Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Letras de Liberdade

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Letras de Liberdade

Letras de Liberdade


Adicado a Anxo Lorenzo, novo Secretario Xeral de Política Lingüística.
Agradecementos a Goretti Sanmartín, normalizadora de calidade na UDC.


Para instalarmonos en galego cómpre Liberdade

Enviada por Erasmo Erasmo o 13/05/2009 17:04
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

Vexo con preocupación aos analistas políticos facendo cábalas sobre futuros incertos, e quixera ter algunha certeza sobre o futuro da nosa terra e da nosa lingua e da nosa cultura... que algúns quixeran matar de morte ben matada.  

Sempre tiven a idea de que para facer ben as cousas comprían medios materiais e despois homes e mulleres dispostas á tarefa.... e se acaso, que outros viñeran atrás no tempo que seguiran o camiño que aqueles iniciaron sen saber a onde chegarían...

Seica é tempo de poñer os medios materiais alí onde máis se precisan, se queremos un ensino en galego compre incentivar a competencia lingüística de calidade entre o profesorado que voluntariamente desexe impartir aulas en galego normativo: esto non é ningún capricho, pois nos últimos tempos estamos a asistir a un sinnúmero de normas ortográficas e fonéticas que só capa de defensas políticas da lingua o único que fan é confundir aínda máis ós futuros usuarios da mesma. 

Nación, nazón, naçóm, nação... de cantos Breogáns?


Cando os homes e mulleres do ensino superen os actuais parámetros normativos deste galego do século vinteún... poderán impartir aulas nel, e facelo coa calidade requerida e seren por elo xustamente remunerados co Complemento Lingüístico Galego (60 €uros brutos ó mes sería o mínimo amor pola lingua que poderíamos mostrar); pois parece claro que unha lingua NON se fala por Decreto.

E sobre todo parece necesario zanxar a triste polémica que fai da lingua galega motivo de enfrontamento político sen ser causa que separe a ninguén na nosa sociedade. 

A liberdade de elección por parte dos mestres permitirá unha cordialidade lingüística na sustitución xeracional da diglosia polo bilingüismo competencial.  Entendemos que calquera falante de calquera lingua o será cando sexa quen de empregala con garantías de se expresar coa debida soltura e dignidade coma para sentirse instalado en galego.

Este é un concepto que deberamos valorar debidamente na cuestión lingüística: ‘instalarmonos en galego’ non é só falar galego ou falar en algo semellante ó galego, é algo máis, é sentir e pensar o galego coma o noso elemento vital de desenvolvemento afectivo e de coñecemento intelectual.

Tal instalación só é posible dende a total liberdade do suxeito, cuxa vontade fará posible levar a lingua galega ás mellores cotas de desenvolvemento soñadas por filólogos agoreiros dunha morte da lingua que xamais tivo os coidados que precisaba para se espallar con garantías de cualidade entre os neofalantes e as xeracións de reposición que terán nas súas máns unha ferramenta de futuro máis aló dunha bandeira independentista.

Só desvinculando a lingua galega da política (como actividade partidaria é sempre sectaria en certa medida e polo tanto excluínte) teremos un futuro cheo de esperanza para o galego e a súa cultura. 

Calquera estratexia de enfrontamento lingüístico está condeada ó fracaso, aínda que lamentablemente terá réditos electorais a curto e medio prazo e, polo tanto, serán alentadas polos partidarios dun e doutro signo político coma elementos de confrontación social que non resolverán xamais o futuro lingüístico e cultural común desta Nación.

Sexa este 17 de maio o día dunha nova instalación lingüística que aproveite o sentido común e as novas tecnoloxías para remortar tan alto coma algúns nunca soñaron...

Esquecendo as miopes políticas lingüísticas seremos quen de chegar a formular unha lingua confesional, e é ben sabido que no eido das conciencias non hai lexislación que valga, nin maiorías nin minorías parlamentares que impoñan nada a ninguén...

O final a Nación estará nas mans e nos corazóns das xentes do común que é o único lugar nobre onde aniñan os paxaros do futuro...   O resto sonche Cónclaves!

Saúde e Liberdade para o meu pobo...!


1,88/5 (26 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: