- Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe, chama aos hispanófonos a unha "cruzada" lingüística contra la "imposición del gallego"
- A defensa da língua galega parte de "mentes calenturientas" e "ensoñaciones identitarias de una Galicia que nunca existió"
- A derrogración da "absurda y perniciosa" Ley de Normalización Lingüística convértese na principal demanda.
- O cumprimento do decreto supón "una obra de teatro en la cual los niños y los profesores tienen que utilizar una lengua impuesta"
- Lago compara a Manuel Rivas con Vicente Risco por defender "el sinsentido de una identidad basada en la Terra y la Lingua"
- "La normalización del gallego crea problemas psicológicos" sostén ao referirse a un caso dunha nena de doce anos que "va medicada a los exámenes de Coñecemento do Medio".
- O concepto de Lusofonía, motivo constante de mofa por parte da conferenciante e do aforo.
- Manuel Rivas, Castelao, A Mesa, a Xunta, CIG, Xerais, Carlos Callón... ninguén se libra dos ataques de Galicia Bilingüe
- Sobre a Mesa pola Normalización: "les hemos dejado crecer y hacerse fuertes".
- No exterior, decenas de manifestastes galegófonos eran reprimidos por un basto dispositivo antidisturbios.
O acto de presentación de Galicia Bilingüe en Vigo congregaba no Teatro García Barbón a máis de 500 hispanófonos que aplaudiron constantemente as intervencións de Gloria Lago e de José Pousada, representantes da organización. O público, maioritariamente de mediana e da terceira idade, asistiu a unha detallada explicación dos obxectivos desta asociación, entre os cales a proposta estrela é a derrogación da Lei de Normalización Lingüística. Corina Porro (ex alcaldesa de Vigo, PP) acudiu ao acto en compañía de decenas de coñecidos militantes do PP vigués.O acto foi interrompido catro veces por activistas a prol da língua, que portaban pancartas e cartaces co lema "o bilingüismo é españolismo", prontamente reducidos polos propios asistentes que os insultaron e agrediron aproveitando a confusión creada. Un dos activistas que subiu ao palco durante a elocución de Gloria Lago foi golpeado na cara en reiteradas ocasións. No interior había unha dúcia de axentes de seguridade privada que se encargaron de conducir ao exterior aos espontáneos, reténdoos até a identificación policial.
O castelán como "evolución lóxica" e "garante do benestar"
A presidenta e portavoz da asociación sitúa os inicios da "imposición lingüística" no nacemento da autonomía galega, momento no cal "nuestro otro idioma, el castellano, fue relegado y considerado como impropio de Galicia", e relacionando as aspiracións de autogoberno con "disparates étnicos de una Galicia que nunca existió". Así pois, asegurando romper "ciertos mitos y tabúes", sinalou que a língua galega nunca fóra discriminada e que os 500 anos de "asoballamento" serían en realidade "700 años de convivencia y coexistencia pacífica, desde la época de Alfonso X". Despois de xustificar os antecedentes históricos da hispanofonía en Galiza, e convidando á consulta de "pleitos y textos de la época que así lo certifican", así como "referentes claros de que en el s.XVI la lengua mayoritaria en Santiago, las urbes y villas era ya el castellano", defendeu o papel de Isabel a Católica como "garantes de los derechos de un pueblo que buscaba acabar con los desmanes feudales". Así pois, o proceso de substitución lingüística non respondería a ningunha imposición, se non a unha "elección voluntaria de un pueblo que buscaba su bienestar", incorporando progresivamente una lengua común, creada por el pueblo, sencilla en su fonética y escritura, que permitía viajar, comerciar, y elaborar documentos", nun proceso de "evolución lógica".Continuando coa revisión histórica, Lago sostén que cada lingua tería ocupado "su propio lugar hasta comienzos de la Autonomía" e "enriqueciéndose una a la otra", feito que desmostrou na castelanización do galego e no acento e xiros coloquiais dos hispanófonos, "palabras entrañables como mangallón" ademáis do "uso de los diminutivos".
Unha "coexistencia pacífica de lenguas" interrompida pola autonomía
A presidenta de Galicia Bilingüe defende que a coexistencia pacífica foi interrompida con "los inicios de la autonomía y la promulgación de la Ley de Normalización Lingüística", un momento no cal "con el pretexto de la defensa de la lengua gallega habían nacido una serie de colectivos" fundamentados na herdanza de "ciertos escritores gallegos que nos dejaron mucha literatura pero legaron unas ideas caducas" como Castelao "que sostenía la galleguidad por obra y gracia de la lengua" y que "adoctrina a nuestros niños en que el bilingüismo no es posible porque la lengua poderosa asesina a la otra".
Manuel Rivas e Castelao, "escritores con ideas caducas"
Tamén houbo tempo para atacar a Manuel Rivas, que comparou con Vicente Risco na "defensa da identidade definida pola Terra e Língua", momento no cal suscitou os risos do público ao ironizar sobre a "implicación ecológica del toque Greenpeace". Aprobeitou para cargar contra a CIG por certos contidos da súa páxinas web, e deu paso a un bloque íntegramente adicado á Mesa pola Normalización Lingüística.
"Los hemos dejado crecer y hacerse fuertes"
Gloria Lago sinalou que en torno á Mesa "giran otros grupos cuya carga ideológica se sitúa fuera del sistema". Neste aspecto, lamentouse de que "los hemos dejado crecer y hacerse fuertes, y ahora son ellos los que dictan la política lingüística". Acusou a Carlos Callón, presidente do organismo de defensa do galego, de pretender "eliminar el castellano de la enseñanza e introducir el portugués" (aseveración que produciu de novo risas entre o público).
Problemas psicolóxicos nos nenos
Mostrou a súa preocupación polo Decreto que permite que "en muchísimos centros sólo tengan una asignatura en español" cando "ni siquiera en las zonas rurales los paisanos quieren un modelo integral en gallego para sus hijos". A este respeito, sinalou o cumplimento da Lei como "una obra de teatro en la cual los niños y los profesores tienen que utilizar una lengua impuesta" e recoñeceu ter vulnerado a lexislación na súa aula. A continuación, Lago expuxo os problemas dunha nena de doce anos que vai "medicada a los exámenes de Sociales y Coñecemento do Medio por la dificultad del gallego" e incidiu nos problemas psicolóxicos que a normalización pode crear nos alumnos.Lago denunciou a pretensión por galeguizar nomes e apelidos, motivo que unha vez máis xerou gargalladas no aforo, e sinalou que que a normalización da língua vai parella "al adoctrinamiento ideológico" que pretendería "la exlusión del español". Atacou duramente os contidos da materia de Língua Galega, en especial o libro de texto de Xerais que acusa de "escoller imágenes violentas y poemas que hablan de la República Galega y otras barbaridades". Ademáis, acusou aos inspectores de educación de exercer de comisarios políticos.
Situación "única en Europa" producto de "mentes calenturientas" e "ensoñaciones identitarias"
José Posada tomou a palabra, finalmente, para explicar as medidas que propón Galicia Bilingüe, encamiñadas á derrogación da "absurda y perniciosa" Lei de Normalización Lingüística. Entre outras propostas, exhortou aos hispanófonos a denunciar os edificios oficiais que non estivesen rotulados nos dous idiomas e a esixir documentación en formularios oficiais en castelán. Tamén esixiu a limitación drástica de subvencións de Política Lingüística para que non interfiran nos mecanismos do libre mercado. Por último, denunciou que o caso de discriminación dos hispanófonos en Galiza é "sangrante" e "único en Europa". Atribuiu a defensa da língua galega a "mentes calenturientas" e "ensoñaciones identitarias de una Galicia que nunca existió", á parte de condenar a un poder político que "mediante un proceso de ingeniería social pretende entrometerse en la vida de los ciudadanos".Para subverter a "discriminación da la lengua española" nos colexios propón a afiliación masiva ás APAS e como colofón, lembrou unha cita sobre a fin da "coexistencia pacífica" de linguas en Catalunya como consecuencia do Goberno Pujol logo da fin do Franquismo. Cifrou en 14.000 os "exiliados" do país catalán por motivos lingüísticos.Gloria lago retomou a palabra para invocar unha "Cruzada" lingüística por "todas los rincones de Galicia" para atallar a "discriminación do castelán".
A Lusofonía, motivo constante de mofa
Respeito a unha proposta da Fundación Vía Galego para favorecer diplomacia galegófona en países da lusofonía, os asistentes voltaron rir de novo, como anteriormente o fixeran ao citar Lago a proposta de introducir o portugués no ensino. Tamén houbo espazo para criticar a normativización do galego, ao contar o caso dunha dona que se lamentaba de que "o cura na misa falaba en portugués e non logrei entender nada". O concepto de lusofonía ou de identidade entre galego e portugués convertíase nun motivo frecuente de risa e ironía por parte de conferenciantes e público, así como a proposta de re-galeguización de nomes e apelidos.
Policarpo-Sanz, baixo sitio
A conferencia demorouse corenta e cinco minutos debido ao operativo policial e antidisturbios que tiña lugar nas inmediacións do teatro García Barbón. Desde horas antes, case unha centena de policías rodeaban o Teatro, acompañados dun amplo dispositivo formado por brigadas motorizadas e furgóns blindados, destinadas a protexer aos hispanófonos dos eventuais altercados que se puidesen producir. A presenza sobre-dimensionada das forzas de seguridade non conseguiu disuadir aos manifestantes galegófonos, que pouco a pouco se ían posicionando en fronte do teatro, momento no cal as FSE ían cercando o núcleo que se comezaba a formar. Provistos dunha faixa onde se vindicaba o idioma galego, a capacidade de movemento das decenas de concentrados víase limitada polos axentes que os cercaban. Minutos despois, logo dun estourido aínda por determinar, mais presumíbelmente unha detonación dun dispositivo anti-disturbios, producíase unha primeira carga que deixaba vários contusionados, entre eles un concentrado cunha ferida na cabeza. De maneira inxustificada, os anti-disturbios arremetían contra os manifestantes para reprimir a manifestación , cando nada indicaba que supuxeran un perigo potencial. A agresión violenta a un dos manifestantes, na cal os axentes golpearon con saña a un veciño de Coruxo, baixo a frase "a ti te teníamos ganas" pode dar idea do nível de violencia exercido polo operativo. Despois das carreiras por Policarpo Sanz, de varias identificacións arbitrarias e do intento de confiscar a video-cámara dun reporteiro, o grupo ficaba disperso. Un reagrupamento e posterior reubicación por parte da policía remataba nunha concentración controlada na esquina inmediata ao teatro. A detención dun manifestante provocou unha concentración pacífica diante da comisaría.
Cruzada contra a Imposición Lingüística!
Cicais sexa pouco afortunado o termo empregado pola presidenta de GB para arengar ós participantes no acto a seguir recollendo sinaturas a prol da Liberdade Lingüística en Galiza… pero ante a realidade lingüística que estamos a vivir nos últimos meses compre tomar distancias daqueles que pensan seguir o camiño da ‘inmersión lingüística’ especialmente nas cidades nas que –como todos ben sabemos- o uso do galego é, cando menos, moi minoritario entre os xoves.
Non parece de recibo que mentres algúns denunciamos que unha lingua NON SE FALA POR DECRETO outros estades empeñados nunha ‘cruzada galego-institucional’ que convirte ós que falamos castelán en pouco menos que traidores á patria e á terra…!
Estas noticias non deberan pasar de anécdotas pero algúns estades a facer delas unha categoría perigosa para o futuro da lingua e cultura galegas. Son moitos os foros nos que se tilda de ‘fascistas’ ós que defendemos a Liberdade Lingüística, as rapazas que interrumpiron a conferencia de GB berraban ‘o bilingüísmo é españolismo!’… e certamente que o é… pois vivimos no Reino de España (Estado Español para outros) e polo tanto a afirmación dos defensores da imposición lingüística non dí nada que non sepamos: galegos, vascos, cataláns, canarios… somos todos españois falemos o que falemos, vivamos coma galegos ou vivamos coma asturianos….!
Porén aqueles que fan da lingua unha ‘cruzada nacional’ xa que ó parecer non teñen outro xeito de amosar a súa galeguidade e amor por esta terra máis que seguir cal papanatas as directivas dos filólogos de turno en sucesivas e pouco afortunadas reformas ortográficas que veñen a separar ós galegos e galegas en escolas e tendencías máis que a recuperar o idioma común… (de aí as risas sobre a lusofonía…) son os que ó parecer están máis doídos coas iniciativas que preconizan a liberdade dos falantes para expresarse na lingua que lles próa…!
Sentidiño, pouco pero que dure… é o meu consello ós que tan alporizados estades ó regreso das viaxes institucionais á unha Cuba post-revolucionaria subvencionados pola Conselleira de Cultura grazas ós impostos de tódolos galegos e galegas falen a lingua que falen… (pois ó parecer para recoller cartos non hai que pedir o Celga…)
Esta terra sempre foi bilingüe (cando non diglósica) e non vai ser grazas ós decretos que mude a situación da fala real das xentes que a formamos… se estivesedes en Santiago o pasado domingo escoitaríades un berro sabio: ‘Goberne quen goberne: Galiza non se vende!’ Nesto discrepo das palabras pronunciadas por Gloria Lago –presidenta de GB- cando xuntaba irónicamente a Vicente Risco con Manolo Rivas para dicir que tiñan un certo toque Greenpeace…
Tomo aquí prestadas as verbas de Rivas cando afirma o seguinte: “se hai algunha prioridade lingüística, é a da defensa da natureza, das xentes e as cousas que esta lingua nomea. A sorte da lingua galega radica nesa imbricación ecolóxica coa sorte da terra.
(O porco, o estranxeiro, e a heterodoxia necesaria. Publicado o 23.02.2007 en El País).
Confío en que a cita non o convirta en sospeitoso de rebeldía contra as imposicións filolóxico-lingüísticas ás que tan afeitos están os nosos políticos nestas horas escuras.
Somos moitos, somos miles, somos centos de miles os galegos que falamos cando nos peta e onde nos parece ben facelo na lingua que nos sae de dentro e dicimos moitas cousas, berramos alto e claro que goberne quen goberne: este pobo non se vende!
Permitídeme citar a outro galego ilustre, Isaac Díaz Pardo, nestes tempos aldraxado i esquecido polos que din ter as claves do futuro para esta terra (que o demo os confunda!) cando falaba fai meses sobre o futuro da lingua: senon facemos algo por Galicia o galego vaise ver reducido a unha ‘lingua litúrxica’ que empregarán os que viven dela… referíase daquela ós políticos do Pazo do Hórreo…!
Nunha palabra, as imposicións lingüísticas nunca foron cousa boa… e en nome da lingua que todos dicimos amar e querer conservar para ó futuro, sería máis sensato repartir entre tódolos galegos e galegas os 50 millóns de €uros do Plano de Lectura. Sen ir máis lonxe, entre os profesionais do ensino que deberan ver recompensado tamén o seu traballo a prol da lingua galega cando os demáis sectores están sendo ‘armados’ para esta ‘cruzada’ de imposición lingüística que a algúns parécevos a cousa máis normal do mundo.
O Decreto de Normalización do Ensino debera contar cos profesionais docentes se quere rescatar a dignidade no uso do galego.
Erasmo.
Amante da súa lingua e da Liberdade !
Para ser binilingüe en castelán, que é o que se defende, o nome queda moi longo de máis: desmesurado!
Por certo o voso Marianete fíxovos treizon ata hoxe, utilizando a binilingüe: hoxe xa apareceu no seu ÚNICO IDIOMA: só tiveron que lle colar nos mesmos cartazes co IDIOMA IMPERIAL!
Sr. Erasmo non descontextualice e moito menos auto-interprete as palabras de dúas persoas tan respetables como O Sr. Isaac Díaz Pardo e o Sr. Manolo Rivas cuxa traxectoria na defensa da NOSA LINGUA E DA NOSA CULTURA-non precisamente da advenediza que vostede defende como nosa, pero que non o é- é intachábel, coherente e en ningún caso ambigüa. Asi que por favor ,sexa vostede tamén coherente e defenda o que considere que deba defender ,está no seu dereito. Faltaría máis!!pero non sexa demagogo e non pretenda que creamos na súa imparcialidade porque non hai tal. Asegurolle que ningún das dúas persoas que vostede cita asianará a carta de Galicia Bilingüe , nin defenderá ningún dos seus postulados.
Un saúdo
#5 Certamente ningún dos dous asinará o Manifesto GB o que eu veño a dicir e que cicais tampouco asinarían a 'persecución lingüística' que algúns andan a esparexer polos medios i o territorio nestes días.
A súas palabras non as auto-intepreto eu (eles as pronunciaron e escribiron eu non) e a maior abondamento o propio Presidente da RAG sostivo as súas dúbidas ó respecto da 'presión lingüística na Secundaria' como método para potenciar o uso do galego na vida deste país... (lembrades as críticas que tamén tivo que soportar?).
Eu sosteño a tese da liberdade lingüística ó igual que sosteño calquera outra liberdade civil que faga dos galegos e galegas xentes adultas que sexan quen de construir a súa identidade en liberdade!
Calquera outro atallo paréceme, a máis de INUTIL, moi perigoso!
Sr. Erasmo:
Vostede que sostén a tese da liberdade lingüística ó igual que outras liberdades civís, supoño que estará de acordo en derrogar o parágrafo 1 do artigo 3 da Constitución Española " El castellano es la lengua oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho de usarla". Respostará seguramente que é inofensivo e que na práctica a ninguén se lle ocorre obrigar a usar o castelán, polo tanto, ¿apoiaría vostede que no novo estatuto se estableza o deber de coñecer o galego e o dereito de usalo?
Diante da súa afirmación de que "aqueles que pensan seguir o camiño da ‘inmersión lingüística’ especialmente nas cidades nas que –como todos ben sabemos- o uso do galego é, cando menos, moi minoritario entre os xoves". Nin o sabemos todos, nin Galicia son só Coruña e Vigo.
Os galegofalantes seguimos a ser maioría no noso país, que non se reduce a Coruña ou Vigo, e se houbo un retroceso no uso da lingua polos mozos teremos que botar a vista atrás e lembrarnos de como era o decreto do PP sobre o galego no ensino, con dúas materias só en Galego e se se respectaba o dereito dos país galegofalantes a elixir a lingua do ensino do seus fillos. Tamén lembraremos como daquela destacaban nas manifestacións contra aquel decreto as voces de certos bilingües monolingües preocupados polo dereito de educar aos cativos na súa lingua materna - e pola súa saúde, para que non tiveran que medicarse- ¿Verdade que sí?
Imagino que os Erasmos e outros namorados da liberdade, discorrerão como estoutro paladino da liberdade e da igualdade, a quem lhe publica proclamas La Opinión de Zamora.
Por exemplo (nos comentários ao artigo de Celso Álvarez Cáccamo, «O discurso "Porquénotecallas"», coloquei outros textos que desbordam amor à liberdade e à igualdade: podem vê-los...):
::::::::
Cantos de sirenas
Antonio Civantos
Siento verdadero orgullo por ese tropel de mujeres gordas que ahora nos pueblan las calles. A los españoles, qué carajo, siempre nos han gustado las gordas. Necesitamos sentir plenitud carnal entre las manos, también bajo las caderas viejas de nuestras artrosis más íntimas y, sobre todo, al tacto mudéjar de los labios ávidos y presurosos. Siempre he lamentado, como buen reaccionario que soy, no haber vivido a lo largo y ancho del siglo XIX. Curiosamente, siento nostalgia de una época que nunca he vivido ni viviré, de una época en la que la mujer era admirada en toda su plenitud de dunas y temblores.
Claro que también los románticos y sus descendientes reivindicaron la estética de la mujer enfermiza, ojerosa, esquelética, como entre la vida y la muerte. Les recomiendo la lectura de las "Noches florentinas", de Henrich Heine, una deliciosa historia de amor entre un joven y una moribunda de piel casi traslúcida. Décadas después, Valle Inclán escribió una de sus Sonatas, creo que fue la de otoño, inspirándose en el mismo asunto, pues al marqués de Bradomín se le muere una muerta [SIC] entre abrazos de madrugada.
Estos amores como de ultratumba nos llegaron de América, justamente de la pluma misteriosa y terrible de Edgar Allan Poe. Recuerden ustedes su espeluznante relato, "La caída de la casa Usher", donde Lady Madelaine logra abandonar el nicho para caer en los brazos amorosos de su hermano y amante.
Es posible, mis queridos y leales amigos, que este modelo de amores de gotero y catafalco subyugue tan sólo a los buenos lectores, pero les aseguro que en la vida real, si es que existe una realidad al margen de la literaria, piensa uno que donde esté una verdadera hembra, una mujer de peso, imponente, y como algo desparramada de pelvis, que se quiten esas modelos de tallas imposibles, suspiros andantes y sin un pellizco que llevarse a los dedos.
De haber vivido en la época, un servidor se hubiera enamorado, pongo por caso, de doña Emilia Pardo Bazán, bombona, una de esas mujeres que llenan la salita de estar desde el mismo quicio de la puerta. ¡Ay, cuando doña Emilia se quita la dentadura!, le contaba, indiscretamente, Unamuno a Blasco Ibáñez.
También Ramón Gómez de la Serna, mi adorado Ramón, se enamoró de jovencito de una gorda maravillosa, Carmen de Burgos, Colombine, diez años mayor que él, un monumento de mujer que tuvo encendido de amor a medio Modernismo, desde Cansinos Assens a Paquito Villaespesa, que se escribía con todas las vanguardias del momento.
Para colmo de bienes, casi todas las heroínas literarias del XIX, me refiero a las del Realismo español, fueron tan bravas como generosas de carnes. Juana la Larga, por ejemplo, creación de don Juan Valera, es una deliciosa matancera de inabarcables y amplias miras, tanto de proa como de popa, un monumento naviero en toda regla.
También fuera de España, muchos hombres ilustres perdieron la cabeza por mujeres gordas. Entre ellos, el genial y rijoso León Tolstoi, que se le conmovió la entrepierna en cuanto avistó a la señora Tolstoi, Sonia de nombre, la cual lució orgullosa una de las gorduras más elegantes y atractivas de su tiempo. Según el libro de Shirer, "Amor y odio", Sonia fue una mujer muy femenina, además de inteligente, encantadora y bellísima. Aunque también haya alguna biografía que diga todo lo contrario, por ejemplo la de Cavallari, en la que ha sido falsamente descrita como una arpía sin entrañas.
Quiero decir que adoro, admiro y amo tiernamente a las mujeres gordas, siempre que su amplitud, claro está, haya sido adquirida gracias a la melosidad de la vida, es decir, a esas golosinas furtivas en las largas noches de invierno, a resguardo de infinitas tazas de chocolate ardiente y otros inocentes afrodisíacos.
Sin embargo, amigos míos, hay otras gorduras que han sido edificadas con la sangre caliente de nuestros muertos. Y me importa un carajo el pataleo cómplice de cualquier oscuro feminismo.. ¡Hay tantas clases de complicidad!
Por min que defendan o que queran... pero que muden o nome porque están a enganar... como pretender obter estudantes bilingües co seu programa educativo que recomenda o apartheid lingüístico? As linguas se aprenden a falar falándoas. A miña lingua materna é o castelán (chámolle así, pois ese o seu nome), pero a miña lingua é o galego... grazas o galego tamén falo portugués (gha gha gha... agora eu me río) Para min o galego e o portugués son linguas diferentes pero evidentemente moi próximas, que hai de malo nun achegamento (ortográfico, gráfico, ...) para nos entender mellor (gha gha gha sigo a rir). E despóis estes chámannos pailáns a nós!
Acabo de ver a "longa" reportagem da referencia (#10). Apesar de a vez dos presididores da "cousa" ser ininteligível, sim percebi o chamado insistente da concorrência à liberdade (ha, ha, ha) e mesmo gritos de "fascistas" aplicados aos que, no ato, pretendiam exercer essa liberdade, aos contrários de GB (ou, como se intitula a tomada de imagens, "Falácia Bilingue"... Mas não seri mais próprio FALÁCIA UNILINGUE?)
Se os congregados e os congregantes fossem realmente "amantes" da "libertad", por que não convidaram os contrários a exporem os seus pontos de vista para, a seguir, contradizê-los num debate com certeza muito mais interessante do que a monocorde exposição da ideologia unilinguísta, esmagadora real da liberdade de idioma (que predicam) baseados na desigualdade radical que a Constitución espaÑola de 1978 impõe?
Erasmo humanista e demócrata une-se timidamente de novo à Santa Cruzada. Vaia, vaia.
De novo a erásmica tese de "se queréis que os profes ensinemos em galego,...ehmm, money, money, money"
Imposição, bla, bla, bla, palavras bonitas, bla, bla, bla, democracia, bla, bla, bla, dinheiro, dinheiro, dinheiro!
Para normalizar o galego, no ensino são necessários uns mínimos:
1.- Professores linguisticamente COMPETENTES, galegofalantes, algo que não se consigue com o de química dando língua galega, nem com "profes de galego grazas ó cursiño avanzado de galego-xunta".
2.- Que se expliquem (e não falo de ortografias) TODOS os dialectos do Galego, os de dentro, e os de fora da Galiza. Evidentemente há que conhecê-los.
3.- Que exista uma vontade normalizadora, real, não de palavra. Para isso o galego tem que ser usado para o comentário de história, o nome das partes do sistema reproductor e a explicação do teorema de matemáticas. Porque um dos principais problemas da normalização é o uso em certos registros, cultos ou técnicos.
4.- Que o professorado que odia o galego, se vaia a dar aulas à Espanha (eu não sou demócrata, ou ao menos não coma vós).
A Liberdade e respectar os dirweitos linguisticos de TUD@S, sejam castelhano-falantes, angloparlantes, em frances, italiano, bretom etc etc etc em qualquer parte do mundo, independentemente de qual seja a lingua oficial desse lugar...Eu moro em Inglaterra e ninguem me impide falar a minha lingua: o galego, como tamem escuto falar em italiano, bahasa, urdu, tagalo, hindi, mandarim, frances, gales, polaco etc tec...Mais a lingua veicular do ensino e da Admon e o ingles...Normal?? Nom estamos em Inglaterra?? Mesmo em Tower Hamlets ou Stratford com fortes minorias (maioritarias ali) asiaticas o idioma veicular e o idioma de Inglaterra, que casualmente se chama ingles...mais ninguem impide a ninguem falar na lingua que queira e professar a religiom que lhe pete...Eis a Liberdade e o Respecto....e o Sentidinho...
Maeloc, Amante da Liberdade e da Dignidade
Invitaríavos a entrar en moitas aulas nas que se cumpre a normativa (por imposición legal) e comprobar de primeira man como se fala e escrebe a lingua de Rosalía...!
Unha lingua non se fala para 'ferir' os ouvidos dos que a escoitan e moito menos cando este axente normalizador debera ter a maior das competencias lingüísticas xa que é o transmisor do amor á lingua nas novas xeracións e futuros falantes da lingua galega no século xxi.
A algúns profesores debéraselle prohibir falar galego diante do seu alumnado cando non son quen de facelo con un mínimo de calidade!
Nunha palabra, se queremos traballar a prol da lingua mellor sería falar na lingua que cada un teña mellores competencias e facelo de xeito que a normalidade sexa a tónica xeral para tódolos falantes (e fuxir, coma do demo, de calquera medida NORMALIZADORA imposta por Decreto!)
AS LINGUAS -e menos a propia- NON SE FALAN POR DECRETO !!!
Felicito a Gloria Lago pola súa contribución á conciencia nacional galega
Sr. Erasmo. A lingua propia de Galicia(O GALEGO) debe ser a máis díficil de todas as do mundo. non remato de comprender como os nenos e nenas da Fonsagrada, de Friol, de Vimianzo, de Bretoña,...
son capaces de aprender perfecamente o castelán -(ESPAÑOL como prefiren vostedes os de GB chámarlle, se lle son sinceiro eu tamén prefiro chamarlle así, seguramente por distinos motivos) - con tempos compostos incluídos. Porén os profesionais do ensino non son capaces de aprender galego(será que padecen algunha eiva especial, que haberá que corrixir??)Será talvez que a distancia é menor entre o galego e o castelán que entre o castelán e o galego?? ou será que hai outras razóns ocultas??Porque non deixa de ser curioso que eses mesmos profesionais do ensino dominen o suficiente francés ou inglés como para dar as aulas de física, naturais etc nos bacharelatos bilingües.
Por certo todos eses, que segundo vostede feren os oídos , teñen todos os cursos que acreditan o seu coñecemento da nosa lingua que por certo puntúanlles en múltiples ocasións. Non coñezo ningún que renunciase a que lle puntuasen dada a ocasión.
Evidentemente as linguas non se "falan" por decreto (ninguén pretende que todos falen en galego, cousa que por outra parte tampouco sería nada especial dado que vivimos en Galicia pero,en fin! ) pero sí que se aprende por decreto, para que no futuro todos sexan competentes nas dúas linguas oficiais en Galicia, na propia e na do estado, e desde a liberdade que lles da ser competentes nas dúas poderán elixir en cal desenvolven a súa vida particular, e poderán empregar correctamente a deban empregar na súa vida laboral.
Mire a miña lingua de instalación é a propia de Galicia,é na que soño, na que falo, na que me enfado e na que amo, pero aprendín por decreto a outra a do estado ao que pertenzo , asegúrolle que son competente nela e no caso de ter que empregala por motivos laborais non dubide que o faría perfectamente. Acaso eu son especialmente intelixente? ou será que o que son é normal: é dicir respetuoso e carente de prexuizos??
Finalmente gustaríame saber se vostede considera que o ingles está discriminado en Puerto Rico???
Non se pode elixir libremente se non se parte dunha situación de equilibrio e liberdade.
Un saúdo
Finalmente gostaríame saber se considera vostede que o inglés está perseguido en Puerto Rico??
Erasmo, o decreto nom che impide falar castelhano nem ingles nem basco nem cantones nem tzeltal...Estas a criar um falso debate..Do unico que se trata e que a nivel oficial o galego seja a lingua veicular do ensino e da administrazom...COMO EM CASE TUDOS OS PAISES NORMAIS...Cal e a tua teima??? Alguem impide que cando vais pola rua ou na tua vida normal fales sardo se che peta?? Ja cho digo, eu moro na Inglaterra, falo em galego, mais a vida "oficial" neste pais e em ingles...(como semelha logico, ainda malia aos 300 e pico linguas que seica se falam nesta cidade)...Nom sejas repunantinho... e digo-cho com agarimo...Acho que no teu caso confundes "o touzinho coa liberdade"
Esasmo,
Se não se pode/deve NORMALIZAR por decreto, explica então a tua proposta alternativa. O espírito santo?
Se aos professores não se lhes pode obrigar a ser COMPETENTES em galego por IMPOSIÇÃO, então como?
Se aos alunos se lhes obriga a aprender matemáticas, por que não se lhes pode OBRIGAR saber falar e escrever correctamente a língua do país no que vivem?
Por favor, dá-nos as tuas propostas para normalizar o galego. Igual o melhor e o "laise faire". Assim no 2020 na Galiza falarão só castelhano o 70% das pessoas, e o resto falará um estupendo castrapo.
Os argumentos que empregaa Mesa de Libertade Lingüistica son falsos, xa que mezclan imposicións lingüisticas con educación, o que sinceramente ten que ver, pero no son o mesmo. A ver Imposición lingüistica é a que existe co español, que era abafante nos tempos da dictadura e que agora volveu-se maís "sibilina". E o galego na educación é unha configuración que é vontade do Governo da CCAA exercendo a sua competencia con base nas normativas estatais que permiten as CCAA deseñar os camiños curriculares. Polo tanto nin existe imposición lingüistica do galego no eido do estudo -cando menso o ser 50%-50% existirá tamen unha imposición do español (o cal é iloxico). O unico bo é que os da Mesa con o seu radicalismo sinxelamente sustentado no 5% de xenta de extrema dereita españolista está permitindo que xente morna tome postura polo galego. En fin estes pavos están facendo patria. Por min que sigan!
Lingua Galega: menos imposición e máis imaxinación !
Se a totalidade do profesorado que posúe os Certificados de Lingua Galega fora competente lingüisticamente para impartir as súas aulas en GALEGO seguramente non estaríamos falando deste tema.
A competencia lingüística adquírese con traballo e dedicación á lingua… e todos sabemos que dende cativos fomos escolarizados en castelán (cicais por unha imposición lingüística española no seu día).
Sería de agradecer haber aprendido algo nestes anos e non reproducir esquemas pasados para situacións de futuro: hoxe máis que nunca as linguas NON se falan por Decreto!
Algo de imaxinación sería de agradecer: conseguir co sinal de televisión portuguesa entre nas nosas casas podería mellorar a situación, moitos escapariamos dos programas basura das nosas canles televisivas (incluída a TVG) e poderíamos ver cinema subtitulado en portugués… outros poderían organizar actividades culturais con medios suficientes para garantir o éxito de público e a calidade dos espectáculos (luz e son) en galego… outros terían oportunidades de ser creativos en galego e serían potenciados e postos no lugar que lles compre ós criadores de novidades de interese xeral… etc.…
Alguén pensou en facer descontos ou promocións ós usuarios do galego…?
Hoxe vivimos en sociedades complexas nas que o mercado (liberdade vixiada ou controlada polas multinacionais se se quere) impregna a case totalidade da vida cidadá.
Senón que llo pregunten ós nosos políticos cando blindan os seus soldos e retiros…!
Por isto mesmo entendo ca Imposición Lingüística é unha feble e miserenta ‘solución final’ para o galego. Pensade que á forza, aforcan! Teríamos unha sociedade galego falante forzada a empregar o idioma se quere seguir ‘progresando’ nesta terra?
O compañeiro que vive e traballa na Inglaterra supónselle unha certa toma de decisión cando se traslada a vivir nela… e polo tanto asume o traballo de aprender a lingua inglesa… Tódolos profesores que imparten aulas en inglés ou francés o fan por decisión libre e pactada co seu alumnado vía Consellos Escolares e Claustros de Profesores seguindo unha directiva da Unión Europea que financia cursos e intercambios para favorecer a adquisición dunha terceira lingua entre tódolos cidadáns europeos.
Pero cando falamos de recuperar o galego por Decreto a situación vira por completo o rumbo dos acontecementos ‘naturais’ no que se atopan os falantes: agora toca español, agora toca galego, agora un chisco de inglés, agora un pouco de francés… e coma case sempre seremos aprendices de todo e mestres de NADA!
Unha cousa e predicar e outro moi distinta dar trigo…! A competencia lingüística adquírese ben ou mal, coma case todo; no meu tempo tiven profesores de francés ben diversos, cuns poucos aprendín o idioma e fixéronme suar a fonética pero cheguei a falar francés con certa dignidade, con outros non pasei de repetir ‘la clé est là‘.
Supoño que gusto de falar e escoitar un idioma con corrección e certa complicidade cos seus falantes e penso que este é o único xeito de aprendelo e chegar a dominalo (o que chamo máis arriba competencia lingüística suficiente como para non destrozar a lingua e ferir os ouvidos do meu interlocutor).
Nestas cuestións, como en tantas outras, a ‘esquerda tradicional’ non ten máis imaxinación que atribuírlle á ESCOLA tódolos males e porén tódalas solucións.
¿Non é un sinsentido manifesto? ¿Pensar que aquelas mesmas persoas que foron a causa –segundo algúns- da perda do galego vanse encargar de arranxar as desfeitas?
E como se non queres unha cunca, has tomar tres; sométese ós profesores á unha imposición –como funcionarios públicos- obrigándolles a asumir un rol ‘perverso’ como é o de normalizadores dunha lingua que a penas falan cun mínimo de decencia… e non entro xa en outros aspectos psicolóxicos (diglosia) pois isto podería levarnos ó diván do psiquiatra se pensamos en tódalas funcións que cumpre hoxe o profesorado de secundaria máis alá da simple transmisión do coñecemento: educar en valores (a liberdade disque é un dos valores fundamentais para homes e mulleres no mundo enteiro, agás para o propio mestre que se debe ‘inclinar’ ante a imposición de políticas lingüísticas miopes que non darán xamais bos resultados, e senón ó tempo…)
Resumindo: ¿non sería de agradecer aproveitarnos da base bilingüe que hoxe temos na sociedade galega (afortunadamente) e fuxir da imposición e buscar a voluntariedade e incentivar o seu uso e disfrute da lingua e cultura galegas?
Xa é repetirse pero para os que aínda non o leran volverei insistir unha vez más na vía do Complemento Lingüístico Galego: poñamos 60 euros brutos ó mes para aqueles profesores que o soliciten, asinarán un contrato de obra coa lingua comprometéndose a usala e difundila cuns parámetros de calidade e competencia demostrados ante un tribunal de filólogos (que para algo estarán digo eu)… Compromiso que inclúe aceptar inspeccións periódicas dos avances que fan os seus estudiantes na competencia lingüística nas súas áreas, mostras aleatorias de exames e traballos escritos debidamente corrixidos, etc..
Aqueles que progresan e fan avanzar a lingua galega nas súas aulas renóvaselle o contrato e incentívase a súa labor a prol da normalización da lingua. Os que fagan desta vía un camiño torto –como fixeron moitos profesionais da lingua galega- rescindiríaselles o contrato e seguirían a dar aulas en castelán (sen máis imposición).
Esta vía é bastante máis barata que certas campañas publicitarias e de animación á lectura que andan soltas polo país baseadas en orzamentos millonarios (50 millóns de €uros ata o 2011) e tería a vantaxe de non impoñer a ninguén a obriga de falar unha lingua que a penas domina e sente coma propia.
Os profesionais do ensino (pola condición de funcionarios públicos) están suxeitos a coñecer a lingua galega (así pois os dereitos do alumnado galego falante quedarían protexidos) pero non estarían obrigados a DESTROZAR a lingua por Decreto!
Se algún está pensando que pagar 60 euros brutos ó mes por impartir aulas en galego é unha medida discriminatoria para os profesionais que xa o veñen facendo, arbitremos unha exención fiscal na mesma proporción que coma todas as deduccións fiscais o suxeito é moi libre de aplicar, ou non, na súa declaración anual da renda.
Así como hai xenerosos que cando Facenda lles devolve 300 euros renuncian á devolución, os que pensades que construír Galiza é cousa de linguas ben podedes renunciar á deducción se así tranquilizades a ‘conciencia nacional’ individualmente.
Como sei que algún debe pensar que está lendo barbaridades quero rematar estas liñas apuntando que unha ‘política lingüística baseada na discriminación positiva e os incentivos fiscais’ é cicais moito máis intelixente nos tempos que corren que tirar centos de millóns para favorecer ós que din pensan exactamente igual ca nós…
As políticas de imposición lingüística teñen o problema de converterse en ‘profecías autocumpridas’: se forzamos o uso do idioma o idioma falarase máis só mentres o sigamos a forzar!!!
¿É isto o que queremos? Converter ós mozos e mozas en comisarios lingüísticos per sécula seculorum (Carlos Callón e a súa Mesa Normalizadora) ou falar galego en liberdade co orgullo de ser e vivir coma galegos?
Perdón pola extensión, pero compre perder uns minutos a prol da Lingua Galega!
Erasmo
Amante da súa lingua e da liberdade!
Ogallá tivera tanto tempo libre coma outros que eu me sei.
http://galizanonsevende.org/?p...
Goberne quen goberne, Galiza Non Se Vende !
Se algúns empéñanse en vendela eu quero cobrar a miña parte para adicala a unha ONG conservacionista do territorio, da lingua e a cultura deste pobo!
Erasmo, hai unha cousa que non entendo. Por qué iso que ti propós, non llo dis aos de Galicia Bilingüe?
A promoción do galego faise tamén desde a web, os cánticos, os poemas que enervan o espírito e a alma sérvennos para darnos de conta do que temos e do que perdemos.
Eu estou en contra da imposición, certo, máis ca nada porque penso que falar o galego é un acto de vontade propia. Eu prefiro a proposición, non a imposición.
E esas ideas, ou outras coma repartir obras de teatro en galego polos colexios, organizar concursos para aprender léxico ao estilo cifras e letras, elaborar xogos de mesa e materiais didácticos, ensinar cancións para que estes as utilicen no recre... pódense facer milleiros de cousas.
Pero estas cousas non as fai Galicia Bilingüe. O ideal, sería que a medida que se cambia o modelo de impositivo a propositivo, este modelo impositivo vaia desaparecendo por unha de dúas, porque non faga falta, ou porque non lle molesta a ninguén.
O problema de Galicia Bilingüe é que non apoia ao galego. O seu lema podería ser "nos da igual que el gallego desapareza". Nin sequera teñen a súa páxina traducida porque seica o informático ten moito traballo. Chama a unha cruzada aos "hispanohablantes" (que? Unha asociación en pé de igualdade fala dunha cruzada dos hispanohablantes).
Admitámolo, obvian a realidade para quedar contentos.
Galiza Bilingüe somos unha boa parte, por non dicir a gran maioría, dos que escribimos e falamos en galego.
Os desa FALSA ASOCIACION son Galicia en castellano, porque falan en castellano e non queren que ninguén fale en galego.
Din que "hablar en gallego es una imposición, mientras hablar en castellano es una libre elección".
Todos elixen, falar e que falemos todos en castelán, por collóns. O galego queda para a poesía, a literatura e a música (e os pailans)
Esta claro que non hai maior xordo que o que non quere oir. O Sr Erasmo o mesmo que os seus compañeiros de GB non escoitan argumentos ,atrincheirados como están na media ducia de consignas que repiten unha e outra vez até a saciedade.Penso que está máis que rebatido a de " unha lingua non se fala por decreto" polo tanto non vou repetir de novo os argumentos máis que lóxicos que xa de lle deron. No referente ao de "imposición lingüística" a verdade é que -ao meu parecer só se trata dunha burda falacia- que parece mentira que saia de boca de persoas "cunha mínima cultura xeral" e moito menos " de estudos superiores".Mire Sr. Erasmo consulte vostede calqueira mapa do nacemento das linguas romances e verá onde nacen e como se van extendendo" un territorio unha lingua non dúas". O "castellano" tamén nace nun territorio e tamén se vai extendendo, chámolle castellano porque como vostede sabe no momento do nacemento das linguas non existe España como ente político, ben pois efectivamente "o castellano "entra en territorios nos que xa había unha lingua, e esta entrada non é precisamente espóntanea senón por razóns extra-lingüísticas, e ocupa funcións que estaba a desenvolver a lingua orixinaria dese territorio, ben pois o que se trata agora non é un problema de IMPOSICIÓN senón de RESTITUCIÓN trátase de restituirlle á lingua orixinaria dese territorio no noso caso o GALEGO as funcións que lle son propias e que pode desenvolver sen que ningunha eiva de nacemento llo impida a non ser a intransixencia de certas persoas que se auto califican de "Defensores de la Libertad". De que liberdade nos está a falar Sr. Erasmo??
Mire ten vostede todo o dereito a defender o que considere pero non tente enganar con demagoxia infantil que xa lle somos todos adultos,declárase vostede " amante da súa lingua e da liberdade", sinceiramente non sei moi ben a que se refire con "amante da súa lingua" cal é a súa lingua amada?, mire haille amores que matan.
Finalmente disculpe que insista : cre vostede que o inglés está ameazado en Puerto Rico.
AH e como é posible que se os pobos non teñen linguas que Galicia sexa bilingüe? Acaso Galicia tampouco é un pobo?
Saúdos para todos.
Mr. Alecrín perdoe que non teña nin idea do que sucede en Puerto Rico... e sinceiramente nin me importa !
Tampouco entendo ben esa teima que teñen algúns en remontarse ó século XI para falar de algo moi sinxelo: Un Decreto de Normalización que non vai con esta terra nin coas súas xentes (dígollo coma galego... entende ou non entende?)
Eu penso que esa RESTITUCIÓN hase de facer en Liberdade e non vexo ningunha contradicción coa recuperación da lingua galega agás que agora veñan a lexislar os 'comisarios da liberdade dos demáis' que tamén pode ser...!
Para demagoxias mellor será sinalar noutra dirección... se lle parece poderían algúns comenzar por mirarse ó espello da súa propia historia persoal a ver se descobren algo do que eu veño dicindo!
Se non é así... teremos que converternos ó novo credo lingüístico!
Lástima que cando todos sexamos 'conversos' xa a ninguén lle diga nada esta língua que eu amo dende que a aprendín da miña nai...!
Con 60 €uros brutos ó mes xa podemos empezar a traballar mañán !
Claro que outros prefiren tirar 50 millóns en potenciar ó sector !
Os que a miña petición de Complemento Lingüístico vos parece ridícula e fora de lugar... pode que vos faga menos gracia as palabras de Ferrín arremetendo contra a Conselleira de Cultura polos cartiños...!
Hoxe, os Premios Nacionais da Consellería de Cultura de Galicia non contemplan modalidades por xéneros literarios e vanse retribuir con 15.000 Euros mentres que os Premios Nacionais do Ministerio de Cultura de Madrid (raramente recaen en autor en galego), alén de seren convocados para todo os xéneros literarios e máis, xa subiron o valor até 18.000 Euros. Penso eu que, se o SEU franquista foi capaz de rectificar nas Festas Minervais de 1956-57, a Consellería de Cultura do BNG ben pode rectificar tamén mañá o agravio que representa para o idioma nacional a inexistencia de modalidades por xéneros literarios e unha dotación que minusvalora e ofende aquilo que é nacional e propio.
http://www.farodevigo.es/secci...
Como podedes ver vivimos nun mundo capitalista que reclama traducir en Euros o que outros disque dan de balde...!!!