O novo plano, aprobado este xoves 13, elimina a denominación de Ciencias Políticas e duplica un titulo xa existente na Universidade de Vigo.
A partir de agora os mozos galegos que queiran estudar Ciencias Políticas, terán que marchar fóra do noso país. O novo plano aprobado onte na facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC, elimina a denominación de Ciencias Políticas do futuro plan de estudos e opta por: "Grao en Xestión Pública" (nome de titulación existente en Pontevedra). Co cal, non só se deixan de ofertar un tipo de estudos, que tiñan bastante demanda, senón que de duplica outra titulación. Este grao adpatado a Boloña, comezará a se impartir no vindeiro curso 2008-2009 de xeito experimental.
Ao proceso, levado a cabo de xeito nada transparente, con legalización da comisión redactora "ad hoc". Súmaselle que na Xunta de Faculdade, había 6 alumnos do sindicato favorable ao plan, Prologos, que estaban en funcións (foran escollidos hai máis dun ano). Porque onte foron as eleccións á Xunta de Faculdade, e Prologos quedou sen representantes. Polo tanto, dicir que ese plano está aprobado por un xunta ilexitima (non é ilegal, porque nos estatutos está recollido que se pode aprobar dese xeito) Dicir que nesa Xunta había ex-estudantes que non tiñan vinculación orgánica ca USC. Tendo en conta que o resultado ademáis foi extremadamente axustado. O SI acadou 19 votos, e o NON acadou 17. Polo tanto, se a Xunta de Facultade estivese constituida atendendo ós resultados do mércores 12, o plano teriase freado a tempo.
O plano ten uns culpables moi claros: O vicerreitor Máximo Pló, (que legalizou "ad hoc" unha comisión sen validez formal). A equipa decanal, comandada pola decana Nieves Lagares, o vicedecano Miguel Bastos, o ínclito (ex)presidente de Inicativas 21, Ramón Maiz, o televisivo Antón Losada e tamén polo ex-vicepresidente da Xunta de Galiza, X.L. Barreiro Rivas. A eles, que tanto se lle enche a boca de democracia, non dubidaron en empregar todos os mecanismos informais ós seu alcance -incluido o rodillo- pra aprobar un plano que ten ó 99% do estudantado, a 3 departamentos e á metade da Xunta de Faculdade en contra.
Por último, dicir, que os estudantes da actual Licenciatura de Ciencias Politicas, convocados pola "Plataforma polo non" estiveron concentrados dende as 16.30, ata que os membros da Xunta saíron, sobre as 20.45 . Deron un exemplo de civismo e protesta pacífica. Xa que únicamente, houbo un pequeno momento de tensión, cando se soubo que o plano fora aprobado. De feito, algun profesor, chamou á policía, que apareceu sobre as 8 da noite, apostandose nas inmediacións da faculdade. Finalmente, a tensión reduxose, e os membros da Xunta de Faculdade sairon, entre aproximadamente 200 alumnos, que estaban sentados pacificamente e en silenzo no chan da facultade pra amosar o seu descontento.
Os procedementos de destrucción da actividade crítica na Galiza, non desaparecen cun cambio facial no Parlamento. A socialdemocracia analfabeta xoga ó mesmo xogo que a dereita campesina. Destrucción sistemática de toda posibilidade de enunciación democrática. Poñer lume no ágora; arruinar cada tensión cara o imposible fechando as portas da gloriosa morada do estadodelbienestar (ma/olestando). Vai máis aló do proceso de aniquilamento dos dispositivos explícitamente marxináis. A modernización da Galiza entendida como a súa incorporación na sistemática capitalística global, non como unha experiencia alternativa de goberno. A fin da re(-e)sistencia pola vía fascista da enunciación, do traballo sobre a conciencia aniquilada, esgotada.
Plena solidaridade dende o Proxecto Derriba cos compañeiros da facultade de Políticas.
A Komun se lle esqueceu dicir que detrás, como un invisible elefante na esquina, estaba o ínclito ex-vicerreitor con Darío Villanueva, en excedencia do departamento de Ciencia Política e agora Secretario Xeral da Secretaría de Análise e Proxección de Presidencia, José Manuel Rivera Otero, coñecido por todos como Petene, que uns días antes da infame xunta de facultade mantivo unha reunión no propio centro universitario con membros de distintos departamentos e contando coa presencia da decana imprescindible mamporrera. A súa amizade no rectorado e a Conselleira de Educación ven de vello. A sorte está botada. ¿Que dirán os rumorosos da equipa de goberno da USC, os Calíns, Titos, Elías, etc.? Se lles queda algo de vergonza deberían paralizalo.
Teño que dicir que tes toda a razón. O señor (por dicir algo) Rivera Otero, parella da actual decana (que foi quen a puxo onde está) te moita man nisto. Pero a causa está clara, mirade todos quen están detrás dun Master de Márketing Político. E dicir, o novo plano é facer que todos teñamos que pagarlle ó señor Petene e á sua "chorba" por escoitar charlas de cafetaría. E non sigo falando, porque probablemente se o fago acabe diante dun tribunal
Políticas como Filosofía, para a dereitona, debe desaparecer canto antes e non van desperdiciar ningún medio para elo. Quenes están na millor posición para exercer o poder para elo é precisamente o profesorado, que dispón das estructuras para arrasar con todo o que non resulta de interese.(Que se dupliquen as titulacións, se é a favor, tanto ten)
Algún día esas pandas deberan ser responsabilizadas por ser directamente executantes de ordes contrarias á xustiza e libertade, neste caso, do estudantado (na realidade a sociedade enteira) precisado como nunca de coñecimentos de Políticas e Filosofía.
Son Politóloga. Ninguén sabía o que era e, ainda hoxe, a xente dubida cando lle dis que estudaches Cc. Políticas... Custa moito abrirse camiño neste terreo pero é a nosa elección! Non somos "futuro funcionariado", somos politógos e politólogas porque queremos e, tras 13 anos de Facultade en Galiza, as cousas comezaban a irnos algo mellor...
Estarei eternamente agradecida ao profesorado da orientación de "Estudos Internacionais" da NOSA facultade (fundamentalmente a Irene e Rafa, da casa) por abrime as portas ao mundo e facerme máis doado a entrada no ámbito da cooperación internacional.
Unha das maiores cualidades do alumnado da facultade de Ciencia Políticas é a súa capacidade para construir opinións formadas sobre a realidade que vivimos, de ser crítico, de pensar, de demandar xustiza social... algo necesario no mundo no que vivimos onde o pensamento único segue a extenderse... E as/os artífices deste don son Ramón Bouzas, Marga Gómez-Reino, Marta Lois, Tita Diz, Fuco,... Son os que máis traballan e, tamén, os que mellor o fan... pero os que mandan son outros!!
Nieves, Bastos, Barreiro, Artaza, Rivera,... non vos percatades dunha cousa: Grazas a estar 5 anos estudando CIENCIAS POLÍTICAS, coñecemos os nosos dereitos, sabemos que se trata de xustiza, de democracia real; sabemos como actuar, como organizarnos; e, sobre todo, sabemos como luitar contra os fascistas!!!!
Agora teremos que ir a polo decanato e parar o plan ¿quen será o noso candidato?
5 anos facendo unha carreira que todo o mundo me pregunta para que serve pode parecer un pouco frustrante... pero non os que facemos políticas temos algo máis que unha ansia voraz por ter un título, temos ansias por aprender, por convertirnos en cidadáns con capacidade de análise e crítica
Non hai moito tempo q me licenciei nunha carreira multididciplinar, contemporánea... que me gustou estudar, porque con ela aprendín a ser cidadá.
É indignante que aqueles que nos dicían q os de políticas íamos a comer o mundo, agora boten todo ese discurso por terra... a ÉTICA non é só unha palabra valeira que queda ben nos discursos!!!!!
NON Ó PLAN!
Ola,
Ante tudo e antes de nada, Si ao plan!
Por fim, a carreira que com tanta ilussão cursei e que
de tão pouco me valeu para a minha vida laboral e
profissional, vai mudar para fazer-se um pouquinho
mais seria e competitiva.
Todas esas asignaturas inúteis, que não faziam mais
que molestar e não aportavam nada bo á nossa formação,
e so serviam para justificar que alguns lacazans e lacazanas
cobrassem soldaços por dizer auntenticas burradas,
típicas de hippies frustrados que vivem em universos
paralelos desconectados da realidade, vão desaparecer,
para dar passo a un ensino verdadeiramente
profissional e em contacto com a realidade, con
consciência do funcionamento real da economia, das
empresas e dos mercados, que são os que nos vão dar
trabalho ao final e onde imos ganhar os cartos, que
para isso estudamos ou não?
A situaçom em Políticas, pese a estarmos em férias, continua a avançar. Provavelmente ao voltarmos às aulas a vindoura semana atopemo-nos com desagradáveis surpresas, fruto da bom fazer da nossa equipa decanal, que de seguro aproveitou boamente estes dias de ausência do estudantado para fazer e desfazer ao seu gosto.
De todos jeitos, @s estudantes de Políticas temos mui claro porque estamos a luitar e nom vamos abandonar as nossas vindicaçons, quanto menos até termos esgotadas as vias universitárias. No entanto, com o fim das férias começará de novo a pressom. Nengum orgao universitário nem de nengum outro tipo poderá fazer-nos ir cara atrás. Só as decissons que tome o conjunto do estudantado decidiram o nosso proceder: continuar a greve indefinida ou da-la por finalizada. Decidamos o que decidamos, esgotaremos as vías formais já abertas. Caminhamos muito e nom imos parar agora...
Cachorros perigosos, guau guau guau!