Comprobar os resultados da Xestión Medioambiental da Xunta (PSOE-BNG)
ANTES E DESPOIS DA CHEGADA DOS BÁRBAROS
O Conselleiro de Medio Ambiente quería colgado dun piñeiro...
xa que tanto lle gustan!
Desobedecendo de xeito temerario a lexislación europea e utilizando fondos comunitarios, a Xunta de Galicia está arrasando o Courel con plantacións de piñeiros para destruír a Rede Natura 2000 e aumentar o risco de incendios.
Nos montes da Escrita, no Taro Branco, en Froxán, entre as Devesas... por toda a Serra.
Utilizan maquinaria pesada para destruír os hábitats propios do Courel, destrúen a cuberta vexetal e expoñen o chan á erosión, coa conseguinte acidificación e morte das augas dos ríos.
Coa ocupación do monte por plantacións masivas de piñeiros, estase descartando definitivamente calquera oportunidade para as explotacións ganadeiras, apícolas, frutais...
Achegan as plantacións de piñeiros a soutos, devesas, prados, cultivos... co que aumenta o risco de incendiar este espazo protexido.
Non se respectan e destrúense os elementos arqueolóxicos e históricos: mámoas, castros, covas, a paisaxe e camiños tradicionais do Courel...
Enganan aos veciños: cando pedimos castaños, fallas, teixos, carballos, cerdeiras, fresnos, arces... dinlles que só están permitidos os piñeiros.
Lonxe de habilitar devasas con franxas de frondosas e prados de regadío, insísten en abrir 'autovías' de terra morta que parcelan toda a serra, nunha orxía de esnaquizamento paisaxístico sen precedentes no Courel.
Mirando o rumbo do Courel, calquera se pode preguntar para que serve toda a literatura ambiental, de sostenibilidade e paisaxística con que se adorna a Propaganda Institucional que nos recorda cada día o ben que vai este País.
Visto o trato que nos está dando a Xunta, e logo de avisalos reiteradamente, varías asociacións do Courel, estamos preparando unha nova queixa ante a Comisión Europea por incumprimento da normativa comunitaria e por posible fraude aos Fondos da UE.
Así viaxa o Courel cara ó Parque Natural...?
Comunicado:
SOS Courel, xullo de 2008.
607 22 58 87
soscourel@mundo-r.com
DIFUNDE ESTA NOVA. NON DEIXEMOS MORRER O COUREL...!
Na fotografía a confluenza dos ríos Lor e Louzara.
Permitídeme unha reflexión en voz alta sobre o problema do Courel.
É polo menos a terceira vez que envío enlaces a MENÉAME coa intención de que o asunto chegue máis aló do Padornelo, pero non hai maneira de conseguir Votos.
É máis doado que La Vanguardia publique algo sobre O Courel que conseguir pasar o filtro de MENÉAME con temas coma este. ¿Alguén sabe cal pode ser o motivo de tanto fracaso?
Sen dúbida xa pensei que o problema é o 'autor' que sen dúbida non é persoa grata ós ollos de moitos participantes de CHUZA e MENÉAME polo que vos pediría a calquera dos habituais que fixérades un esforzo por ENLAZAR esta nova empregando outras autorías a ver se tedes máis éxito ca min.
O Courel segue agochado baixo a mesa do Conselleiro de Medio Ambiente e compre darlle a máxima publicidade posible antes de que a cousa xa non teña remedio.
Compre Solidariedade con SOS COUREL !
O Courel agarda por tí...
http://video.google...
Non o deixes morrer.
Dirixido á Xunta de Galicia:
As asocicaións: Fonte do Milagro; O Courel; Serra do Caurel e SOS Courel, queren poñer de manifesto:
A grave discriminación sanitaria do Courel
O artigo 130.2 da Constitución Española no título VII (Economía e Facenda) obriga: Co mesmo fin, dispensarase un tratamento especial ás zonas de montaña.
A pesares desta obriga e só por aforrar, a Xunta de Galicia no ano 2002, eliminou as gardas médicas nocturnas no concello do Courel, quedando sen asistencia, dende as 10 da noite ata as 8 da mañá do día seguinte.
Consecuencias:
1 - Os veciños e veciñas tardan en ser conducidos ata o hospital máis próximo, dende que activan o servicio de emerxencias, máis de tres horas.
2 - O Courel queda illado por a neve varias veces ao ano. Como normalmente comeza a nevar por a noite, queda tamén sen médico.
3.- Por absurdos protocolos asistenciais, as ambulancias deben dirixirse e parar primeiro no Centro Médico de Quiroga, que ten os mesmos medios materiais que o do Courel. A Xunta de Galicia sabe perfectamente que dende o Courel, sen facer este rodeo por Quiroga, os veciños e veciñas poden gañar máis de unha hora para chegar a Lugo por autovía, ou a Monforte por unha estrada directa.
4.- A falta dun servicio sanitario axeitado e próximo, é unha das causas do despoboamento dramático e terminal que están a vivir as zonas de montaña da Galiza.
Os 65 representantes dos veciños e veciñas do Courel que no mes de marzo deste ano visitaron o Parque Natural de Somiedo, puideron comprobar entre outras moitas excelencias asistenciais, a presencia de médicos e enfermeiros no Concello durante 24 horas.
http://bitacoradocaurel.blogsp...
Para máis xustificación, en xaneiro do 2008 entrou en vigor a LEI 45/2007, de 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural, de obrigado cumprimento por as comunidades autónomas e demais administracións onde se contemplan extraordinarias “marabillas” para o Courel, así no seu artigo 30 di:
Sanidade. Para facilitar o acceso da poboación rural a uns servizos públicos sanitarios de calidade, o Programa poderá establecer medidas que persigan:
a) A mellora da sanidade, en particular da Atención Primaria, singularmente nas zonas rurais prioritarias, que permita asegurar uns servizos sanitarios básicos de proximidade en cada zona rural.
b) A posta a disposición dos profesionais do Sistema Nacional de Saúde, que exercen no medio rural, das máis modernas tecnoloxías e medios e, en particular, da telemedicina.
c) A mellora do acceso dos cidadáns que residen no medio rural a unha atención sanitaria especializada de calidade, prestando unha atención singular ás urxencias médicas.
Así mesmo, según esta mesma Lei o Courel pasará a ser zona rural prioritaria, tal e como dispón no seu artigo 10:
A) Por ser unha zona “... con escasa densidade de poboación, elevada significación da actividade agraria, baixos niveis de renda e un importante illamento xeográfico ou dificultades de vertebración territorial..”
B) Por ser unha das “....áreas integradas na Rede Natura 2000”
http://www.mapa.es/desarrollo/...
Por todo o antedito, as Asociacións asinantes esiximos á Xunta de Galicia a devolución inmediata da asistencia sanitaria e de urxencias permanentes ao noso Concello, para salvagardar a saúde e a seguridade dos veciños e veciñas; e desexamos que isto non derive nun longo e inútil debate.
SOS Courel, 21 de xullo de 2008
607 22 58 87 soscourel@mundo-r.com
He preparado un mapa con 4 puntos de información sobre la amenaza de las Canteras de Pizarra, si lo enviais a vuestos amigos fuera de Galicia es posible que alguien ACTIVE los millones de Euros que hacen falta para convertir Caurel en un paraíso sostenible.
http://maps.google...
El Mapa en la parte superior se puede visualizar con Google Earth y se convierte en un archivo más chulo para quiénes controlen el Earth claro...
Sigo pensando que este tema está OLVIDADO por unos políticos sin sensibilidad alguna hacia el PATRIMONIO NATURAL Y CULTURAL DE GALICIA !
Moita Cidade da Cultura, moita cuchipanda... e ó Courel pa pizarras !!!
Saúde e non esquezades que o mensaxeiro NON É A MENSAXE !
SALVEMOS O COUREL !
ESTA INFORMACIÓN É XA VELLA PERO AÍNDA NON SE PUBLICITOU CASE NOS MEDIOS :
RECOMENDACIÓNS DIRIXIDAS POLO VALEDOR DO POBO ÁS CONSELLERÍAS DE NNOVACIÓN E INDUSTRIA, POLITICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES, E MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE O 30 DE XANEIRO DE 2007 DEBIDO AO FUNCIONAMENTO DUNHA CANTEIRA NO COUREL.
O INFORME ANUAL DO VALEDOR DO POBO DENDE A PAXINA 243 Á 266 (TOTAL 23 PAXINAS) QUE DEBERADES LER PARA CONSTATAR A INEFICACIA DAS ADMINISTRACIÓNS ASÍ COMO O DESLEIXO ABSOLUTO NA PROTECCIÓN DOS INTERESES DE GALICIA EN BENEFICIO DE EMPRESAS QUE TRABALLAN IMPUNEMENTE COMA EN TERRA DE NINGUÉN GRAZAS Á INCOMPETENCIA ADMINISTRATIVA EVIDENTE.
O INFORME DO VALEDOR DO POBO PODEDES DESCARGALO NESTE LUGAR:
http://www.valedordopobo...
DEBIDO A GRAN EXTENSIÓN DO TEMA COPIO SÓ AS RECOMENDACIÓNS QUE FAI O VALEDOR DO POBO SOBRE O CONFLICTO:
"" Por todo o sinalado ata agora considérase necesario facer chegar ás consellerías que se citan as seguintes recomendacións:
Recomendación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e transportes: “Que con urxencia se resolva sobre a posible aplicación á explotación obxecto da queixa da medida excepcional de legalización prevista na disposición transitoria 12 da Lei 9/2002, e que en caso positivo se establezan as medidas precisas para garantir o interese público e, en especial, o da poboación afectada, así como o medio ambiente e os principios básicos da ordenación do territorio." [...]
Recomendacións ás Consellerías de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e de Innovación e Industria: "Que se comproben as circunstancias que quedaron pendentes de constatación como consecuencia da actuación descrita e da que foron protagonistas ambos os órganos, que levaron a efecto actuacións en principio discrepantes e que posteriormente non estableceron mecanismos adecuados para determinar o procedente. E que no futuro non se proceda de modo similar e polo contrario se facilite (no caso da Consellería de Innovación e Industria) ou se reclame (no caso da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible) información sobre as actuacións relativas ao exercicio das funcións propias e que ao tempo teñan incidencia nas funcións do outro órgano. En especial deberan coordinarse as funcións propias do órgano substantivo en materia de minas (a Consellería de Innovación e Industria) e a función inspectora de carácter xeral en materia de medio ambiente da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, sobre todo cando se trate de inspeccións relativas á necesidade de realizar as avaliacións ambientais con carácter previo ou ao cumprimento das prescricións das declaracións ambientais, que poden dar lugar a peticións razoadas para a aplicación da legalidade, como sucedeu no caso examinado”.
Resposta da Consellería de Innovación e industria: recomendación aceptada.
Resposta de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible: recomendación aceptada. Resposta da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes: recomendación aceptada parcialmente.
SALVEMOS O COUREL : GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE !!!
Hai cousas que nunca pasan de 'moda' por desgracia...!
http://www.vieiros.com/nova/70...
E virán outros tempos e outros tempos han de vir...!