Na vida,temos importantes dualidades. A lingua e a cultura non escapan da dualidade, porque sempre semella haber dous bandos en todo: nos e eles.
A realidade, na súa expresión máis sinxela dende o ollo humano, adoita vislumbrarse non como unha única, senón como un modelo dobre, e desto temos moitos exemplos: dende a dualidade onda-corpúsculo, que explica o comportamento dual da materia-enerxía (a cal é, á súa vez, outra dualidade), e así, ata o infindo.
Mais, por moito que nos sintamos evolucionados, tantas veces simplificamos todo o que vemos nunha única dualidade: a do ben e o mal.
Tan recorrente dualidade está, semella, tan inmersa en nós, que, fronte a un cambio de perspectiva proposto por alguén, adóitase reaccionar negándonos a admitir un debate con argumentación sólida.
Por exemplo, se algúen fala de cuestións lingüísticas, semella que houbera dous bandos, que, dunha banda, pretenden que todos esteñamos nalgún deles. E se algunha persoa ten a razoable proposta de abrirse ao debate, e admitir que tódalas solucións razoables teñen algo que nos aportar, ambos bandos lle adxudicarán unha postura oposta.
Co xa dito, os que se sinten depositarios (exclusivos) da cultura galega, dirán que o propoñente é "Espanholista", no mellor dos casos, cando non o calificarán de fascista. Logo, os que están radicalmente opostos ao galego, dirán que a persoa en cuestión é "independentista" e que só busca "romper españa", e toda clase de lindezas dese estilo.
Sexan uns ou outros os que falen, tentan dar unha imaxe de "única solución verdadeira". Sinxelamente,digamos,un eufemismo para dicíren que teñen a razón fronte aos outros, aos que, sen argumentación válida (ou sen ningún tipo de argumentación, tantas veces) identifican co mal.
Doutra banda, cando se propón que as tensións provocadas polo cambio demasiado frecuente de normativa, son tantas veces arbitrarios e sen conexión coa realidade social, cultural e lingüística do país, e mesmo desconectado da tradición lingüística e cultural do pobo, entón, sinxelamente, aplícase algún adxetivo para calificalo, evitando a máis mínima argumentación que poida iniciar un debate enriquecedor e que, probablemente, achegaría as posturas moito máis do que semella.
Con todo, ambas posturas adoitan usar unha arma poderosa para afianzar o seu liderado e controlar ás masas de seguidores que os apoian: o medo. Este medo é un xeito de limitar o máis posible a liberdade, tanto individual como colectiva.
Forza4.
Próximo artigo para Open Vieiros: Dualidade: Medo e Escravitude
A miña aboa foi depositaria exclusiva da única língua naturalmente galega: endexamáis me ensinóu unha sola palabra en €$$pañol.
Na Estrada recentemente topéi con unha dona, que me contaba que cando pequecha tamén, na sua casa gardaban e coidaban unha veciña que non se valía, que dicía palabras que eles non usaban: segunda feira, culler e SÓ EN GALEGO!
Sobran os comentarios sobre cál é a nosa língoa. Hei preguntarlle a un amigo que vive en Cincinatti cál é a sua língua (si é que ten ese concepto de língua propia)
Certamente os sectarismos seguen instalados na política actual e lamentablemente empregan o MEDO para facer campañas contra todo e contra todos...!
Precisamente por esto compre levantar a voz e dicir que non imos axeonllarnos nunca máis diante dun Decreto miserento.
Os que calan, por diversos motivos, están a coartar a liberdade do pobo libre e soberano que tanto cacarean.
Agardo co teu vindeiro artigo veña asinado coma Forza7...!!!
Erasmo, o de forza4 non ven polas 4 provincias, nin ten nada que ver. Catro ten que ver coa desaparecida Radio 4 de RNE que emitía en galego,nun tempo no que non existían medios públicos aparte na lingua do país. Ao chegar a Radio Galega, sentenciouse que Radio4 tería que desaparecer, co que nunca estiven de acordo...¿por que non unha radio4 que emita en todo o estado en tódalas linguas nacionais, con cursiños de cada unha? ¿porque non un servizo público deste calado ao servizo da pluralidade?.
Por certo, alí había un programa chamado así: "forza 4", que iba sobre o mar...
Para ecoe: Por certo, o Español, non existe, só o Castelán. Por certo, que saibas que existen movementos nacionalistas casteláns...(a favor dunha castela unida e independente) :). Unha aperta.
Ah, por certo, e saber idiomas (mesmo o castelán, mesmo) sempre enriquece a un/ha culturalmente.
Saúdos.