Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


O nacionalsocialismo galego

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de O nacionalsocialismo galego

O nacionalsocialismo galego

Cesar Vidal ...el himno gallego es una mezcla de mitos, de insultos a la inteligencia y de disparates nacionalistas, como suele ser habitual.

Enviada por valminor valminor o 04/09/2007 10:43 ás 1912 visitas

Onte volvía do traballo e nas emisoras que levo programadas estaban emitindo, futbol, música,.... e quería escoitar un pouco o resumo da actualidade do día.
Normalmente sóeme tocar escoitar a actualidade económica, que non é que sexa o meu forte, pero non está de máis ver o que acontece no mundo bursatil.
Pero estes aparatos ás veces os carga o "diaño" e utilicei unha función para buscar emisoras por unha temática "Noticias"...

Unha sintonía sutil de piano daba paso a unha sección de cultura. O locutor, un tal Cesar Vidal, que por cada palabra que dicía catro de elas eran "jocosidades políticas" moi propias dunha escola que debe estar preto da súa emisora. Falaba pola radio nun programa chamado "La Linterna"...nas primeiras palabras que escoitei xierei a vista ao frontal da radio para saber que emisora acababa de sintonizar. COPE. E seguin escoitando porque cada palabra que escoitaba non daba crédito aos meus oidos. Logo comprendin que o nome do programa está ligado directamente a capacidade intelectual dos seus ointes "uns iluminados".Vou transcribir literalmente o seu monólogo, ao mái puro estilo "Club de la comedia", máis se algún non quere perderse escoitar na propia boca do autor, esta perla das ondas da cultura esta é a dirección de descarga do audio http://ficheros.lalinterna.com/audios/culturanews030907.mp3

E ista é a súa brillante intervención:

Cesar Vidal - La COPE...
y dado lo triste que ha sido la cuestión económica, pues tenemos que empezar con el humor...es decir con los nacionalistas, aunque la verdad no crean ustedes que esto también es bastante dramático.
¿Por qué? pues porque en galicia, desde le primer lunes de septiembre, se han puesto en funcionamiento lo que se denominan "galaescolas". Es decir, una nueva red de guarderías públicas que ha implantado el gobierno nacionalsocialista gallego a instigación sobre todo del Bloque Nacionalista Gallego...
Bueno ¿y qué va a pasar en estas guarderías? pues que de entrada los niños lo único que van a aprender es gallego, cosa que tiene una enorme lógica porque teninedo en cuenta que el castellano lo hablan cerca de 500 millones de personas y el gallego, mal contados, no sabemos si llegan a un millón y medio... pues apartir de ahora, efectivamente arrojen por la borda el español y aprenden gallego, con lo cual van a poder llegar,... pues fíjense ustedes... del cabo de Gata al de Finisterre y en fin, quién sabe si hasta Shangai.

La cosa a demás tiene su aquel, porque en su día, es decir hace apenas unas 2 semanas el nacionalista Anxo Quintana....Anxo que a veces parece bastante "estrexo" de mente, vicepresidente del gobierno nacionalsocialista de Galicia, afirmó que los niños saldrían de las galescolas conociendo el himno gallego, porque le texto del himno contiene, y cito textualmente, "un lenguaje que agita el despertar de Galicia como nación".

¿Y cómo es el himno gallego que tanto le gusta a Anxo Quintana?. Bueno, es una mezcla de mitos, de insultos a la inteligencia y de disparates nacionalistas, como suele ser habitual.

Por ejemplo: habla de la resistencia celta contra los romanos. Cuando lo que sabemos hoy en día es que desde luego...celtas, celtas, en Galicia? poquitos... y combatiendo a los romanos? menos. Y los restos arqueólogicos celtas en términos generales son restos arqueológicos romanos.

Es decir, que si alguien piensa que Asterix y Obelix andaban por ahí con los druidas por Galicia, tiene que sentirse muy defraudado.

Por si fuera poco, además, el texto viene a asegurar de manera tan poco muy sutil, que los que no entienden el gallego son crueles o imbéciles. Es decir, la aplastante mayoría de la humanidad. De hecho dice "los buenos y generosos nuestra voz entienden, y con arrobo atienden nuestro ronco sonido, pero sólo los ignorantes, los crueles y duros imbéciles y oscuros, no nos entienden no. "

Es decir, William Shakespeare por ejemplo, que nunca entendió el gallego...pues ya saben ustedes que era ignorante, cruel, duro, imbecil y oscuro.
Dostoievski, que entre otras virtudes no tenía la de saber el gallego, pues era un ignorante, cruel, oscuro, imbecil y duro ...y así podríamos seguir. En fin, el Dante, Miguel Angel, Rafael, lo que ustedes quieran.
Y porque si fuera poco además, esto continuá diciendo.. "ya llegado el momento de que aquellos antiguos bardos que a vuestras ilusiones cumplido fin darán pues, donde quiere, gigante, nuestra voz pregona la redención de la buena
nación de Breogán."

Vamos, como mezcla de estupideces y de racismo no tiene desperdicio.
No se puede esperar otra cosa de un gobierno nacionalsocialista , para que nos vamos a engañar, se asienten en Berlín o en La Coruña.

Con esta exposición de principios, pues ya se pueden ustedes imaginar, lo que van a tener que aprender los niños que aterricen en las Galescolas, desde los 0 a los 3 años. Pero que nadie se sorprenda? porque es que esto mismo lo llevamos viviendo desde hace décadas en Cataluña y en las Vascongadas... y el resultado ya sabemos cual es...

Y al final lo grave de este asunto, es que aquí el Partido Socialista ha vuelto a las andadas, entre defender, no sólo el orden constitucional, si no también el sentido común... pues ha decidido que va a defender el poder. Y el poder en el sentido más sucio y más bastardo del término.
Y recuerden ustedes que dentro de las tropelías de este verano, el pasado mes de julio el Partido Socialistas y el BNG, aprobaron un nuevo decreto lingüístico en el que se establecía que en primaria y en la ESO se iba a impartir un mínimo del 50% de las clases en gallego. Eso sí, además en castellano, se va a impartir la gimnasia, la plástica o la música.

Bueno, pues nada, sigamos así y iremos hacia las cavernas, no piensen ustedes hacia los celtas , esos tenían una cierta cultura notable. No, hacia la caverna directamente. ........

................................................................

Certamente non teño palabras para definir tal "brillantez prosítica y periodística". Recoñécese a leguas o nivel de coñecemento do Sr. Vidal, sobre a cultura, sociedade e historia de Galicia.Dende os celtas ata o nacionalsocialismo pasando polo finado de René Goscinny, dando uns toques pictóricos do mesmo Michelangelo que nunca eles tal viran metidos neste "sarao".

Lamentablemente a súa intevención só se pode resumir nun insulto e desprecio cara os galegos e galegas que nunca tal mal lle fixeron a ninguén...nin a vostede nin aos que pensan coma vostede. Que seguro que os hai. Independentemente da miña condición política ou relixiosa, dentro desas preferencias sociais tamén está a miña identidade e condición como galego.

E eu son a primeira voz crítica co meu goberno, de esquerdas ou de dereitas, polo que vostede non é quen de por en boca dos galego o que diga Anxo Quintana nin o que diga Mariano Rajoy, porque non deixan de ser opinións persoais que en moitos casos distantan moito da realidade de todas e todos nós. Por iso lle rogo, que estea a altura e pida desculpas.

Aos que estamos aquí ou en Berlín, ou en Bos Aires, ou Montevideo, ou Xenebra, ou en Londres, ou en Irlanda, ou en Bélxica ou en Francia, ou en Italia, ou en Australia...ou en calquer cidade do mundo onde haxa un galego e galega, que ainda que non o crea, teñen oidos espectantes sobre calquera noticia que chegua da súa terra nai. Chámese Galcia ou chámese España. Pero para iso Sr. Vidal ten que coñecer a realidade da diáspora galega. Para opinar, ten que estudar.

De que me serve o galego?
O primeiro e máis importante, para entender aos meus.
Aos meus avós, porque non falan outro idioma.
Entender e poder comunicarme con xente do Bierzo, de Asturias ou Sanabria..Sérveme para poder leer obras no seu idioma de orixe, tal que e como foron escritas por Saramago, Pessoa ou Paulo Coelho, sentindo o mesmo pracer que senten algúns ao poder ler a obra de Cervantes en castelán.
A nivel internacional o galego permitiume poder comunicarme con Italianos (que curiosamente entenden millor o galego que o castelán), Brasileiros, Portugueses e Franceses, en donde a combinación dos dous idiomas que aprendin, galego e castelán, permíteme ter unha riqueza léxica que non teñen outras rexións. E iso que o galego non vale para nada.

O que o señor Vidal descoñece ou non quere recoñecer, e por iso o omitiu na súa "aguda" intervención de repaso histórico de Galicia, é que o galego o coñecen oficialmente tres millóns duascentas mil persoas, ainda que non se coñece a cifra excata de falantes na diáspora Galega.
Que o galego provén do galego-portugués, lingua medieval fruto da evolución do latín na zona nororiental da península Ibérica. Si, si, digo ben, península ibérica no século XIII.
A lingua galego-portuguesa, por moito que lle pese ao señor Vidal, foi a lingua escollida polo rei Afonso X "O sabio" e xunto co occitano eran as duas linguas que se utilizaban para tan noble fin como a creación poética. Quizás Shakespeare ou Dostoievski, se naceran na Península Ibérica nesa época, os seus versos estarían escritos neste idioma, tan desoñecido e inutil como di o señor Vidal.

Coido que pouco máis teño que dicir porque do resto,...De que o himno galego é do BNG...é a primeira noticia que teño. Eu estudei que era de Pondal e Pascual Veiga.

O que me sorprende é que as estas alturas da película non haxa intervido un fiscal ou un xuiz e secuestrase ou precintase este programa de radio por atacar directamente, con predemitación, contra a moral de todo un pobo, que nun mal lle fixeron a ninguén, nin a vostede. Por meter a todos dentro do mesmo saco, por insultar e difamar contra a identidade dos galegos e galegas. Aquí y en Berlín.

Do nacionalsocialismo, prefiro que siga formando parte dun pasado errado, que calquer neno ou nena que saia de esas galaescolas llo poderá explicar algún día si é que ainda non o ten claro ou si ainda vive.

Eu quédome cunha frase de Evaristo Calvo na obra "Sempre ao Lonxe" de Mofa e Befa, que por certo lla recomendo ao Sr. Vidal, mágoa que sexa en galego...."a patria é aquilo que media entre que a un o caghan no mundo e vai pronto pra caixa. E se alguén ten unha bandeira presa que a poña. Eu non a teño."

Fdo. Pedro Telmo.
Un mozo que leva quince anos intentando enterder este puñetero país onde lle tocou vivir, pero sempre dende o respeto.


4,54/5 (26 votos)


Comentarios (23)

Gazpacho #1 4/Setembro/2007 Gazpacho

Como liberal y español no puedo sentir menos que completo desinterés en el asunto de las Galescolas de marras y si, desde luego, alguno de mis hijos, ya independientes, fuese a iniciar su escolarización no escogería para ello una Galescola. Con todo la alocución reproducida en este artículo me parece un cúmulo de desinformación y sublimes estupideces. Su autor es un ilustre intoxicador mediático del sector 'neocon' de la Derecha española muy popular entre un sector reaccionario y profundamente antisocial del conservadurismo español, en el que podríamos incluir a alguno de los usuarios tristemente habituales de estos foros como por ejemplo el que se hace llamar Gaviotero, por lo demás escasísimamente representativo de la sociedad española. Su postura sobre este asunto era previsible y su pintoresca interpretación del himno regional gallego se enmarca en la estratégia de agitación y propaganda del medio de comunicación para el que trabaja, del que decir que difunde 'información' resulta una entelequia. Es un destacado representante de un reducto de historiadores de ultraderecha, que vienen siendo llamados 'revisionistas', defensores de uno de los pilares básicos del discurso 'neocon' español: la justificación, legitimación, y exaltación de la dictadura franquista y el golpe de Estado fascista que la hizo posible. Afortunadamente, y si nadie se vuelve majara, nuca jamás tendrán cabida en los libros de texto (será por resentimiento por lo que acusa entonces a otros de adoctrinar a los alumnos).

Yo si estuviera en el lugar de los galleguistas de este foro no le daría mayor importancia a la arenga del tipo este sobre las Galescolas y el himno Gallego pues su clientela mediática es pequeña y no creo que vaya a convencer a nadie que previamente no comparta su opinión fascista.

Gazpacho #2 4/Setembro/2007 Gazpacho

Como liberal y español no puedo sentir menos que completo desinterés en el asunto de las Galescolas de marras y si, desde luego, alguno de mis hijos, ya independientes, fuese a iniciar su escolarización no escogería para ello una Galescola. Con todo la alocución reproducida en este artículo me parece un cúmulo de desinformación y sublimes estupideces. Su autor es un ilustre intoxicador mediático del sector 'neocon' de la Derecha española muy popular entre un sector reaccionario y profundamente antisocial del conservadurismo español, en el que podríamos incluir a alguno de los usuarios tristemente habituales de estos foros como por ejemplo el que se hace llamar Gaviotero, por lo demás escasísimamente representativo de la sociedad española. Su postura sobre este asunto era previsible y su pintoresca interpretación del himno regional gallego se enmarca en la estratégia de agitación y propaganda del medio de comunicación para el que trabaja, del que decir que difunde 'información' resulta una entelequia. Es un destacado representante de un reducto de historiadores de ultraderecha, que vienen siendo llamados 'revisionistas', defensores de uno de los pilares básicos del discurso 'neocon' español: la justificación, legitimación, y exaltación de la dictadura franquista y el golpe de Estado fascista que la hizo posible. Afortunadamente, y si nadie se vuelve majara, nuca jamás tendrán cabida en los libros de texto (será por resentimiento por lo que acusa entonces a otros de adoctrinar a los alumnos).

Yo si estuviera en el lugar de los galleguistas de este foro no le daría mayor importancia a la arenga del tipo este sobre las Galescolas y el himno Gallego pues su clientela mediática es pequeña y no creo que vaya a convencer a nadie que previamente no comparta su opinión fascista.

Xiurisma #3 4/Setembro/2007 Xiurisma

Grazas, Valminor, polo teu esforzo e traballo tecleando o monólogo dese xornalista reaccionario. A verdade é que tes ben valor para escoitala enteira... eu xa non paso das dúas palabras cando por accidente se me sintoniza esta emisora no coche. Polo ben da miña saúde e do meu bo humor.

Roquinho #4 4/Setembro/2007 Roquinho

Se é verdade que o Sr Cesar Vidal dixo esas tropelías, debería pasar por unha galescola para aprender un pouco de cultura xa que demostra moi pouca, quizas a mesma cue os que aplauden as chorradas que este e outros coma él din nesa emisora, que representa o mais vil dos nacionalismos deste estado español no que nos toca vivir con gusto ou sen el.

BonKarallan #5 4/Setembro/2007 BonKarallan

En Veo e na COPE debaten diariamente os gavioteros.

César Vidal estalle dando a razón a Pondal e demostra que é un iñorante, férido, duro, imbécil e escuro e pensa que imos todos para "terroristas" como segundo el xa deben ser cataláns e vascos.

"¡Ave César! No hace falta que entiendas el idioma gallego, basta con que entiendas al "gallego", al pueblo gallego"

eugalego #6 4/Setembro/2007 eugalego

Obxectivo dos espanhois: nega-la identidade celta da Galiza, xa sexa a Cope, coma neste casso, ou o Faro de España. Só dicir que Galiza forma parte de Celtia, http://www.celtia.info , e que pertence ao exclusivo clube das 7 nazóns celtas:
-Irlanda-Èire.
-Escócia-Alba.
-Gales-Cymru.
-Bretanha-Breizh.
-Galiza-Galícia
-Cornualha-Kernow.
-Ilha de Man-Mannin.

A cultura galega é celta, podemos atestigua-lo todos nós, com xente ilustre coma Carlos Nunhez. E a língua celta que falabam os gallaeci tamem segue viva, na toponímia (Lugo) e coma substrato do galego. E os castros celtas nom som romanos, esses som cuadrangulares, os celtas puros som redondos, coma Santa Tegra, Baronha e Viladonga, que eu saiba situados na Galiza. E é abraiante a de rapazas de olhos azuis no pais, froito do sangue celta e xermánico dos suevos.

E que dicir de Castelao e "As cruces de pedra na Bretaña". E eu aprendim português dumha pancada, ao ter moi boa base de galego, a sua língua irma.

eugalego #7 4/Setembro/2007 eugalego

Nenhuma agressom sem resposta.

emigrado #8 4/Setembro/2007 emigrado

ruaaaro, ruaaaro, ruaaaaro... que señor tan ruaaaro...

guillerme #9 4/Setembro/2007 guillerme

Hai que independizarse xa desa merda de país. Son un grupo de fascistas cavernícolas que nin sequera son capaces de recoñecer a historia nin o presente.

Ith #10 4/Setembro/2007 Ith

En fin, como ben di eugalego, hai estudos feitros por persoas NON galegas que DEMOSTRAN pero dixen DEMOSTRAN con probas CIENTIFICAS e si, dixen CIENTIFICAS que demostran a estancia de celtas na peninsula ibérica (en gran parte do noreste, a parte de so en galiza) a parte dos estratos (ou superestratos, non sei como vai iso) pero hai toponimia celta, vocabulario ou o recento estudo xenético (coincidencias entre bretons galegos e irlandeses, como me contaron). O fascista este deberia informarse antes de chamarnos fascistas ós nacionalistas; escritores como Estrabón (romano) falaban de (kalaikoi) pero alguns gregos tan famosos coma Aristóteles falaban dos keltiké...
Será que "Estrexo Quintana" (que gracia natural tes, meu) foi ós museos a cambia-los libros de gregos e latinos...

Ith #11 4/Setembro/2007 Ith

e por certo, que eu saiba, Pondal referíase os galegos que falaban castelan e os españoles centralistas que buscaban crear a "Una Grande y Libre" cando dicia "ferridos, escuros e imbéciles".
Por exemplo refeririase a este individuo...

furabolos #12 5/Setembro/2007 furabolos

Eu xa deixei de indignarme, estoume empezando a divertir. Que sigan.

condedecotobade #13 5/Setembro/2007 condedecotobade

Que eu saiba a voz da que se fala no poema de Pondal é o rumor dos piñeiros, non especificamente do idioma galego. Segundo Pondal son iñorantes e feridos os que queren manter a Galiza no seu histórico letargo e non comprenden que Galiza proteste contra esa situación. Os da COPE non son moi listos e non conseguen comprender ningunha cousa que vaia máis alá dos seus fuciños.
O de nacionalsocialistas xa comeza a mosquear, precisamente cando os únicos que teñen apoiado a Hitler no pasado foron os antergos do PP (non estou dicindo que os actuais teñan responsabilidade ao respecto).
Finalmente a título de curiosidade sobre a utilidade do Galego: Saberá Cesar Vidal que Franco e Oliveira Salazar falaban en galego durante os 7 encontros oficiais que mantiveron? Vai resultar que Franco era reintegracionista...

xel #14 5/Setembro/2007 xel

Non escoito a Cope. Que saben eles da Galiza? Quen os escoita? Ten razon o Gazpacho: non son mais ca intoxicadores profisionais (a soldo).

elianinha #15 5/Setembro/2007 elianinha

Pois esta polémica está a servir para que os iñorantes, imbéciles e escuros se dean a ver soíños. Aínda non oín a Dostojevski queixarse. E ese argumento do utilitarismo é tan retorcido... cando cruzas os Pireneos tampouco che vale para nada o español, mira ti.

santiagosavinhao #16 5/Setembro/2007 santiagosavinhao

menudas memeces nos din dende madrid.
e o peor e que outros as cren.
unha aperta

eugalego #17 5/Setembro/2007 eugalego

Os do PP sim som responsaveis dos crimes franquistas. Som os seus herdeiros com tódolos direitos.

BonKarallan #18 5/Setembro/2007 BonKarallan

Se queres levantarche encabuxado, pero ben encabuxado, espértache con Jiménez Losantos. Daranche ganas de estampar a radio contra a parede.

O peor de Jiménez Losantos é que hai moita xente maior que o adora. Coma se fose o Papa. Esperemos que só sexa a xente de máis de setenta anos.

eugalego #19 5/Setembro/2007 eugalego

Inacreditavel:
"A partir de hoje, os jardins-escolas galegos dão as aulas só em galego. Também se vai ensinar um "hino galego" de um nacionalismo extremo. Composto por um poeta do séc. XIX, o hino galego, enxotando os castelhanos, canta: "Sós os imbecis e obscuros/ não nos entendem." Picardias nacionalistas, que quase todos os povos têm, e que não trazem grande mal ao mundo. Ou trazem mas não é isso que aqui me traz, mas outro mal, esse, evidente. Esta deriva galega integra-se no menosprezo de uma das grandes línguas mundiais, o espanhol, que já deixou de ser ensinada como devia na Catalunha e no País Basco, e, agora, deixará também na Galiza. Vão perder os miúdos galegos, como já perdem os bascos e catalães. Tal como os miúdos cabo-verdianos perdem por não aprender o português, mas o crioulo. Não falo, claro, na nobreza das línguas (todas são nobres). Falo da I Divisão Mundial das Línguas, onde estão o português e o espanhol. E não estão as outras nobres línguas aqui referidas.".

eugalego #20 5/Setembro/2007 eugalego

Os nossos irmaos alem do Minho.

teixugo #21 5/Setembro/2007 teixugo

A notícia é velha a não há de ser a única deste jeito, eugalego, mas o senhor talvez já lhe escreveu uma nota ao senhor Ferreira Fernandes, um "lumbreras" como outos muitos das duas beiras Do MINHO de BERLIM.

SIM, LEU BEM, O MINHO DE BERLIM!!!

charino #22 5/Setembro/2007 charino

Meteorolóxicamente falando, este foi un verán moi raro. Con tanta rega,un Consello piou que o do panteón fora todo un ladroízo. Entón, o diario de maior tirada do país preguntou a opinión dalgúns coñecidos marmoristas. As respostas foron contundentes: a sepultura seguramente sairía por moito mais do escotado, 600 millóns de euros botando polo baixo, e ademais non tiña xeito ningún. Daquela, o Presidente declarou que os que encargaran a obra eran uns caralavadas, uns baldreus… etc., pero que de todas formas había que rematala, e que xa se encargaba el diso. Os de enfronte pediron que lle botara peito e falara coa fiscalía. El respondeu que mellor deixar a cousa así, non se fora mancar alguén. Os sindicalistas, tan brutos como sempre, chamaron pola lei, que dixo que alomenos habería que investiga-la cousa. E co can de San Roque chegou a andisía. Uns cívicos cidadáns pensaron que era mellor dedica-lo panteón a oficinas.Contestoulles unha concelleira nacionalista, que non tiña ningunha vela no enterro, pero que estaba de garda en agosto, que para nichos mellor falar co párroco de Duízo de Fisterra, pois podía conseguirlles uns tipo Le Courboisier. Foi entón cando o vello rebuliu e dixo que el quería Reganosa e o Panteón, que llo amañaran dunha vez e completo como pedira, que tiñan que caber cinco mil gaiteiros, con instrumento marcial e monteira picona. O diario seguiu enredando. Fixo unha enquisa a varios intelectuais. O presidente do aconsello, que viña de San Alberte de Parga, avogado da fala, dixo laconicamente: “Tarde piaches”. Diante do estrago, un asesor foi xunto a cega de Miranda, que lle contou onde estaba a gabardina de Carlos Casares e a camilla de Ramón Piñeiro, con tapete e todo, pero o mandado do think tank non quixo saber nada, pois non era tanto cousa de encher como de aquelar. Un periódico da capital, que tiña como único mérito o de ser acantazado polas sucesivas xeracións de estudiantes, fixo que o seu especialista en túmulos dedicara alomenos dúas páxinas ó asunto. Tamén en fascículos e plana enteira, o ex conselleiro responsable da desfeita proclamou que se o patrón era o Faraón el era o casto José, e que todo o da pirámide estaba claro como o diamante de Bishapur. Iso xa o veremos, dixo o presidente e montou unha comisión parlamentaria. Todo cheiraba a defunto. De novo o vello bateu co caxato no chan berrando: ¡Paghade, carallo! O alcalde da capital, por medo a que lle quitaran o bingo, clamou desde o campanario: ¡Viva Lalín con razón ou sen ela! E alá foron todos: os empresarios da cámara, os de turismo, os da zona vella e os do polígono, alcaldes dos arredores e o presidente dunha asociación de veciños, ademais dos consabidos plumíferos do periódico, que descubriron como amigo dos terroristas a un detractor do sepulcro. Tamén os concelleiros nacionalistas, cambiaron a chaqueta e chamaron a rebato os cidadáns: ¡Agora toca ir polo rego!. Namentres na feira da Fonsagrada cantaba Firme de Batribán: “Unha vella pariu outra/ e outra pariu un arado/ a que pariu o arado/ quedoulle o cu descansado”. Definitivamente, este verán foi moi raro.

Barcelos #23 5/Setembro/2007 Barcelos

Polo que se ve hai publicidade encuberta en distintos foros.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: