Os usuarios da RECETGA, un servizo do CESGA que dá acceso a internet aos sete campus universitarios galegos e aos centros tecnolóxicos dependentes da Xunta, víronse sorprendidos esta mañá por un aviso remitido polos administradores da rede dando conta dun requerimento da autoridade administrativa estatal para o feche do acceso a un feixe de páxinas ultradereitistas onde se atacan a produtos e empresas de orixe catalana, ao Goberno, e aos nacionalismos en xeral.
Como queira que entre o listado de páxinas atópanse varias aloxadas nos servidores de Blogger, e ante a imposibilidade técnica por parte do persoal do CESGA de cumplir o requerimento da autoridade administrativa (non xudicial) de vedar o acceso a nivel de url, adoitaron a solución salomónica de cortar o acceso a nivel de enderezo IP.
Como resultado deste feito, ademáis de impedir o acceso aos blogues ultradereitistas Boicot Ya (http://www.boicot-ya.blogspot.com/) ou Hastaloshuevos (http://hastaloshuevos-com.blogspot.com/), de rebote tamén impiden á comunidade universitaria o acceso a outros espazos de interese social ou de investigación aloxados en Blogger, e mesmo a espazos tan "perigosos" como o da avoa blogueira (http://amis95.blogspot.com/) ou tan "recomendábeis" como o do Secretario de Organización do PSOE (http://elcuadernodepepeblanco.blogspot.com/).
A medida da autoridade administrativa ampárase na coñecida Lei de Servizos da Sociedade da Información (LSSI), aprobada no seu momento polo goberno do PP, e aplicada polo que se ve sen miramentos baixo o actual mandato socialista.
Con exemplos como este queda demostrado que é posíbel recortar dereitos fundamentais dos cidadáns, como os de liberdade de expresión e acceso á información, mediante a utilización de mecanismos administrativos que sortean o sistema de garantías xurídicas propias dun Estado de Dereito.
A min a avoa blogueira ou pepe blanco danme igual (con todos os respetos).. levo toda a semana intentando acceder a diversos blogues e non puiden.. agora xa sei que non poderei definitivamente. :(
Paréceme mal porque son miles de páxinas ás que non se poden acceder de diversos contidos útiles pra os universitarios entre outras cousas!.
Certamente agora xa estamos á altura dos tempos: ata temos CENSURA PREVIA !
Se os Internautas Galegos non nos poñemos en pé de guerra contra este tipo de CENSURAS XENERALISTAS en breve teremos a obriga de navegar polas webs da Administración antes de poder pasar polo Buscador de Google...!
E senon ó tempo... Hoxe comentáronme que a web de Galicia Bilingüe non era accesible dende a rede da Consellería de Educación...?
Non fixen a comprobación pero se é certo... a cousa ten máis alcance do que a simple NOTA DO CESGA da a entender como disculpa: sería unha CENSURA PREVIA BEN DIRIXIDA DENDE AS DIFERENTES CONSELLERÍAS...
Para mostra :
http://foros.galiciabilingue...
SE ESTES SON OS PROCEDEMENTOS DEMOCRÁTICOS GALEGOS...
PUTIN VAI RESULTAR UN DEMOCRATA DE TODA A VIDA...!!!
Estamos apañados... agora tocoulle o turno a CHUZA...
Polo que se ve andamos a preparar as vindeiras eleccións xerais dende o que se deu en chamar o blogomillo e os seus resistentes: Berto Yañez ven de RECALCULAR á súa maneira o Karma preciso para poder ter voz e voto en Chuza...
Lástima que este NOVO SISTEMA sexa tan selectivo cos Disidentes!
http://chuza.org/user.php?logi...
No ano e pico da miña andaina por Chuza non tiven que eu saiba comportamentos antidemocráticos nin empreguei o insulto por sistema como se pode comprobar repasando novas e comentarios... pero polo que se ve imos empezando a SILENCIAR a quenes NON comparten certas imposicións lingüísticas pouco explicadas polo actual Bipartito!
Supoño que o único pecado que cometín foi manter o interés polas novas que favorecen o Bilingüísmo en Liberdade...!!!
Neste sentido saúdo a nova cabeceira GALICIAE que aposta por un formato Bilingüe e Libre e con CALIDADE.
http://www.galiciae.com
Estas iniciativas terán sen dúbida un futuro máis democrático e farán un mellor servizo a Galicia (á súa lingua e á súa cultura) do que os procedementos sumariais de SILENCIAR BLOGS - WEBS - USUARIOS na rede galega podan chegar a conseguir xamais...!
O malo dos DISIDENTES é que só calan cando están MORTOS !
E daquela quen vai soterrar ó cadaver ?
Porque Señores Censores esto empeza a cheirar a Podre !!!
Menudo xeito de terxiversar as noticias. Nin o titular nin a derradeira consideración reflexan para nada a realidade do sucedido...
A intención do Ministerio, en todo caso, era boa. Culpa do CESGA, que son moi brutos e se dedican a cortar polo san...! De seguro, ademais, que sen consultar se a medida era a axeitada...