega.

Tino #11 1/Agosto/2007 Tino

Sen ningún tipo de acritude persoal cara Erasmo, teño q recoñecer q me parece unha persoa q agacha algo, non sei o que.
Tampouco deixa ver cal é a sua razón para ter unha xenreira subxecente difusa: lémbrame o anuncio do xornal deportivo ,,As" onde unha persoa descontrolada batia a todo o q topaba co xornal.
Ainda q coincido en certas cousas como a dilapidación e continuismo co diñeiro público, engordando cus de ,,persoeiros" q semella q só quentan o asento q ocupan, e de institucións resesas q non chegan á sociedade.
Sen embargo a sua loita contra institucións dinámicas, q si traballan e se implican na recuperación, dignificación e respeito polo galego como A Mesa (ver o seu comentario en http://www.xornal.com/article...., deixan ver a sua verdadeira facina.

OBSERVADOR #12 1/Agosto/2007 OBSERVADOR

Ainda bem que alguém repara e diz o que pensa, hom. Eu também não tenho nada pessoal contra Erasmo. É só que leio o que diz e interpreto, e daí, respondo. Que não é de fiar não mo tens que jurar.

Erasmo #13 2/Agosto/2007 Erasmo

Eu seguro que NON SON DE FIAR... eu xamais fiei en min mesmo e así me vai pola vida dando tombos pero en Liberdade sen dúdiba ata que chegaron os que TODO O SABEN...

Ai canto tedes que aprender da vida... !!!

Atopei unha carta de alguén que ó mellor vos parece menos sospeitosa ca min... e se queredes leédela e despois de feitas cantas correccións gramaticais vos parezan axeitadas (se queredes ata podedes calificala cunha nota a ver se aproba ou non o Celga)

Esta xente existe: dígollo a Beiras, existe e por máis colonizada que estea os Beiras da vida nunca a van DESCOLONIZAR a non ser que lle arrinquedes a ialma e lla botedes ós cans (Pol Pot dixit).

http://www.lavozdegalicia.es/c...

A miña pregunta é a seguinte: ten ou non ten dereito esta muller a falar como fala e escribir como escribe...?

Outra pregunta máis: ¿Por que unha galega ten que pedirlle disculpas a Carlos Callón por escribir como pode a súa lingua?

O día da resposta chegará máis cedo que tarde...!!!

OBSERVADOR #14 2/Agosto/2007 OBSERVADOR

Troca "galego" por "filosofia" nessa mensagem e cala a boca, Maquiavelo.

Não enganas mais.

Tino #15 3/Agosto/2007 Tino

Pois xa lin o comentario proposto por Erasmo da bondadosa sra. escribiu en LaVoz.

Podemos cambiar as tornas:
,,Falo o castellano cos meu familiares q o falan, ca xente que mo fala, pero tamen me gusta o galego, este último para poder entenderme co resto dos galegos q o falan (q son maioria en galiza), se teñen a ben ser respetuosos conmigo para poder comunicarnos. Pareceme ben que se impoña a asignatura do Castellano para que os nenos que na sua casa non o escoitan habitualmente poidan coñecelo e usar se queren, pero non estou de acordo, e coma min penso que muitas nais, que os demais libros de texto (a maioria) sexan en castellano.Qero deixar claro que estou completamente en desacordo co valedor do Pobo. Non lle poñamos mas trabas os nenos para realizar satisfactoriamente a sua traxectoria academica.Sexamos mais tolerantes y respetuosos. Perdoen os señores da Platarforma Tangallegocomoelgallego e outras por o mal que expreso en castellano (cando o fago: nasalizo, pronuncio vocais abertas e pechadas, digo xiros en galego, etc; se me nota mucho el acento gallego, vaya), pero ¿a que me entenderon? .Outra cousiña mais, nunca vou usar a palabra ,,horcajadas", ¿de onde saliu eso?. Antes impuñianme o castellano e agora seguen impoñéndomo (medios de comunicación 99% en castellano, publicidade, contratos de traballo, exames e docencia na universidade, etc, etc). Non vou pasar por esas.¿Dende cando falan vostedes castellano?, desde que sirve como arma politica?.Podolles asegurar que coma min pensa muitisima mas xente, destes que somos normaliños,que nos gusta o pobo, e conversar tranquilamente, en galego ou castelan, sin mas complicacions".

Fácil verdade? pois keiran algúns (poucos, moi poucos) q keren q se impoña o castellano pola via de "Temos razón e estades a achantar", hai xente(moitos, moitos), q non pasamos por esas razóns de apisonadora españolista-anacrónico-colonialista.

Erasmo #16 4/Agosto/2007 Erasmo

Tino se foran maioría en Galicia eu xa tería mudado fai tempo!!!

tamen me gusta o galego, este último para poder entenderme co resto dos galegos q o falan (q son maioria en galiza), MENTIRA!!!

A ver en que mundo vivimos? eu vivo en Vigo! Pasa algo?
Igual pretendedes borrar esta cidade do mapa de Galicia?

Xa está ben de dar a lata!!!

UNHA LINGUA NON SE IMPON POR DECRETO...!!! ESTADES XORDOS ????

Tino #17 6/Agosto/2007 Tino

A ver Erasmo: ti creas o teu mundo e non saes del.
Ti creaches a fantasia de q o Decreto é para impoñer o idioma.
Cambia o chip: o Decreto é para ampliar as areas de influencia do galego q están acaparadas durante séculos polo castellano, e ás q o galego ten dereito e razón para ocupalas pq foron usurpadas polo castellano, no seu dia, por decretos, leis ou pola figura impositiva q fose polo governo español.
Desde logo q non é a única maneira de conseguir a normalización do galego, pero é unha mais, ás q hai q sumar outras, entre elas a boa predisposición de todos/as q crean q o galego leva anos sendo esmagado e q hai q dicir AVONDA!!!!!!!!

Tino #18 8/Agosto/2007 Tino

Por certo, o uso de maiúsculas signifacan gritos ou falar alto.
Esas frases de Erasmo se dedica a escribir maiúsculas mais parecen fruto da desesperación pola falta de argumentos q outra cousa.

Erasmo #19 22/Agosto/2007 Erasmo

Tino eu penso que non estou 'desesperado' aínda que sí estou FARTO DA MIOPÍA que teñen moitos nesta terra.

Se queremos enterrar o galego como lingua VIVA xa sabes o que podes facer: convertila nunha linguaxe administrativa OBRIGATORIA para moitos mestres que só a falarán por imposición e punto.

Semella cos políticos (en lugar de dar exemplo no uso da lingua) pretenden crear cidadáns á súa medida: OBEDIENTES E SUMISOS (o que eles non son) e botarlle despois as culpas de tódalas desgracias!

Desesperado debe andar o Carlos Callón buscando activistas que promovan o Decreto a guantazos... o vindeiro curso.

Por certo alguén podía dicirlles ós da Mesa pola Normalización Lingüística que se atrevan dunha vez a poñer un Foro libre (como este de Vieiros) para permitirlle ós cidadáns expresar libremente as nosas opinións?

Sería un detalle... despois de todo as subvencións son para promover o uso do galego non para DITAR cazas de bruxas...!

Saúdos...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: