Veciñas/os de Saxamonde (Redondela) recollen 573 alegacións contra o parque industrial Mos-Redondela.
Constituironse en asamblea permanente.
Os veciñas/os non entenden como a Consellería de Vivenda e Solo quere impoñerlles un polígono industrial de mais de 760.000m² arredor das súas vivendas nin que sexa tan necesario a construcción de tantos polígonos na mesma bisbarra: Ameal, Veigadaña, Amoedo e Mos - Redondela, nin que a ordenación do territorio teña que significar a súa destrucción.
Despois de presentar as 573 alegacións, a veciñanza decidiu seguir loitando por conservar o seu monte que é parte integral do seu modo de vida coa convicción de que a súa forza fará arquivar o proxecto.
En Redondela vimolo tragando todo, a cementeira, os recheos de Pescanova, a futura autovía A-57 co seu ramal ó aeroporto (de Vilar de Infesta non de Peinador), o AVE, a canteira, o polígono, etc. etc. é que di o noso máximo representante, o que debe velar polos intereses dos veciños (de Saxamonde, tamén), o noso excelentisimo alcalde de Redondela, Jaime Rey, que el descoñece o proxecto do polígono, que está a favor, como o está da Autovía, dos recheos, da cementeira, do TAV, etc, que non sabe que opinan os empresarios locais, que lle digamos o que lle digamos el vai seguir estando a favor, que el non viviría ó lado dun polígono e que a alguén lle ten que tocar, que el está a representar os intereses dunha grande maioría de redondeláns que queren o polígono. Temos que lembrarlle o alcalde que Redondela tiña en maio do 2007, 29.863 habitantes, dos cais 26.301 tiveron dereito a voto nas pasadas eleccións municipais de maio do 2007, dos cais o 40% non foi votar, e dos 15.906 redondeláns/nas que forn votar, máis do 12% votaron Nulo ou en Branco (máis do 9,66% Nulos), e só 4.413 redondeláns/nas con dereito ó voto votaron ó PASOE de Redondela, perdendo en relación cas municipais do 2003, 1.836 votos de redondeláns/nas. Hai que recordarlle a Rey que só lle votaron 4.413 redondelásn e que maís da metade están ou foron beneficiados pola contratación laboral no Concello de Redondela, obtiveron licencia, ou constriron sen ela, ou obteñen algún beneficio económico, etc.
Algúns preguntanme, de que vos valeu votar nulo?, é obvio que ó votar nulo, ningún/ha político/a, nin partido político pode xustificar os distintos xeitos de destrucción do territorio redondelán, en base ó noso voto (de confianza cega), non poden usar o noso voto encontra de nos ou dos nosos intereses. Volveremos! Vota Nulo!
Máis info do voto nulo en Redondela en: http://oaredondela.blog.com/20...
Pero é que non hai terreos baldíos onde montar industria que hai que escarallar o terreo rústico cultivable?
A voracidade de terreo industrial é outra cara máis da especulación do chan, cos mesmos beneficiados e os mesmos perxudicados