Vieiros

Vieiros de meu Perfil


CABOZO.COM unha comunidade web galega e en galego dende Alemaña.

Para qué necesitamos os "xigantes" Facebook, Tuenti, Badoo, etc. tendo esta Web galega feita por galegos como achega de utilidade para a sociedade  sen ánimo de lucro, e onde poderemos facer prácticamente o mesmo que noutras redes sociais sen os inconvintes destas?

Enviada por Nika Nika o 27/02/2009 00:26

Cabozo (www.cabozo.com) é unha comunidade web galega creada hai aproximadamente un ano por un galego emigrado a Alemaña coa finalidade, nos seus inicios, de manter dende a súa distancia, un contacto máis próximo cos seus familiares e amigos, pero que actualmente, pouco a pouco, e grazas á difusión mediante o "boca a boca" de moitos dos seus usuarios e á colaboración de varios dos seus amigos, estase a converter nun novo lugar de encontro para toda a comunidade internauta galega e exterior.   Cabozo está integramente redactada na nosa lingua e baseada exclusivamente en tecnoloxía aberta (software libre).   Esta web galega está ideada para que os seus usuarios, dun xeito totalmente libre, poidan crear grupos públicos ou privados, onde manter o contacto coas súas persoas achegadas ou ben facer públicos os seus artigos, opinións, inquietudes, etc.  Os creadores destes grupos terán total liberdade á hora de moderar e editar os seus grupos.   En cabozo, ademais de poder crear grupos públicos ou privados, se pode "chatear" con outros usuarios, subir fotos, vídeos, arquivos, eventos, compartir e comentar noticias de interese, comentar o que estás facendo ou pensando ou o que ti queiras... todo iso de xeito público ou privado a elección dos usuarios.   Existen xa en Cabozo unha grande variedade de grupos públicos (CabozoNews, Galegos, GalegoCabozo, CabozoMotor, Deportes, CabozoExterior, NovasTolas, VídeoCabozo, CabozoJuegos, CabozoMusic, FestasGalegas, Manual_Cabozo, MundoLaboral, Opinando, SuperFotos, CabozoSexDeluxe, VideoEscojone, etc) que simplemente rexistrándose (só é necesario un nick ou nome de usuario e unha conta de correo electrónico) poderás empezar a ollar e nos cales poderás participar libremente.   Ademais Cabozo ten como peculiaridade que calquera usuario poderá propoñer a creación de calquera utilidade na web, e sempre que técnicamente sexa posible esta será implementada, converténdose así os propios usuarios en desenvolvedores desta.   Ademáis, a diferencia doutras redes sociais, calquera arquivo (imaxe, vídeo, evento,...) subidos á web, poderán ser eliminados en calquera momento e con total liberdade polos seus usuarios, non adquirindo Cabozo.com ningún tipo de dereito sobre eles.   Eu xa son usuaria, recoméndovos e ánimo a unirvos a esta nova comunidade web galega. Aproveito tamén dende aquí para felicitar o seu creador e colaboradores pola súa grande achega. Un saúdo.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



CABOZO.COM unha comunidade web galega e en galego dende Alemaña.