Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Chegou o ''NOSO'' momento

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Chegou o ''NOSO'' momento

Chegou o ''NOSO'' momento

GALIZA necesítanos,o galego necesítanos, os galegos temos que estar máis unidos ca nunca..

Enviada por volvebreogan volvebreogan o 22/05/2009 14:13

Nestes momentos onde a nosa língua, que non é outra cousa que o noso patrimonio máis salientábel está a correr un risco inncesario. Porqué estes que se fan chamar defensores da liberdade lingüística,que promulgan un bilingüísmo harmónico, onde o castelán e o galego terán as memas liberdades, e as mesmas oportunidades queren suprimir o decreto do 50%? Porqué tampouco lles vale o 1/3 en galego do 1995?porqué queren que os pais elixan?porqué falan de ''imposición lingüística''?

Que hai detrás de todo iso?
Pois non é máis que un grupo reducido de persoas, apoiadas polos sectores maís conservadores, que controlan os medios de comunicación, prensa, radio, televisión, e que moitos deles tamén teñen o control dos nosos xornais.. xa non é só o pp de madrid, senón agora tamén ese novo partido dunha ex-socialista, un partido que máis que crear unha terceira vía política no parlamento español, parece crear unha segunda extrema vía. O tempo dirá..
Pero..porqué? Que lles fixemos os galegos a esta xente para que non queran respetar o noso patrimonio, para que menosprecien a nosa lingua, con argumentos inventados,que publican en organizacións coma Faes na sua páxina web(1), que desprestixen ao pobo galego con falacias inventadas, historiografías manipuladas. Porqué os galegos temos que vivir nunha sociedade onde estamos manipulados infomativamente? Porqué os galegos non podemos levantarnos en armas contra está imposición histórica,informativa, lingüística, cultural, política, administrativa etc etc etc etc.

Porqué o BNG, único partido nacionalista con representación parlamentar non comeza por sacar dun arquivo as mentiras e demostrarlle aos galegos quen somos, que merecemos e por contra, que recibimos. Porqué a Mesa pola Normalización Lingüística ademáis de facer manifestacións a prol da defensa da nosa lingua, non se dedica a facer promocións culturais, a demostrar con datos, con videos con imaxes, a imposición do castelán. Está moi ben andaren detrás das pequenas e das gandes empresas para que empreguen o galego, pero por iso múltanlles, non será mellor demostrarlle a cada empresario, a cada autónomo, a realidade con datos?Alguen creu algunha vez que facerlle pagar un imposto a un autónomo por teren rotulado en castelán vai ser positivo para a imaxe da nosa lingua?

Esta xente que se fai chamar defensora do bilingüismo harmónico, non son máis que defensores dunha plataforma anterior a Galicia Bilingüe, chamada Tan Gallego como el Gallego(2), non defenden máis ca progresiva desaparición do galego das aulas, do atraso que supón falaren en galego, e da vantaxe que resulta empregar unha lingua que falan 400 millón de persoas, pero se entraren en debates sobre a lingua en sí, nós os galego-falantes podemos entrar tamén coa nosa lingua nun espazo mundial de 200 millóns de falantes, e máis o Brasil é unha potencia emerxente. E que desprestixian as linguas con poucos falantes, considerándoas inferiores, teremos que recordarlles tamén cales foron as linguas por excelencia da Idade Media?

Nós, galegos, fumos invadidos no século X polo reino astur-leonés, nós o galegos, fumos sometidos por séculos políticamente, marxinados da política, nós os galegos,no século XV fumos obrigados a deixar a nosa lingua e ter que empregaren outra para dirixirnos con propiedade, pouco a pouco fumos sometidos e obrigados a ir a guerras que non tiñan que ver nada connosco, borrachos os galegos ían forzados a loitar a Flandres por Carlos V, por Felipe II etc. mermándose así a nosa poboación, empobrecéndonos aínda máis. Marxinados das votacións en cortes até 1623, privados do noso título de Reino de Galiza en 1833 perante un abuso aberrante administrativo, onde segregaron a miles de galegos do Eo-Navia, do Bierzo e de Zamora. Na dictadura tivemos que soportar que en vilas para poderen facer unha transacción bancaria tiñamos xente de fóra antendoche para que só falaras en castelán, policías apuntándote para que non falaras na túa lingua. IMPOÑENDO UNHA LINGUA ALLEA, e agora no século XXI, co estado das autonomías, que nin é federalismo nin é rexionalismo, atopámonos que temos unha serie de ventaxas administrativas dentro dun reino, o español que loita por sobrevir aos novos tempos, e que é consciente de que a desaparición, e a aparición dunha III República sería o final da xustificación histórica da nosa pertenza ao Reino de España, porque non olvidemos que España non é un espazo xeográfico delimitado,España é un conxunto de reinos, de provincias, de condados pertencentes ao rei afincado agora en Madrid.

Porén, a nosa loita ten que comezar xa, Chegou o NOSO momento, é o momento de dicir en voz alta a opresión histórica dun pobo, de desmentir con datos que o nacionalismo non pretende pecharnos ao mundo, e xa é hora de dicir con voz alta que xa non queremos seguir así, temos dereitos, somos ceibes.
Queremos decidir en conxunto que facer cos nosos montes, coas nosas rías, cos nosos traballadores, cos nosos cativos, coas nosas vidas.

Demostrémoslle a tódolos galegos que queremos de Galiza para o 2013, e só todos xuntos cambiaremos dunha vez as nosas vidas.

Un saúdo!


(1) http://documentos.fundacionfaes.info/es/documents/show/00859
(2) http://www.youtube.com/watch?v=QC6dZ642qx4


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Chegou o ''NOSO'' momento