Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A morte de Pardo de Cela e a fin da resistencia á expansión castelá

Este 17 de decembro cúmprese aniversario da execución do mariscal Pardo de Cela.

Enviada por tacher tacher o 17/12/2007 13:37 ás 471 visitas

O noble caeu axusticiado en Mondoñedo un 17 de decembro de 1483. Segundo o historiador Anselmo López Carreira, esta data entraña un fondo significado, pois marca o fin da resistencia á expansión castelán.

Os Reis Católicos, e a nobreza castelán, afirmados na política expansionista imperial, proceden a unha sistemática "castración e doma do Reino de Galicia", imaxe realista do trato dado a a Galicia polos Reis. Especialmente encargáronse de eliminar á nobreza laica.



Visto en Radiofusión.


4/5 (4 votos)


Comentarios (5)

XurxoMG #1 18/Decembro/2007 XurxoMG
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Alén de lembrar esta data, que o mesmo Antón Villar Ponte propuxera como día de Galiza na 2ªAN das IF (e que perdeu fronte ao 25 de xullo, día de Santiago), nunca deixo de pensar que se esquece a figura real do Mariscal: nobre inimigo dos irmandiños. Está claro que o Mariscal se arrepuxo á política centralista dos RR.CC., por cuestións de poder non por conciencia nacional como miraron no seu día a historiografía galega. Mais o Mariscal fuxira da furia irmandiña naquela 2ª Rev. (1467-1470) onde gobernaron o reino dándolle xustiza e paz. POr iso, e enfío co principo, nunca deixo de pensar no pouco valorado que estáns os Irmandiños cando representan unha revolucuión triunfante, socialmente das camadas populares e que representa un fito na historia galega e mesmo europea.
Un saúdo!

iconoclasta #2 19/Decembro/2007 iconoclasta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Suena bien esa historia heroica.. Pena que sea mentira.

Sobre Pardo de Cela, ya mi predecesor dice algo. Añado que apoyó a la reina Isabel frente a la Beltraneja. Creyó que eso le daba permiso para continuar sus desmanes contra el campesinado. Su ejecución fue celebrada por la "gente menuda"

"Doma e castración de Galicia" ¿Autor?. No, no fue el historiador aragonés Zurita. Se la inventó directamente Castelao. Los historiadores galeguitas prefieren seguir explicando la leyenda a sus alumnos. No sea que piensen por sí mismos..

XurxoMG #3 19/Decembro/2007 XurxoMG
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Iconoclasta:
Iso de que foi tan alegremente celebrado "pola xente miúda", tampouco o miro eu. Lembra que un dos textos máis antigos do galego é o pranto da Frouxeira, que se mantivo na oralidade, polo tanto, por parte da "xente miúda". Co cal si existía daquelas certa "simpatía" por Pardo de Cela, pois tamén é certo que logo da derrota (que non foi tal, foi un pacto demostrado xa en documentos) a relación entre vasalos e señores foi diferetnes, a prol dos vasalos, obviamente.
Da "doma e castración", efectivamente é de Zurita, cronista oficial dos RR.CC. Se queres acudir á fonte douche a referencia: Anales de la Corona de Aragón, Libro XX, Cap. LXIX. Se cadra ser "iconoclasta" implica non dicir tamén a verdade. Só se trata de botar abaixo mitos e iconos.
Non se trabuque o touciño coa velocidade!

iconoclasta #4 20/Decembro/2007 iconoclasta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Xurxo:

Sobre lo primero, nada tengo que decir. No es este el sitio de discusión

Sobre lo segundo: Zorita habla de "doma", palabra común en el vocabulario político de la época. Es Castelao quien añade castración, que es lo que hace inolvidable la frase.

Añado la cita: En aquel tiempo se comenzó a domar aquella tierra de Galicia, porque no sólo los señores y caballeros della pero todas las gentes de aquella nación eran unos contra otros muy arriscados y guerreros, y viendo lo que pasaba por el conde -que era gran señor en aquel reino- se fueron allanando y reduciendo a las leyes de la justicia con rigor del castigo

Carlinhos #5 21/Decembro/2007 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Enno nome de Deus Nostro Senhor Eu Carolus de Vila Nova ben vos digo que guisedes ben e en saçon as voossas peendenças e as vostras lides e umildossa mente beijeys as maos do douto senhor Andselmo Lopeci Carraira muyt alto erudito e muy bon e de moyta sabbedoria que ele ha et ten escripturas e he home de muyto prez e muy bon saber que de la maa vivençia dos sennhores et cabaleiros e do seu furtar ét rroubarr e seeren moyto arriscados et moy gerreiros. Doutor Andselmo gran ren sabe e conhez Se assi non quigerdes e se al figerdes et for autren o que eu vos digo gran pestilençia caia sobre a terra que morades e sya maldito e excomungado e cum Judas traedor no Inferno danado et super isto peyte mill de marabedís d'ouro.Carolus Alcaide Maior da Santa Irmandade de Vila Nova

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: