Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A páxina de Salvemos Monteferro recibirá o venres o V Premio Nano Cambeiro de Xornalismo

A web www.salvemosmonteferro.org consolidouse como lanzadeira para os comunicados dixitais dos movementos ecoloxistas galegos dos últimos anos e foi quen de liderar conxuntamente con outros colectivos iniciativas como GALIZA NON SE VENDE.

O Instituto de Estudos Miñoranos convida a todas e todos os interesados a asistir á entrega do V Premio Nano Cambeiro de Xornalismo otorgado a Xosé Reigosa Solleiro e Anxo Reigosa Solleiro, autores da páxina web de Salvemos Monteferro.
O acto terá lugar este venres 28 de marzo de 2008 as 8:30 do serán no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar.

Enviada por taurozen taurozen o 25/03/2008 12:03

No acto, conducido pola profesora, concelleira de Nigrán e integrante da Xunta de Goberno do IEM Pilar Barreiro, intervirán o biólogo e concelleiro de Nigrán Xoán Hermida, o escultor Fernando Casás, autor da peza escultórica do premio. A laudatio dos premiados correrá a cargo da profesora e escritora Rexina Vega.

Máis en Vieiros
O Instituto de Estudos Miñoranos
A páxina de Salvemos Monteferro


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A páxina de Salvemos Monteferro recibirá o venres o V Premio Nano Cambeiro de Xornalismo