Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O PCLN NUNCA DEBEU EXISTIR.NÓS SOMOS A UPG!

Quixera mandor esta ligación do artículo que escribín sobre o congreso extraordinario da UPG de 1985 que dio orixe ó PCLN
http://www.frentepopulargalega.org/index.php?option=com_content&task=view&id=199&Itemid=31

Enviada por Espasende Espasende o 13/03/2008 23:16

O PCLN nunca debeu existir. Nós somos a UPG! Clodio Espasende   A historia da UPG está arrodeada de escurantismo pero é de todos coñecidas as purgas políticas, en círculos reducidos cada vez máis amplos. E unha figura destaca por riba de todas, pois é secretario xeral hoxe en día e foino durante moitos anos, é don Francisco Rodríguez, o amigo Paco.   Este 2008 cumpriranse case un cuarto de siglo dende que a UPG decide acatar a constitución española. Lembrades aquela Conferencia da UPG? Seguramente moitos camaradas. E lembrades o resultado da mesma? Case seguro que a moitos de vós se vos vén a mente a derrota por un voto dos "non". Pero agora resulta que o amigo Paco, o coronel don Paco, conta unha versión que eu personalmente descoñecía.   Lemos no seu libro de entrevistas, que coma todos os libros deste xénero son ágoras dos respeitables "sofistas":   " Poder dar unha ideia da dureza do debate o feito de que a votación a prol da asunción formal do devandito requisito se gañou por un só voto. Ou iso acreditamos daquela. Porque, e iso indica como ás veces o azar pode influír definitivamente nos procesos históricos, o resultado real da votación non foi ese. Foi xusto o inverso. Gañaron por un voto os partidarios de non asumiren o requisito.Aconteceu sinxelamente que os encarregados de contar os votos se trabucaron e deron as cifras invertidas. Un voto arriba, un voto abaixo, pode mudar a sorte dun movemento social e político.[...] Unha vez que se fixo público o reconto dos votos, a persoa responsábel decatouse de que se producira un erro, mais o acto estaba xa consumado e a asemblea en proceso de disolución. As secuelas internas, de dar a coñecer esta equivocación, semelláranlle de tal envergadura que xa non se atreveu nen a falar. Comunicoullo a un membro do Comité Central, quen lle perguntou se tiña algunha consigna previa para trastocar os dados da votación. Dixo que non, porque o erro fora totalmente inocente. Xa estaba acabada a asemblea e tampouco considerou este compañeiro do Comité Central que coubese a mínima posibilidade de reabertura da reunión. Eu inteireime de todo isto varios anos despois de que acontecense os feitos ".   Azar? Non considerou oportuno? O membro do CC tamén vía inoportuno reabrir a Conferencia? En proceso de disolución? Erro inocente? Que o soubo anos despois?   Azar foi o que pensamos moitos durante anos: que por mor dun camarada que estaba fóra da sala se perdera a votación. Iso si fora azar. O azar é algo fortuíto non un pucheirazo en toda regla, con toda a cara do mundo e con coñecementos do que supoñía perder esa votación para os do pucheirazo. Que membro do CC se negou a dicilo? Un camarada do coronel, ou non? E que pasou cos do non? Democracia interna? Decisión maioritaria?   Fala de secuelas. Secuelas foron para os que marchamos da UPG, da UPG da liña de Moncho Reboiras e tivemos que montar pola nosa conta o PCLN. Iso si supuxo unha decisión complicada. Que faría o coronel se a verdade prevalecese naquela conferencia? Si, claro, quedarse na UPG?   O PCLN nunca debeu existir porque os do PCLN eramos a verdadeira espiña da UPG, os maioritarios, os que gañamos aquela votación pero que os coroneis resolveron a golpe de pucheirazo. Ou non? O PCLN, liderados polo daquela secretario xeral da UPG, Mariano Abalo, tivemos que afrontar un futuro complicado, moi complicado por ter mesmo que renunciar ao partido propio, no que se levaban anos loitando, e posteriormente saír ao pairo. Todos sabemos que en escisións e expulsións, moitos son os que se quedan no abrigo dos grandes. Iso afrontouno o PCLN, que ten a súa razón de ser naquela conferencia que gañamos, os do PCLN, os da verdadeira UPG.


4.58/5 (40 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: